Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xa hai 37 concellos no país

Laxe, novo municipio turístico galego

A Xunta declarou, una súa xuntanza semanal, o municipio bergantiñán como municipio de importancia turística, despois de presentar o propio concello a proposta.

Redacción - 18:51 08/11/2007
Unha rúa da vila de Laxe, vista por Orreaga no seu Flickr

Unha rúa da vila de Laxe, vista por Orreaga no seu Flickr

Unha comisión de valoración, presidida polo director xeral de Turismo, Rubén C. Lois, aprobou a proposta de Laxe, e a Xunta ratificou na quinta feira esta decisión, aprobando a moción da Consellaría de Innovación e Industria.

Laxe cumpriu todos os requisitos estabelecidos na normativa para ser declarado municipio turístico: afluencia de visitantes, os atractivos turísticos do concello e os servizos públicos dos que dispón (rede de sumidoiros, recollida de lixo, seguridade e protección civil, ordenamento urbanístico, información turística e protección do contorno natural).

Que significa ser municipio turístico?
Segundo establece a normativa, a declaración de municipio turístico supón, entre outros beneficios, ter prioridade nos planos de desenvolvemento e mellora do sector turístico que acometa a Xunta, de tal xeito que Laxe sería incluído antes que outras vilas nos plans provinciais de cooperación de obras e servizos. Os concellos turísticos tamén teñen prioridade na concesión de axudas e subvencións da administración turística (para potenciar programas locais de desenvolvemento e a promoción dos recursos turísticos).

Con Laxe xa son 38 os concellos turísticos no país
Laxe súmase esta semana aos 37 municipios turísticos que xa había: 8 pertencentes á provincia da Coruña (Betanzos, Corcubión, Fisterra, Miño, Padrón, Pontedeume, Ribeira e A Pobra); 9 á de Lugo (Chantada, Monforte, Mondoñedo, Ribadeo, Viveiro, Foz, Quiroga, Samos e Lugo); 9 á de Ourense (Allariz, Celanova, O Carballiño, Leiro, Monterrei, Nogueira de Ramuín, Pobra de Trives, Ribadavia e A Veiga); e 11 á de Pontevedra (Baiona, Cambados, Cangas, A Guarda, O Grove, Mondariz-Balneario, Poio, Sanxenxo, Tui, Nigrán e Vilagarcía).


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: