Así o recordou esta fin de semana o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, nun acto en Carnota en homenaxe aos voluntarios que loitaron contra o fuel.
Reflexionou o vicepresidente que aqueles días de novembro de 2002 abrollou unha "nova Galiza" que conseguiría rachar os tópicos de país "pasivo e desmobilizado". Un país que, segundo relatou Quintana, negou a visión "interesada e non real que se quixera impoñer historicamente de Galiza".
"Se algo cambiou no país dende hai cinco anos é a unanimidade dos galegos para expresar a súa responsabilidade cara á súa terra e o seu futuro", indicou durante a súa intervención no acto de homenaxe aos voluntarios que se achegaron ás costas a limpar o chapapote.
Na liña dese discurso, o vicepresidente explicou que con esa mesma inercia do "novo país" que quere incrementar os seus recursos, Galiza aspira a ter voz aló onde se toman "decisións determinantes para o futuro, para a protección da súa costa e dos seus mares". "A nova Galiza soubo converter a indignación en dignidade, a catástrofe nun desafío para medir as capacidades da súa sociedade, soubo cubrir o baleiro dos círculos de poder con responsabilidade", insistiu.
Recordou así Quintana o "esforzo, solidariedade e entrega" de veciños, xente do mar e milleiros de voluntarios que aqueles días se comprometeron en defensa do mar. Lembrou ademais o esforzo organizado arredor da plataforma Nunca Máis en protesta pola situación. Resumiu Anxo Quintana que "a maior catástrofe ecolóxica da historia de Galiza" servira xa que logo para "valorar a valentía dos galegos á hora de afrontaren os seus problemas".
Ai, Quintaniña, cada vez que falas, sempre nos autodeterminamos. Menos logros. Hai que facer discuros máis serios e MÄIS NACIONALISTAS GALEGOS.
MÁIS GALIZA XA!!!
Si Quintana si, a costa galega quitámoslle o chapapote e agora vos poñedes piscifactorías. Lembra que as piscifactorías no hai voluntarios que as limpen. Unha vez feitas, a costa vai ao carallo por secula seculorum.
Aparte do que a moitos nos gustaría que o vice propuxera un referendo como o de Ibarretxe, eu prefiro unha sociedade que demostre a forza de presión que a sociedade demostrou aqueles días do Prestige. E ten razón quintana ao recordalo. Iso si que é moito máis "autodeterminismo" que dez CausasGaliza xuntas que morren aos tres días de crearse.
ben dito angarati,isto foi unha demostracion de que por moitas ostias que levemos,os galegos sabemos afrontar isto
Coido que o que di o sr. Quintana non é certo. GZ nunca se autodeterminou e menos cob NUNCA MÁIS, onde os enviados do BNG encarrilaron NM ata unha encrucillada sin saída: O VOTO PARA O BNG.
Éste partido NUNCA recibíu os votos que posibilitaban os NUNCA MÁIS, mais xogaron a ver se enchían a rede, e LEVARON UN MOI BÓ NABO (dos da maior base nabal que temos, a de Lugo), acadando aínda menos votos que na vez anterior. E mais era "anatómica" a consulta requerida (a que se lle suporía máis "axeitada" para BNG).
En fin. NM MORREU DE MORTE MATADA (lembrame o Celso Emilio)
1 Non creo que a herencia de NM sexa mellor ou peor porque o BNG saque máis ou menos votos.
2 Que os que tiñan o Nabo pola Man estragasen o proxecto non quita o significado que Nunca Máis tivo e ten para moita xente deste país.
Xa está ben de parvadas, carallo!!!
O sr. Quintana o que tiña que facer era deixarse de meter en campañas do tipo "in-dependencia" e agora estas declaracións e tomar dunha vez a decisión, sen medias tintas, de dicirnos a algúns galegos o que queremos escoitar: que o BNG é un partido que ten como obxectivo a autodeterminación da Galiza.
E menos leiras de andar por ahi con lemas para meter de "tapadillo" esa cuestión, que é de risa.
Saúde!!!
Coidadiño co que se di que nos quedan moitas tempestades que afrontar.
Hoxe mesmo afundiuse un petroleiro no Mar Negro e deixouno aínda máis negro e os rusos, ucraínos e xeorxianos están brancos de pánico.
Como se ve, PPs hainos en todo o mundo e como se nos afunda outro petroleiro en Galicia non lle poderemos botar a culpa ao PP, aínda que eu sei que a ten, sobre todo Jose Mari, que aínda segue manchando por onde queira que vaia.
Sae na prensa que o PP vai "celebrar" actos no aniversario do Prestige.
Semellaba que co peche da comisión do Prestige no Parlamento, sen nengunha repercusion politica para os responsabéis do atentado, o tema quedaba no esquecemento, e pasaban paxina.
Mais non é así. Para a dereita do PP non, e non quere senon rematar a faena que comezaron o BNG e o PSOE botando area sobre a Comisión: quere facer como se nunca se deran as loitas de NM. Queren borrar da memoria do pobo galego os 6 meses de mobilizacion que mantivo contra as mentiras, a opresion e o desprezo.
A gran loita do pobo traballador galego que foi Nunca Máis foi traído pola direccion do BNG, cando levou todo ó pantano das eleccions, e agora o deixa nun problema de meras competencias de Salvamente Maritimo.
A cronoloxia da traizón é clara: primeiro, saca a loita das rúas e a leva ó voto, desmobilizando a poboacion; segundo, consensúa o peche dunha comisión sen nengunha responsabilidade politica (os responsabéis seguen falando e son voceiros da oposicion), e non se atreve a facer do 1D o día da Dignidade, porque o PSOE non quere reabrir as feridas; e terceiro, reduce o que foi unha loita politica de fondo contra unha maneira de gobernar e contra o desprezo ao pobo traballador galego, a un problema de competencias e subvencions.
O PP, neste cadro, so remata o traballo comezado polo BNG, e toma a ofensiva para a derrota definitiva do que foi a loita máis importante na Galiza nos últimos anos, convocando ELES un acto de conmemoracion Prestige.
E por certo, a despolitizacion do sr Quintana, abundando na liña do PP de derrotar definitivametne o que foi NM, cando fala de que "autodeterminanos", é dun formalismo canalla: a autodeterminacion é un feito politico é o dereito a decidir. Non se limita a defensa das costas, é moito máis.
Mais o sr. Quintana xa e parte do rexime de Juan Carlos I, o que "manda calar" a outro xefe de Estado electo, e polo tanto ten que limitar a súa "autodeterminacion" a exixencia de competencias e Seguridade Maritima.
Ser máis radical nas exixencias o sr. Fraga co Administracion Unica que o Sr. Quintana cos sus 100 millons nos orzamentos estatais.