A Web 2.0 naceu como un medio de comunicación moi amplo que moitos gobernos represivos ven como un perigo. Agora dúas das grandes webs alíanse para denunciar as prácticas censoras na rede.
Os blogues ou as plataformas de troco de vídeos ou fotografía crean amplas redes sociais que moitos estados represores non dubidan en controlar e censurar ao seu xeito.
Global Voices Online, un foro no que participan blogueiros de todo o mundo, acaba de publicar un mapa interactivo que recolle os países que practican a censura na rede, a xeito de denuncia e para facer de voceiros de moitas campañas locais que defenden o acceso libre á Web 2.0.
Un mapa-denuncia
O chamado Access Denied Map ("Mapa do Acceso denegado"), serve tamén, alén da denuncia, para pór en contacto aos internautas destes países, de xeito que, comunicándose, poidan darlle pulo á loita común contra a censura dos seus gobernos, e poidan compartir tácticas e experiencias propias.
As aplicacións máis censuradas da Web 2.0
Entre as aplicacións máis censuradas hai plataformas de blogues; redes sociais como Facebook, MySpace e Orkut; plataformas de vídeo como YouTube; e webs como a Wikipedia ou o portal de venda de libros Amazon.
Pois a min, que qeres que che digha paréseme ben.
Agora vai resultar que Google é o paladino contra a censura e baluarte das liberdades!
Por certo, lembro que entre as "aplicacións máis censuradas da Web 2.0" está YouTube, portal mercado por Google há mais de um ano (http://www.google.com/press/pr....
non sei se o sabiades pero google colabora coa dictadura china para "capar" certas busquedas na versión china do seu buscador...
Pola Base oponse a que o BNG escolla o candidato á Xunta nunha asemblea de delegados
Edición xeral
Medio Rural pide aos gandeiros e á industria un compromiso decisivo cos contratos homologados
Edición xeral
Vidal-Quadras critica as chiscadelas de Rajoy cos "independentistas suevo-celtas"
Edición xeral