Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMO NOS VEN

A prensa portuguesa relaciona o “despegue económico” de Galiza con Nunca Máis e co cambio político

O Jornal de Noticias dedicoulle unha ampla reportaxe este domingo ao quinto cabodano do Prestige.

Redacción - 11:37 19/11/2007

A prensa portuguesa olla cara Galiza. Este mesmo domingo, o Jornal de Noticias abría a súa edición cunha completa análise do que pasou logo do Prestige. Os nosos veciños coidan que Galiza tamén tivo un punto de inflexión social e económico en 2002: “Determinante para a aceleración económica foi a mudanza política, precipitada polos ánimos exaltados da marea negra”.

No mesmo xornal, o seu director adxunto, David Pontes, asina tamén un artigo de opinión que leva por título “A Galiza como espelho” no que analiza como o autogoberno galego e a consciencia social que xerou “Nunca Máis” activou o “despegue económico”.


4,82/5 (22 votos)


Comentarios (31)

carlosroca #1 19/Novembro/2007 carlosroca

Ben, falan de nós.... máis cumpriria que deixaran de nos chamar "região" e que País non é Espanha, esta é Estado, xa que paises ten varios....

Se é que temos que facer traballo de criar País, máis tamén o de reeducar ao noso "vizinho" e "irmão" en que fomos e que somos...

alexinho #2 19/Novembro/2007 alexinho

carlosroca aí levas razom.

galeguzo #3 19/Novembro/2007 galeguzo

Pois podíamos começar por não escrever o galego com ortografia espanhola e assim daríamos um passo importantíssimo para afastar a ideia regionalizante.

galeguzo #4 19/Novembro/2007 galeguzo

Mais que nada porque resulta bem triste que o galego tenha, na Galiza, uma ortografia oficial que se baseia em critérios similares às do asturiano (oficialista) e do aragonês (oficialista). As únicas diferenças são que no caso asturiano se assume por completo o critério ortográfico do castelhano (obviando toda etimologia, à vez que o asturiano carece praticamente de tradição gráfica) e no caso aragonês se opta polo foneticismo... em base à ortografia castelhana.

No caso galego opta-se pola ortografia castelhana e por critérios supostamente etimológicos, obviando aquilo no têm grandes eivas as duas línguas antes expostas: a INGENTE tradição gráfica galego-portuguesa.

semprecelta #5 19/Novembro/2007 semprecelta

asturiano? aragonés?

Se ti o dis.

Pablinho #6 19/Novembro/2007 Pablinho

Estas certo galeguzo.

Lidor #7 19/Novembro/2007 Lidor

Non, se agora resulta que imos ter que desculparnos nós pola ignorancia dos portugueses.

Se cadra pensan que a única nación son eles e España. Ou sexa, coma os españolistas.

ecoe #8 19/Novembro/2007 ecoe

A ver si tamén cobran fundos de reptis, como aquí. Tanta propaghanda!

galeguzo #9 19/Novembro/2007 galeguzo

Lidor, não imos exigir aos portugueses aquilo que nem aceitam a maioria dos galegos. Ponho por exemplo que actualmente os partidos políticos mais votados são espanhóis, o PP e o PSOE. Para a maioria dos galegos a Galiza é uma "región".

BonKarallan #10 19/Novembro/2007 BonKarallan

Este fim de semana estive em Peneda-Gêres e Ponte dá Barca. Boa gente, boa paisagem e boa comida. Obrigado Portugal.

carlosroca #11 19/Novembro/2007 carlosroca

Sentímonos no norte de Portugal como na casa, non si?.... mais non nos consideran unha nazón, mágoa non?... Habemos de facerlle algo...
Por moito que lle falemos galego eles teiman en nos falar español...triste, verdade? E aí non vos hai nada coa grafía....
Vamos, que a cousa évos moi dura e non podemos confundir os desexos que temos de estarmos cos nosos irmáns de historia, cultura e lingua, coa realidade na que somoslle máis ou menos como o resto de españois.
Para mudar a realidade hai que asumila ;-)

breio #12 19/Novembro/2007 breio

Galeguzo, un fundamento do nacionalismo galego é a loita contra o centralismo do Estado español. Non podes, ti, reintegracionista, deixarte de teimas centralizadoras e falar de idioma galego, español e portugués á parte? Non podes, ti, reintegracionista, deterte no teu afán centralizador? Porque o centralismo non se dá só con España e só dende España. Tamén se dá con Portugal e dende Galiza.

Pénsao.

independencia #13 19/Novembro/2007 independencia

Lusistas,fillos do autoodio e da burguesia.
Lusistas e españolistas,a mesma m....

Viva Galiza Ceibe!

uxio1976 #14 19/Novembro/2007 uxio1976

O 17 de maio de 2005 acadouse o Acordo Interinstitucional que fixaba as perspectivas económicas para o 2007 2013. Básicamente canto e como se ían repartir os orzamentos da Comunidad Europea para ese período de tempo. Entre os Fondos que xestiona a CE están os Fondos Estructurais e o Fodo de Cohesión. Pois ben, entre os primeiros está o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional que se lle da as rexións (emprego o termo sen contido político para referirme ós órganos de goberno infraestatais - en España as Comunidades Autónomas)menos desenvolvidas ou con problemas estruturais e que teñan un nivel de renda per cápita inferior ó 75% do nivel de renda per cápita medio da UE. Adiviñades que Comunidades Autónomas están nesa situación: Castela A Mancha, Andalucía, Estremadura e Galicia. E iso malia a entrada de dez países do bloque comunista cun nivel de renda moi inferior o do resto de Europa. Por certo o nivel de renda per cápita medio de España supera o 90% da media comunitaria. De que milagre están a falar os portugueses? Porque eu non o vexo por ningures. Veremos dentro de dez ou doce anos o que trouxo "o cambio". Polo de agora só podemos dicir que 14 anos de política de cohesión europea - é dicir milleiros de millóns de euros a esgalla para Galicia- deixáronos onde estabamos, na cola de España e de Europa- iso sí, cos nosos irmáns portugueses o carón. E algunha responsabilidade teremos nos.

teixugo #15 19/Novembro/2007 teixugo

Ao súbdito, #13, doe-lhe uma tripa...

Gaias #16 19/Novembro/2007 Gaias

Viva Portugal e Viva Galiza Ceibe!

Lidor #17 19/Novembro/2007 Lidor

Galeguzo: a Portugal podemos e debemos esixirlle máis aínda do que a España. Se tan español-legalistas queren ser que lean a Constitución española, onde tampouco somos rexión ningunha. A súa ignorancia só se debe a un estúpido complexo de Imperio, é interesada.

anacleto #18 20/Novembro/2007 anacleto

Calquera comentario sobre o que sexa acaba derivando aos onanismos lingüísticos habituais.
Español? no gracias.Português? Obrigado, pero só para falalo en Portugal.Galego? Pois sí, duas cuncas del, por favor.

galeguzo #19 20/Novembro/2007 galeguzo

A Portugal não lhe podemos exigir mais do que à própria Galiza, minhas donas e meus senhores. O contrário chama-se, pura e simplesmente, HIPOCRISIA.

Vós não tendes a verdade absoluta, assim que deixai de insultar com isso de centralista, burguês, ou merda.

Para merda, centralista e burguesa a empada mental que tendes.

A vossa atitude com o reintegracionismo é EXACTAMENTE IGUAL à de Andecha Astur com qualquer manifestação galeguista no Eu-Návia, e os vossos postulados linguísticos antilusistas são IDÊNTICOS às do secessionismo linguístico nessa região (ou seja, igual à dos que dizem que o galego-asturiano é uma língua independente, nem galega nem asturiana).

galeguzo #20 20/Novembro/2007 galeguzo

NOTA: se não podemos convencer dous milhões e meio de galegos, "os nossos", como imos pretender meter-lhes determinada ideia na cabeça e apagar os preconceitos de vários milhões mais de portugueses? Ainda há pouco escuitava eu uma galega de trinta e algo anos dizer que "sinto-o muito, mas creio de coração que o galego é um dialecto, metade castelhano e metade português". Pois isso.

serbia #21 20/Novembro/2007 serbia

Claro galeguzo, pasarmos de ser unha rexión espanhola para sermos unha colonia portuguesa.

galeguzo #22 20/Novembro/2007 galeguzo

#21 Que eu saiba Flandres não passou a ser uma colónia holandesa apesar de que ali triunfou o reintegracionismo linguístico. E volto pôr o exemplo do Eu-Návia. Deixemo-nos de luitas estéreis.

galegoportuguesa #23 20/Novembro/2007 galegoportuguesa

Culpar aos portugueses do fracaso do lusismo é como culpar ás vacas do cámbio climático.

Majorinus #24 20/Novembro/2007 Majorinus

Pero ten en conta, galegoportuguesa, que as vacas tamén son responsábeis diso, porque cos seus peidos botan metano á atmosfera, o que contribúe ao efeito invernadeiro. E hai moitas vacas na Terra, e moitos peidos botan.

(Isto che poderían obxectar algúns, porque aquí o máis habitual é esperar que outros fagan o que debe facer un, porque a falta de diámetro testicular -que se diría castizamente-, o mais habitual e recorrente é o "botaporforismo" e a covardía disfrazada de "radicalite" e "coherencia"). Moito fume, moito fume... (e de tanto fume os blogs e os posts fican cheos...)

BonKarallan #25 20/Novembro/2007 BonKarallan

Pero as vacas non son responsables dos peidos que botan. O responsable é que as creou así, ou sexa Deus, que tamén é o responsable de calquera fracaso.

Ainda que que eu saiba o "lusismo" não fracassou, ao menos em Portugal. Estive aí no outro dia, para comprová-lo.

E eu de colónia nada, ainda que cheire que fede.

mceleiro #26 20/Novembro/2007 mceleiro

Em Portugal os politiquinhos e os seus mass-media estão a introduzir o neoliberalismo mais brutal e a submissão total do povo. Normal que os jornalistas do poder olhem para nós.

A "Coz de Galicia" também nos põe a nós a Irlanda neoliberal como modelo: que se eles passam do gaélico e falam english, que se eles esquecem ao Ulster e a história, que se eles privatizaram tudo, que se eles sacrificaram as conquistas sociais e agora os dados económicos são a ostia em verso, bla, bla, bla

Os novos ricos portugueses não sabem que fazer para convecer das excelências do neoliberalismo europeu aos seus paisanos (há que lembrar que eles tiveram um 25 de Abril e não tudos abraçam a globalização com a mesma alegria).

Manipulação e mais manipulação. Portugueses i-lusos...

O Nunca Mais ficou em nada, o Plano Galiza em fumo, e o novo governinho na mesma merda.

Mágoa que Vieiros siga também esta linha editorial de vender ilusão em vez de ser crítico e realista.

lavesedo #27 21/Novembro/2007 lavesedo

moi bo mceleiro. Dás no alvo...

lavesedo #28 21/Novembro/2007 lavesedo

galeguzo #20 di:
"A vossa atitude com o reintegracionismo é EXACTAMENTE IGUAL à de Andecha Astur com qualquer manifestação galeguista no Eu-Návia"
Non me dighas, neno?? A vós tamén vos queren dar unha malleira os "isolatas radicais" por facerdes actos culturais?? Tamén vos amenazan por teléfono ou sodes difamados na portada dos xornais senlleiros do país??

Gaviotero #29 21/Novembro/2007 Gaviotero

¡Jajajaja! Esta noticia es una de las chorradas más grandes que he oído en mi vida...Por cierto, señores de Vieiros, una cosa es el "Jornal de Noticias" y otra "la prensa portuguesa".

galeguzo #30 22/Novembro/2007 galeguzo

#28 Com sermos difamados por parvos como tu, chega-nos. E referia-me à atitude linguística, não à outra.

lavesedo #31 22/Novembro/2007 lavesedo

Eu non te difamo en ningures, meu. E os insultos sobran.
Se ti dis unha cousa e non es quen de a manter, é o teu problema. Eu só dixen que os da andecha teñen andado a paus coas manifestacións galeguistas no Eu-Navia.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: