Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xornadas de Migracións e Desenvolvemento.

ONG's de todo o Estado falarán sobre codesenvolvemento en Compostela

A Coordinadora Galega de ONG´s para o Desenvolvemento organiza na capital galega unhas conferencias co fin de dar a coñecer novas iniciativas para erradicar a pobreza.

Redacción - 11:15 09/11/2007

Compostela convertese até o vindeiro sábado día 10 na sede das Xornadas sobre Migracións e Desenvolvemento organizadas pola Coordinadora Galega de ONG's para o Desenvolvemento. A través do Grupo de Codesenvolvemento de Galiza e co patrocinio da Secretaría de Estado de Cooperación Internacional e a Dirección Xeral de Cooperación Exterior as conferencias tratan de subministrar un marco teórico para todo aquilo que rodea ao codesenvolvemento, así como compartir as experiencias dos distintos axentes implicados nesta esta iniciativa e facilitar o contacto entre as ONGDs e asociacións de inmigrantes.

Mediante as xornadas quere darse a coñecer o novo Grupo de Codesenvolvemento creado en Galiza e que está formado por doce asociacións: Amespa, Amigos da Terra, Asamblea de Cooperación por la Paz, Asociación Turpial, Casa Latinoamericana de Galicia, Coordinadora Galega de ONGD, Ecos do Sur, Equus Zebra, Foro Galego de Inmigración, Mans Unidas e Solidariedade Internacional de Galicia.

Durante os dous días que duran as conferencias, pasarán por Compostela un grande número de relatores e relatoras, entre os que se atopan o director do ICEI, Jose Antonio Alonso e representantes de diversas asociacións como Equus Zebra, a Fundación CEAR, ou a Fundació Pagesos Solidaris. Así mesmo, tamén se presentará a investigación "O Codesenvolvenento dende a perspectiva da poboación imnigrante" realizado para ACSUR-Las Segovias e un taller político sobre a formulación de proxectos baseados neste tipo de iniciativas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: