Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Posicións marcadas nun debate que vai lento

PPdeG e PSdeG a prol do voto emigrante nas autonómicas, o BNG pide suprimilo

Logo da indefinición e o temor que no trato do tema mantiñan os partidos, acláranse posicións. Populares e socialistas só estarían dispostos a restrinxilo nas municipais.

Redacción - 09:00 15/11/2007

Dous puntos conseguirían até o de agora o consenso entre todas as forzas políticas neste asunto. En primeiro lugar a necesidade de que o sufraxio se realice en urna e que ao tempo sexa froito dunha depuración do censo de residentes ausentes que elimine as irregularidades detectadas. En segundo lugar, que os emigrantes computen á hora do reparto de escanos entre as provincias.

Pero non hai acordo nun aspecto clave: en que citas electorais poderán ou non votar os emigrantes? O BNG foi o primeiro en presentar unha proposta ao respecto, e o seu voceiro parlamentario, carlos Aymerich, subliñábaa este mesmo mércores: voto para os emigrantes de primeira xeración e só nos comicios xerais e europeos, de xeito que non poidan facelo nin nas eleccións autonómicas nin nas municipais.

PPdeG e PSdeG estarían dispostos a estudar a supresión do voto emigrante neste último caso, o dos comicios locais. O propio presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, pronunciábase a prol desa posibilidade esta mesma semana. Non así no caso das eleccións galegas, onde por exemplo o voceiro parlamentario do PSdeG, Ismael Rego, explicou que o seu partido "non é proclive a limitar dereitos". Así e todo, tanto populares como socialistas evitan polo momento afondar nesta cuestión. O deputado popular Aurelio Miras Portugal, ex conselleiro de Emigración, laiábase esta cuarta feira do "caldo de cultivo" creado para que a cidadanía sexa proclive a "limitar dereitos dos residentes no exterior".

Desde o BNG, Aymerich pedíalle aos seus interlocutores "un esforzo de honradez" para tratar o asunto e evitar que se produza o "escándalo" das últimas eleccións. En 15 días as posicións de todas as formacións políticas deberían estar claras, con todas as propostas sobre a mesa.


5/5 (3 votos)


Comentarios (1)

Roquinho #1 15/Novembro/2007 Roquinho

Está claro que polo "interes te quero ines", o PSdeG e o PPdeG queren que os emigrantes que eles poden controlar dende Madrid poidan votar para así poder seguir manipulando as eleccións nas que estas persoas poden influir mais.
Penso que se deben votar como cidadans españois, tamén deben contar para a adxudicación de escanos no parlamento español, se estamos a falar de mesmos dereitos para os emigrantes que sexa así.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: