Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O AVANCE DA REDE

O 82% dos galegos xa poden acceder a internet por banda larga

Dous de cada dez fogares ainda deberán esperar un ano máis pola alta velocidade, malia que se o plan se cumpre, en 2008 a cobertura será por fin plena.

Redacción - 17:47 12/11/2007
A banda larga cubrirá toda Galiza en 2008

A banda larga cubrirá toda Galiza en 2008

Na segunda feira Blanco falou da evolución da implantación da banda larga en Galiza, en base aos obxectivos contemplados pola súa consellaría, postos en marcha polas operadoras R e Telefónica, no marco do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI).

Hoxe en día, o 82% dos galegos teñen a posibilidade de se conectar a internet empregando a banda larga, segundo dixo Fernando Blanco, quen explicou que os núcleos de poboación galegos con acceso a banda larga superan os 23 mil (o que significa o 73% das vilas, aldeas e cidades do país).

O titular nacionalista lembrou que en 2005 só o 4% do total dos núcleos existentes en Galiza (1.148 de 30 mil) contaba con este servizo. Hoxe o 100% dos concellos galegos xa dispoñen dalgún punto de conexión mediante banda larga no seu territorio, e son 78 os núcleos que dispoñen de dupla conectividade, é dicir, neles pódense escoller entre dúas operadoras (en 2005 só tiñan dupla conectividade as sete cidades galegas).

Chegando ao 100% da cobertura en 2008
O obxectivo da Consellaría de Innovación e Industria pasa por conseguir que como mínimo o 90% da poboación galega conte con acceso aos servizos de banda larga en 2010. A este respecto, Fernando Blanco adiantou que a previsión máis optimista para ese ano sitúanos xa en practicamente a totalidade da poboación, o 98%.

Por outra banda, todos os núcleos de máis de 500 vivendas contarán con dupla conectividade en 2009, segundo dixo Blanco.

A banda larga nas zonas rurais
Fernando Blanco tamén fixo repaso dos obxectivos previstos no inicio do Programa Estatal de Estensión da Banda Larga en Zonas Rurais e Illadas, que contemplaban intervir mediante tres vías diferentes (ADSL sobre cobre, WIMAX e satélite) en 27.090 núcleos da práctica totalidade dos 315 concellos galegos. A poboación obxectivo que se beneficiaría do acceso a banda larga mediante este programa sería de 1.215.000 habitantes destes núcleos.

Segundo Blanco, xa se interveu no 100% dos concellos, cubríndose o 97% da poboación e o 81% dos núcleos contemplados no programa. Porén, o vindeiro ano 2008 o Plan PEBA terá continuidade nunha segunda fase que sumará 1.760 novos núcleos rurais, nos que se intervirá, dixo o conselleiro, para que dispoñan de banda larga durante o ano que vén. Co desenvolvemento do PEBA II xa terá cobertura o 100% dos núcleos do territorio galego.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Comentarios (5)

Neofalante #1 12/Novembro/2007 Neofalante

Alégrame saber que pertenzo ao selecto grupo do dous por cento de fogares que non pode acceder á banda larga e segue cunha lenta conexión de acceso telefónico.
O curioso do caso é que vivo en Candeán, a cinco quilómetros do centro de Vigo e o das comunicacións neste lado esquecido do mundo dá para un libro. Seis meses tardaron en nos poñer teléfono porque estaban facendo un "estudo de viabilidade da liña". Para entendernos, que se non o vían rendible quedabamos sen teléfono. Iso si, os meus veciños do lado tiñan teléfono. E cando digo os do lado digo os do lado, non vivo nunha casa illada no medio do monte.
Cousa distinta xa foi, e é, internet. Necesito da rede para o meu traballo e é un elemento básico na miña formación e comunicación coa xente que teño afastada. Teño veciños con conexión de banda larga (algúns son familiares meus), collo a rede sen fíos dun veciño, e o centro cultural conta con conexión deste tipo.
Mentres, a nós dinnos que non pode ser, que tería que ser conexión de internet rural (unha pasta), que o están estudando,... Parece ser que a centraliña non dá para máis e que a van ampliar en breve, DENDE HAI DOUS ANOS!!!
Alguén pode dicirme canto dura a brevidade neste país? Por que eu non teño dereito a un servizo e os meus veciños si? Canto se tarda en ampliar unha centraliña?
Espero unha chamada de Telefónica que mo responda.

dumiense #2 13/Novembro/2007 dumiense

Premio, eu tamén formo parte desa % que aínda non ten. Dubido moito que dentro de un ano teñamos o 100%. Xa o veremos

nortcele #3 13/Novembro/2007 nortcele

Mis padres viven en Doniños, una parroquia de Ferrol, y tampoco tienen acceso de banda ancha a Internet. De hecho, hasta hace poco, la centralita telefónica a la que estaban conectados era analógica y ni siquiera funcionaban los teléfonos por tonos (tenían que funcionar por pulsos, de esos que suenan tacatacataca cada vez que marcas). Hace poco la cambiaron por una digital y pensamos que sería la solución, pero ahora el problema es la distancia hasta la centralita.

No es que ellos necesiten una conexión a Internet excesivamente buena, es que la conexión telefónica que tienen se corta cada dos por tres, y como les mande un correo con un fichero de unos cientos de Kb, les bloqueo el correo electrónico porque no son capaces de bajárselo.

Aquí las comunicaciones también dan para un libro. La TDT es ciencia ficción y lo mismo pasa con la Sexta.

Se está haciendo mucho hincapié en el acceso a Internet en las zonas rurales cuando no hay acceso en zonas de las siete ciudades principales y no hay visos de que esto cambie. Y lo mismo con la banda ancha, a mis padres les llegaría con un acceso telefónico a Internet decente.

arale #4 13/Novembro/2007 arale

A neofalante, dumiense e nortcele... estou coma vós, e supoño que todos nos facemos a mesma pregunta... DE ONDE SE TIRAN ESES DATOS???
Será que son as propias compañías telefónicas as que publican estas conclusións? Porque isto non cola, non, non.

baltar69 #5 13/Novembro/2007 baltar69

coño, pois eu estou peor, que nin teléfono teño. cómo vou por un terbello tal que soio polo feito de estar alí, quieto na parede, me ocasionará un desembolso mensual de case 23 euros??? 276 euros ano sen facer unha soia chamada!!! qué decía evo morales o outro día no cumio de santiago?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: