Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Levan o caso ante o Seprona

Unha asociación denuncia os dous "heroicos" pescadores que mataron un xabaril en Touriñán

Logo de que un xornal publicara esta semana unha nova na que se narraba a peculiar caza do animal en augas da Costa da Morte.

Redacción - 13:25 16/11/2007
Un xabaril no monte / Flickr: jose_arias

Un xabaril no monte / Flickr: jose_arias

O xornal La Voz de Galicia publicaba a quinta feira 15 de novembro un artigo no que se contaba ao detalle como Manuel García, un muxián afeccionado á caza, pescando cun seu amigo pola zona do Cabo Touriñán, atopaba un xabaril no mar.

Os dous homes deciden dar caza ao animal, sóbeno á súa lancha e, coa axuda dun coitelo que lles emprestan dous buzos que andaban pola zona, danlle morte.

Denuncia ante o Seprona
Agora a Asociación pola Protección Animal Abeiro vai presentar unha denuncia ante o Seprona, xa que consideran que os dous homes (cuxas imaxes e nomes e apelidos saían na información publicada), cometeron diferentes delitos ao matar o porco bravo: déronlle morte cun coitelo de submariñismo, arma non regulamentaria para a caza do xabaril; estamos en plena tempada de caza, mais os días permitidos para cazar son só as quintas e o domingo, e os muxiáns mataron o xabaril a pasada cuarta feira; o xabaril é un animal considerado cinexeticamente como "caza maior", e para matalo precísase unha autorización, da que os dous homes carecían.

"Seguimos torturando animais"
Nun seu comunicado, a presidenta da asociación Abeira, Susana Romero láiase de que, a pesares da existencia destes delitos, "os feitos son narrados alegremente, coma se dun filme de aventuras se tratase".

Romero conta como leu, horrorizada, a descrición dos feitos, que ela considera é "para amantes das películas de terror". Para ela "é horríbel ler, con todo luxo de detalles, como dúas persoas acosan e perseguen ate a extenuación a un animal cuxo hábitat non é evidentemente a auga, un animal que desesperadamente loita pola súa vida, mais non consigue chegar á terra firme".

Para Romero, os dous homes aparecen no xornal coma "valentes" que loitan dunha maneira desigual contra unha besta, xa que a descrición ("ignorando o mortífero poder dos revirados cairos do porco, capaces de esganar en segundos a un can de caza, dispuxéronse á súa captura. A falta de escopeta, un gancho dos empregados para subir a bordo as capturas pesqueiras serviu para facerse co control do animal...") colle un ton épico que non lle corresponde, "parece que fixesen unha fazaña", díxolle a Vieiros Susana Romero.

Xa teñen posto outra denuncia contra un programa da Galega
Esta é unha das moitas denuncias que a Asociación Abeiro ten posto na súa loita contra a tortura e asasinato de animais. Unha das máis coñecidas foi a que lle puxeron ao programa da Galega, Son de Estrelas, polo maltrato dun gato, ao que un neno lle disparaba cunha escopeta de balotes.


Ligazóns

4,93/5 (14 votos)


Comentarios (5)

Quicol #1 16/Novembro/2007 Quicol

Se bates co teu coche accidentalmente contra dun xabaril e o matas coido que non te podes quedar con él. Nun caso como este xa non é que bateran coa lancha, senon que foron a por él. Pareceme moi ben a denuncia, se hai unha regulación sobre a caza deberase cumprir e fora dela haberá que sancionar. Ademais eu tamén estou farto de considerarnos "os reis da creación" e poder permitirnos calquera crueldade cos restantes animais por puro divertimento ou espectaculo. Tamén penso que os xornalistas podían ser un pouco máis respetuosos nestes casos de maltrato. ¿que mal lles fixo a todos eles o probre xabaril que pasaba por alí?.

lute #2 17/Novembro/2007 lute

Parabéns Abeiro,

por desgraza, este caso nom é máis que um dos moitos que sucedem todos os dias em Galiza; a diferenza neste caso é que houvo um jornalista de um médio sem escrúpulos que lhe atopou umha utilidade indigna no circo habitual de morbo que despregam nas portadas cooa finalidade, nom de informar, senóm de chamar a atençóm e vender a toda costa sem nengum límite ético.

Vergonha para o jornalismo sem escrúpulos; responsabilidades legais para a tortura de animais, agravada coa difussóm bochornosa do "espectáculo".

Maeloc-do-Rouco #3 17/Novembro/2007 Maeloc-do-Rouco

Eu sempre pensei que "xabaril" e mais castelhano ("jabali" ou como dim moitos galegos pretendendo falar o castelhano "ghabali") ou portugues "padrao"...Na Galiza rural (alomenos na area mindoniense) sempre escoitei "cocho bravo"...E hai-che uns quantos...

Colazo #4 18/Novembro/2007 Colazo

e que aínda é peor o tratamento informativo desta nova en La Voz de Gaicia que o propio feito, o medio ten que denunciar algo así, non convertelo en heroicidade

josearufe #5 28/Novembro/2007 josearufe

Hola, gracias a dios que alguien toma medidas, este correo se lo envié a la voz de galicia el dia 15 despues de leer la noticia horrorizado . No obtube respuesta

Quiero presentar mi queja denuncia y protesta por esta salvaje noticia que han publicado hoy en el periódico, nos presentan a unos señores como si hubieran hecho algo heroico, y lo que en realidad han hecho es algo humillante despreciable y de personas sin corazón, no prestando ayuda a un noble animal que nadaba hacia tierra seguramente atemorizado por encontrarse en un medio que no es el suyo, de lo que ustedes se burlan diciendo que nadaba muy rapido. Esta noticia es un mal ejemplo de humanidad y respeto y estos señores son unos desalmados asesinos de animales. Les ruego que vuelvan a enfocar esta noticia en contra de este hecho asqueroso y repugnante.



Jose Arufe

Santiago

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: