Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Declaracións de Manuel Fraga

De perseguir homosexuais a velos casar: "Os cambios non sempre son bos"

Un xornal catalán publica este luns unha entrevista co ex presidente da Xunta, 'O Patriarca', como lle din no diario, onde fala de diversos temas, entre outros dos matrimonios gais ou da sentenza do 11-M.

Redacción - 13:25 19/11/2007

O xornal El Periódico de Cataluña publica este luns unha entrevista co ex presidente do Goberno Manuel Fraga Iribarne, onde 'O Patriarca' do PP -tal e como lle chaman no diario- confesa que bota de menos Galiza.

Entre outros temas, preguntado sobre a sentenza do xuízo polo atentado terrorista do 11 de marzo de 2004 en Madrid, Fraga afirma que "se fixo xustiza". "Eu, mentres non se demostre o contrario, entendo que si. Hoxe se algo funciona en España -de non ser pola súa lentitude- é a Xustiza".

Respecto a aspectos políticos, o ex presidente considera que "o PP é de centro progresista", e que a razón de que non "arranque" en Cataluña é que "defende a autonomía, mais sempre dentro da unidade do Estado".

Noutro intre, a entrevistadora pregúntalle: "Cantas cousas tivo que ver que xamais imaxinara. De perseguir en tempos do xeneral Franco aos homosexuais, a hoxe que xa poden casar", ao que Manuel Fraga lle responde: "Non sempre se evoluciona para ben, os cambios non son sempre bos mais cómpre telos en conta. Hai unhas normas morais que o home debe cumprir se quere saír adiante".


1/5 (1 votos)


Comentarios (8)

Pablinho #1 19/Novembro/2007 Pablinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois este fosil vivinte ten sorte de que non estemos na altura da eutanasia con fins humanitarios, xa que é a máis segura evolución moral dentro de poucos anos.

Por sorte as normas morais non son verdades absolutas e inamobibles, senón que evolucionan á par que a sociedade; o que ocorre é que algúns pensan que as normas éticas e morais que eles teñen si que o son.

bernaldina #2 19/Novembro/2007 bernaldina
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pode que si, pode que non.

BonKarallan #3 19/Novembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"El Periódico" elixiu mellor o titular importante: "Fíxose xustiza co 11-M". O cal deixa moi mal a Acebes, a Aznar e a outros do seu partido.

Respecto da homosexualidade bastante discreto contestou, sabendo como pensa e a idade que ten.

fervenza #4 19/Novembro/2007 fervenza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

El bota en falta Galiza, pero nin Galiza nin os galegos o botamos de menos a el...

emigrado #5 19/Novembro/2007 emigrado
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#3 a idade non é excusa para nada, o que é homófobo e maleducado éo tendo 15, 30 ou 90 anos. Ou é que Franco nos 70 era un pobre vellote que non sabía o que facía?

dumiense #6 19/Novembro/2007 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

joder eu xa tiña no total esquecemento a este bicho

BonKarallan #7 19/Novembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Claro que o sabía e Fraga tamén sabe o que di. Non esperarías que dixese: "Estou encantando coas vodas homosexuais. Precisamente onte casouse o meu neto con outro home".

Gaviotero #8 21/Novembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este fósil viviente no es más fósil ni dice más majaderías que otros fósiles como Beiras o el fosilizadísimo Paco Rodríguez. Ese que todavía no se ha enterado de la desintegración de la Unión Soviética...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: