Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMISIÓN DO GAIÁS

Eisenman defende a Cidade da Cultura porque vai colocar Galiza na “primeira liña mundial”

O arquitecto estadounidense subliñou que el é o “capitán do barco” pero que non ten a responsabilidade última.

Redacción/Europa Press - 19:51 15/11/2007

O arquitecto Peter Eisenman fixo unha defensa do proxecto da Cidade da Cultura diante da comisión parlamentaria que investiga as obras. O estadounidense comparou a polémica arredor do Gaiás coa que no seu día houbo en Berlín co Monumento ao Holocausto, tamén da súa autoría. Para Einsenman, a Cidade da Cultura vai colocar a Galiza na “primeira liña mundial”

O deseñador da Cidade da Cultura afirmou que a súa responsabilidade é similar á dun capitán de barco, pero advertiu que foi e é a Xunta quen ten a última palabra. Einsenman dixo que o proxecto foi medrando nun “proceso creativo e de axuste de superficies” . O arquitecto cualificou de “clientes moi estritos” ao anterior conselleiro, Xesús Pérez Varela, e á actual, Ánxela Bugallo.


1/5 (1 votos)


Comentarios (5)

carlosroca #1 16/Novembro/2007 carlosroca

El mesmo eu a chave do asunto. A decisión política de pasar de 50.000 m2 a 200.000 m2...

Xabi1 #2 16/Novembro/2007 Xabi1

Hai máis chaves pero como agora son as das fechaduras do goberno de Progreso e do BNG, pois entón desviemos o tema cara outro sitio.
Outra chave, o socio do BNG no Concello de Compostela, o PSOE, e concretamente Bugallo quen por lealdade institucional non dixo en público nen en alto que había unha pequena desviación de case 200 millóns de euros no orzamento incial.
Bugallo será leal ás institucións, sí, pero á xente que lle vota e ao pobo que goberna, pois vai ser que non. O que semella raro é que Bugallo non lle contara ren aos socios de goberno municipal. Misterios da vida.

Sara_Mago #3 16/Novembro/2007 Sara_Mago

sim, na primeira linha mundial do latrocinio politico

BonKarallan #4 16/Novembro/2007 BonKarallan

Se as cousas saen ben, todo o mérito é meu. Pero se algo vai mal, as culpas son de Fraga e Touriño (Esa man)

BonKarallan #5 16/Novembro/2007 BonKarallan

Un arquitecto que se chama "E sen man" ten que ser un fenómeno. Débeo facer todo, cos pés e coa boca.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: