Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓNS

Rubalcaba cre que detrás da bomba de Cangas están “grupos independentistas”

O ministro de Interior, que fixo estas declaracións en Bilbao, ve conexións con outras explosións anteriores.

Redacción/EP - 13:30 15/11/2007
Tags: Bomba Cangas

O ministro de Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, asegurou este xoves que detrás do atentado contra unha inmobiliaria de Cangas estarían “grupos independentistas radicais”. Nunha comparecencia en Bilbao, subliñou que aínda non se determinou a composición exacta do artefacto pero cre que a explosión pode ter unha relación directa con bombas colocadas nos últimos meses.

A explosión da bomba en Cangas está a ter unha notábel repercusión nos medios de comunicación dixitais galegos e tamén nos de carácter estatal. Até o de agora ninguén reivindicou a autoría do mesmo.


1,73/5 (11 votos)


Comentarios (16)

outrolector #1 15/Novembro/2007 outrolector

Polo menos este home lle bota a culpa a alguén, non como o director de tráfico, que dí que os galegos temos o aire ou estamos asombrados con eso de conducir

ecoe #2 15/Novembro/2007 ecoe

No, si estamos a ponto de nos facer rubalcabianos. Agora xa distingue ó parecer entre independentistas e "grupos independentistas radicais" (sic texto superior): semella que vai millorando a sua formación respecto da realidade. Ainda así non nin se arrima ó PA (Progresa Adecuadamente) dos cativos.

Por certo. O titular, por qué come unha parte, do texto que logo amosa na explicación?

lavesedo #3 15/Novembro/2007 lavesedo

non sei eu, non sei eu, se serían independentistas radicais...ou narcos

Garrano #4 15/Novembro/2007 Garrano

O mesmo digo. Tamén puidero dicir que foron grupos socialistas, non se autoproclaman socialistas tamén? En Cataluña nin la Vanguardia poría un titular así, por non falar xa das edicións catalanas de El pais e outros medios nunca farían tala cousa. Semella que para Vieiros, Radio Galega, TVG, La Voz etc os de Esquerda nacionalista, Isca, ferrinistas, beiristas e outra moita xente somos equiparabies a terroristas. Rectificade se tedes un chisco de decencia e profisionalidade.

El_pastorrr #5 15/Novembro/2007 El_pastorrr

Que vaian as mozas e se deixen de bombas e caralladas.

ecoe #6 15/Novembro/2007 ecoe

Cómo vai dicir socialistas: non se vai autocriminalizar ou?!

Komun #7 15/Novembro/2007 Komun

Cada bomba que estoupa ou cafrada similar: 1000 votos máis pra o PP e 500 pra o SOE. Así facemos país...

BonKarallan #8 15/Novembro/2007 BonKarallan

Eu creo que detrás de "la bomba" está King Africa

http://www.clipal.com/file/jpg...

Roi_Batti #9 15/Novembro/2007 Roi_Batti

Eso foi a UPG
Que ten a culpa de todo!

guillerme #10 16/Novembro/2007 guillerme

VIVA RESISTENCIA GALEGA!

Por fin os patriotas galegos comezan a reaccionar ante esta invasión que se prolonga xa case 1000 anos. Por certo, para o que di que este non é xeito de facer país só lle digo que non haui ningún país que facer, xa está feito e non vai ser o BNG o que o invente (como lle gustaría a algúns).

Barcelos #11 16/Novembro/2007 Barcelos

A min paréceme que este xeito máis que facer patria, é facer unha gran putada a unha familia que ten un pequeno negocio e aos seus veciños, que seguro que non están nada de acordo contigo, e se cadra son tan patriotas ou máis que ti. #10

Con estes actos, seguro que en dous días somos uns heroes e independentes...do carallo

Isto non é obra de Resistencia Galega, se non dun delincuente moi pouco común ou duns iluminados pola Virxe de Guadalupe o polo demo.

emgalego #12 16/Novembro/2007 emgalego

A RESISTÊNCIA SOMOS TODOS.

OS GUERRILHEIROS DO S. XXI.

Adiante patriotas, por umha GALIZA LIVRE!

guillerme #13 17/Novembro/2007 guillerme

Si...claro...e que agora as inmobiliarias son pobres... veña home, non a tratedes como se foran pobres atacados. Estamos falando dos que están destruíndo a nosa patria. Ou queredes que isto se convirta en Marbella??? Eu non, e o goberno non fai nada para solucionalo.

AGIL #14 17/Novembro/2007 AGIL

Deveríamos ser prudentes:
1.- Ainda não há provas concludentes.
2.- A própria GC tem abertas todas as linhas de investigação (segundo a imprensa, nada radical, da CAG).
Que é o que aconteceu com aqueles outros atentados que atribuíram ao independentismo galego? Colheram preso algum? Processaram algum na TOP-AN?

Barcelos #15 17/Novembro/2007 Barcelos

En que debemos ser prudentes, en denunciar ou en defender o atentado?

Se foron os narcos, son uns cabróns
Se foron os de Resistencia Galega, son uns patriotas

Iso chámase ter personalidade.

Eu non nego que os das inmobiliarias sexan uns "explotadores" ou uns cabróns, pero ti farías explotar un avión, aínda que fosen os teus pais dentro se con iso cárgasche a teu maior inimigo?

Cando fixen a mili, ensináronme cousas así. A quen salvarías antes á túa nai ou á bandeira?

Para mártires xa chega cos islamitas, que seguro que estarán ben fodidos cando vexan, supondo que o espírito sobreviva, que non están no paraíso que lles prometeron Bin Laden & cía e os espíritos das vítimas que ocasionaron estaranlles "caneando".

guillerme #16 17/Novembro/2007 guillerme

Barcelos, non esaxeres, non hai mortos. Ademais, quero facer un comentario sobre os islamitas, polo menos eles loitan por deixarlle algo mellor aos seus fillos (sen entrar en se están no certo); en cambio, os europeos e americanos que facemos? Matar islamitas polo gusto ao sangue e ao petróleo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: