Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
MARTES, 13 DE NOVEMBRO, 13 H

María Reimóndez na UAB: "Escribir dende o feminismo en Galicia (ou de como vivir no funanbulismo)"

A escritora galega falará dos problemas cos que se atopan as escritoras que se declaran feministas en Galiza.

Redacción - 20:00 12/11/2007

María Reimóndez abordará nunha conferencia na Facultade de Letras da UAB os atrancos que atopan as escritoras feministas galegas (coa crítica, coa recepción social...), así como as satisfaccións desa forma de estar no mundo, das redes que se crean e do cambio social que se provoca. A autora de O club da calceta falará tamén sobre os problemas de identidade nacionalista/feminista no caso concreto de Galiza.

María Reimóndez Meilán (Lugo, 1975) é tradutora e intérprete de profesión e feminista por convicción. Como escritora ten publicado: Moda Galega (Positivas, 2002), O Caderno de Bitácora (Positivas, 2004), premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo 2003, Usha (Xerais, 2006), novela xuvenil finalista do premio Merlín 2005 e O club da calceta (Xerais 2006), finalista do Premio Xerais de Novela 2005. Ademais, é fundadora e presidenta da ONG Implicadas/os no Desenvolvemento, que leva traballando desde o ano 1998 na India e en Etiopía en proxectos de desenvolvemento integral cun claro compromiso pola superación da discriminación de xénero como base do desenvolvemento perdurábel.

O pasado verán ofreceu aos lectores de Vieiros a súas Crónicas dende a India, onde estivo traballando nun proxecto da ONG que preside.

O acto está organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e o Lectorado de Galego da Universitat Autònoma de Barcelona, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Rede.cat.

Conferencia de María Reimóndez na UAB: "Escribir dende o feminismo en Galicia (ou de como vivir no funanbulismo)"

Martes, 13 de novembro de 2007, 13.00 h
Facultat de Filosofia i Lletres (Edifici B), Aula 215
Campus Universitat Autònoma de Barcelona
Bellaterra (Cerdanyola del Vallès)


3/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: