A máis prestixiosa lista do sector, coloca o Centro de Supercomputación de Galicia no posto 100 do "Top 500" dos computadores do mundo.
No resto do Estado só o Mare Nostrum, situado no Barcelona Supercomputing Centre, no posto 13º, e o CeSViMa, Centro de Supercomputación e Visualización de Madrid, que se sitúa no número 89 do mundo, aparecen entre os cen primeiros á beira do centro galego. O CESGA sobe ao ránking grazas á incorporación do novo supercomputador Finis Terrae, que lle outorga unha velocidade de computación superior a 20 billóns de operacións matemáticas por segundo (20 TFLOPS). Alén de ser o terceiro a nivel estatal, o CESGA aparece agora como o 29º de Europa.
A lista TOP500, elaborada por expertos das Universidades de Mannheim (Alemaña), Tennessee (EUA) e do Lawrence Berkeley National Laboratory (EUA)., publícase desde 1993 e é actualizada cada seis meses. Esta comparativa elabórase en base a un único parámetro: a "velocidade de procesado", e é o único ranking en supercomputación existente e amplamente utilizado pola comunidade científica e os fabricantes. O CESGA aparecera até en oito ocasións anteriores no Top 500, pero nunca tan arriba como desta volta.
Antes foi o de "chimpa" com os taxis, e agora "brinca" o CESGA. Uiiii...
Acho que BRINCAR, se bem o seu significado pode coincidir nalgum matiz, não é a palavra mais adequada, sobretudo porque o seu uso mais conhecido é o (3).
Brincar v. i. (1) Dar brincos ou saltos: brinquei da cama e baixei. (2) Adornar com brincos ou saltos um baile que assim o exija, como na ribeirana ao fazer os pontos. (3) Divertir-se, travessear, enredar. (4) Jogar, saltar alegremente. Sinóns. Folgar, pular, saltar.