Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
De volta do mundo virtual ao real

Campamentos militares para adictos á internet

O goberno de Corea do Sur financia unha rede de centros de internamento, fóra das grandes cidades, cun tratamento a base de actividade física durante doce días.

Redacción - 11:45 19/11/2007
Cartaz que anuncia un dos campamentos

Cartaz que anuncia un dos campamentos

O 90% dos fogares de Corea do Sur contan con conexións baratas e de gran velocidade á internet. O dato, positivo a priori, ten o seu lado negativo. Ao redor de 2,5 millóns de menores de idade (o 30% da poboación) corren o risco converterse en adictos á rede, e varias persoas xa morreron tras maratonianas sesións ante a pantalla da computadora.

Ante a gravidade da situación, o goberno do país está a subvencionar campamentos de rehabilitación (xa conta cunha rede hospitalaria de 140 centros), segundo informa o diario estadounidense The New York Times. Aquí, a instrución militar, as actividades en grupo, os obradoiros e o exercicio físico son a principal medicina para curar a adicción.

Durante os doce días que duran, as computadoras están prohibidas e unicamente poden facer chamadas telefónicas cos seus móbiles durante unha hora ao día, co fin de que interactúen co mundo real e se afasten do virtual.

Un dos participantes, de 15 anos, que pasaba unha media de 17 horas diarias fronte á pantalla vendo vídeos xaponeses e xogando on line toda a noite, admite sentirse mellor logo de varias xornadas no campamento Jump Up Internet Rescue School. "Coido que cando volva para a casa vou pasar non máis de cinco ou seis horas fronte á computadora", afirma.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: