Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REFORMA ELECTORAL

O BNG propón que os emigrantes voten só nas eleccións xerais e nas europeas

Os nacionalistas advirten que o forte peso dos mesmos pode desvirtuar as eleccións ao Parlamento de Galiza e nas dos concellos.

Redacción - 09:05 13/11/2007

A Executiva Nacional do Bloque acordou unha proposta de reforma do sufraxio emigrante. Por unanimidade, a dirección nacionalista pide que se regule que os emigrantes teñan dereito a votar nas eleccións ao Congreso e nas do Parlamento de Europa. Pola contra, tamén exixen que non o fagan nos comicios ao Parlamento de Galiza e nos locais.


O coordinador do BNG, Francisco Jorquera, explicou que a participación de residentes ausentes nos comicios galegos e locais é “anómala e antidemocrática” debido a que é un grupo moi numeroso que tería unha influencia decisiva a pesar de non manter vinculos co país.

Os nacionalistas coidan que tamén é preciso unha modificación constitucional para crear unha circunscrición para os votantes do exterior. Mentres que esta non se acomete, os nacionalistas exixen que aumente o control sobre o voto emigrante. Así piden que se habiliten mesas electorais para o voto presencial e que o sufraxio por correo teña máis seguridade.

Chamada ao consenso
Pola súa parte, o secretario xeral de Emigración, Manuel Luis Rodríguez, demandou esta segunda feira “responsabilidade” aos grupos parlamentarios. Rodríguez sinalou que só dende o consenso é posíbel demandarlle ao Estado a depuración “canto antes” do Censo Electoral de Residentes no Estranxeiro e o voto en urna.


5/5 (2 votos)


Comentarios (5)

Jatopardo #1 13/Novembro/2007 Jatopardo

¿Este é o posicionamento definitivo do BNG?, ¿ou van cambiar dentro duns días? a verdade, gustaríame que tiveran unha única mensaxe e que a mantiveran.

A2b2 #2 13/Novembro/2007 A2b2

Eu, do BNge, no me fio un "juevo"!. Non saben ao que andan!
¿Por que non votan os afrikaners en Galicia tamén?

A2b2 #3 13/Novembro/2007 A2b2

Eu, do BNge, no me fio un "juevo"!. Non saben ao que andan!
¿Por que non votan os afrikaners en Galicia tamén?

BonKarallan #4 13/Novembro/2007 BonKarallan

Nas xenerais, deixamos votar aos inmigrantes españois que viven en Galiza: Gaviotero,(que será del?),Michsa, Gloria Lago, Carlos Marcos, etc.

E nas europeas aos emigrantes galegos que están en Suíza, Francia, Inglaterra, Euskadi, Catalunya e nas Cíes.

nelbrandam #5 13/Novembro/2007 nelbrandam

E eso ¿a quen llo consultaron? Ou será que os emigrantes (os emigrantes digo, nos os descendentes)non son galegos nin galegas?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: