Galiza impúxose mesmo a España, nun torneo madrileño de promesas, onde tamén xogaban Madrid e Portugal.
A delegación galega participou na vila de Pinto, neste Torneo Comunidad de Madrid, e acadou a vitoria tanto na categoría promesa masculina coma na feminina.
O torneo foi toda unha exhibición para as xogadores e os xogadores galegos, que venceron 22-19 (os homes) e 34-36 (as mulleres) a España, que tamén participaba, xunto con Madrid e Portugal.
Na categoría masculina, a clasificación estivo encabezada por Galiza, seguida de Madrid, España e Portugal. Exactamente a mesma clasificación foi a da categoría feminina.
Os mellores xogadores, os galegos
Entre as mulleres, a galega Alba Dapena foi nomeada mellor xogadora do campionato feminino, mentres que o mellor porteiro foi o tamén galego Fran del Río.