Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Descuberto un xacemento en Rio

Brasil podería ter tanto petróleo coma Nixeria e Venezuela

O goberno cre que a reserva atopada pola empresa estatal Petrobras ten entre 5.000 e 8.000 millóns de barrís recuperábeis.

Redacción - 11:38 09/11/2007
Os presidentes de Brasil e de Venezuela, Lula e Chávez / Foto: Ricardo Stuckert

Os presidentes de Brasil e de Venezuela, Lula e Chávez / Foto: Ricardo Stuckert

O presidente de Petrobras, a empresa estatal de hidrocarburos, Sergio Gabrielli, estimou que o xacemento de petróleo e gas natural descuberta na zona de Bacia de Santos (preto da costa de Rio de Janeiro) colocará a Brasil entre os dez maiores países produtores.

As reservas, estimadas entre 5.000 e 8.000 millóns de barrís, farán que Brasil pase a ter reservas equivalentes ás de Nixeria e Venezuela.

A explotación podería comezar a operar comercialmente nuns seis anos, mais xa en 2011 a extracción, en fase de probas, permitirá a produción de 100 mil barrís diarios.

Poden ampliar a información no diario O Globo


4.33/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: