Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVAS ENERXÍAS

Jacinto Rey e Manuel Jove poxan por rendabilizar o vento

Os dous empresarios galegos liderarían diferentes grupos destinados a entrar con forza no mercado eólico do país.

Roberto Río Morán - 09:00 15/11/2007

Os empresarios galegos Jacinto Rey e Manuel Jove liderarían dous importantes grupos empresariais destinados á explotación das novas partidas de enerxía alternativa, que a Consellaría de Industria quere sacar a concurso nos próximos meses; segundo datos publicados no xornal económico “El Economista”.

Jacinto Rey é actualmente propietario e presidente do grupo construtor San José. Tamén é primeiro accionista, a través de San Jose, da inmobiliaria Parquesol. Manuel Jove, posúe actualmente o 5% do BBVA ademais de liderar Gaelsa, o primeiro grupo enerxético galego, destinado as enerxías renovábeis.

O obxectivo da Xunta sería duplo: por un lado fomentar a competencia, o que revertería nun aproveitamento mais eficiente dos recursos; por outro posibilitar que o centro de decisión, e os rendementos sobres eses recursos se xestionen dende o país. A Xunta considera que o sector ten un carácter estratéxico. De aí que unha das maiores teimas da consellaría sexa contar con poder de decisión directo, isto é, participación no accionaríao dos grupos dedicados á explotación dos recursos eólicos.

O decreto da eólica, que acabaría cos privilexios de grandes empresas estatais, leva un atraso considerábel debido as críticas e alegacións interpostas polos axentes involucrados, se ben podería ser aprobado antes de finalizar o ano. Unha vez desbloqueado o decreto, a Xunta sacaría a concurso unha cantidade de entre 2300 e 2500 megavatios de enerxía eólica, chegando así o obxectivo de 6500 megavatios para 2012; pese a contar cas reticencias do goberno estatal


4.8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: