Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA ENCRUCILLADA

O sector “nacionalista” do PG prepárase para tomar a dirección no vindeiro Congreso

A Executiva Nacional decidiu convocalo antes de dous meses e intentar que remate así a grave crise interna.

Redacción - 19:04 12/11/2007
Tags: Congreso PG

O IX Congreso do Partido Galeguista celebrarase entre o 22 de decembro e o 15 de xaneiro. A Executiva Nacional do PG reuniuse o pasado sábado en Monforte designou os militantes que formarán a Comisión Organizadora, que estará dirixida por Xosé Manuel Suárez García (como presidente) e por Lucía Vázquez López (vicepresidenta). Suso Martínez será o encargado de coordinar os traballos da Ponencia de liña Política.

Todo apunta que serán dúas as liñas que se enfronten no vindeiro Congreso: unha continuista (encabezada polo actual secretario xeral, Manoel Soto) e outra autodenominada como “nacionalista”, que pide un cambio radical na estratexia do Partido Galeguista, logo dos pésimos resultados dos últimos comicios municipais.

Indefinición
Suso Martínez, un dos membros máis destacados da oposición interna a Soto, explicáballe esta segunda feira a Vieiros que o PG está nun momento crítico e que precisa dunha redifinición urxente. Martínez dá por feito que a maioría dos militantes do partido avogan por unha estratexia diferente á seguida até o de agora: “A nosa indefinición é tal que os cidadáns non saben se somos un partido nacionalista ou se somos ou non de dereitas”.

A corrente crítica con Manoel Soto considera que o PG non pode ser o paraugas para calquera candidato. Como exemplo poñen o sucedido nas últimas eleccións locais na Coruña onde “o candidato (Carlos Marcos) defendía cousas nas antípodas da tradición galeguista”. Martínez é optimista e coida que se as súas teses trunfan no vindeiro Congreso o Partido Galeguista pode ter motivos para a esperanza a medio prazo.


4/5 (4 votos)

Comentarios (10)

carlosroca #1 12/Novembro/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Olá!!!, moito mudou Soto :-)...
Anda oh. Corrixide o pé de foto que Soto non é ;-)

guillerme #2 12/Novembro/2007 guillerme
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Novo PG, a súa recuperación ao lado dos patriotas depáralles un futuro bo.

Barcelos #3 12/Novembro/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver se pon un pouco de seriedade.

Carlos Marcos na Coruña era un auténtico pallaso. Aquilo parecía calquera cousa menos un Partido Galeguista.

Espasende #4 12/Novembro/2007 Espasende
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sorpréndeme ver á Lucía Vázquez como encargada da comisión organizadora. Hanlle pasar un tradutor ao galego pois ela sempre, sempre, falou e escribiu en castelán, vai de tacón, pintorreada e cun pin do PG histórico ás feiras populares da comarca do Lemos, cando foi a campaña electoral. Procede dunha familia moi acomodada, nada simpática co galego nin cos nacionalistas.
Pero en fin, se Soto xa é o paradigma da estupidez, Carlos Marcos o da esquizofrenia mental e ilóxica, o caso de Lucía non deixa de ser un mero dato, que iso si, engrosa a lista de xente patética deste partido "desgaleguista". Agardo que muden as cousas e a ver se vos poñedes a por un partido nacionalista de dereitas, que canto menos, quitaría votos ao PP. Aínda así, a dereita sempre deu noxo.

piorno #5 13/Novembro/2007 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Partido nacionalista de direita? Mas nom existe um já? :p

dumiense #6 13/Novembro/2007 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

se Castelao e Bóveda levantaran a cabeza... hai dios mio!

carlosroca #7 13/Novembro/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

...vai de tacón, pintorreada...
E que tal se imos deixando os comentarios sexistas?!

ecoe #8 13/Novembro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E non será millor empezar porque sexan rexionalistas primeiro? Pois o tal Corcoba e algúns panfletos que me chegaron nin iso!

lostrego #9 13/Novembro/2007 lostrego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Rematarán coma Coalición Galega ou coma Camilo Nogueira? Quen o sabe, o que pasa é que ter coma compañeiros a "populistas patéticos" coma Carlos Marcos é un estigma complexo de limpar.
Estupideces como estas non son consideradas de balde polo eleitorado.

BonKarallan #10 13/Novembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Certo. Regresaron, pero coxeando e isto non se esquece. Sempre cheirará mal e haberá desconfianza. Soto, Carlos Marcos, Cañita Brava, Gloria Lago, "os desfenestrados doutros partidos"...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete