Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Segundo datos de 2006

A metade das empresas con acceso á internet carecen de sitio web

En Galiza, o 50,5% contan con páxina de seu, namentres que a media estatal sitúase no 43%, e a europea, no 64%.

Redacción - 11:25 20/11/2007

O 45,5% das empresas galegas con máis de dez empregados que teñen acceso á internet dispoñen dun sitio web. O dato, porén, é mellor ca o da media estatal, onde tan só o 43% destas contan cunha páxina de seu. Ambas as dúas cifras sitúanse lonxe da media da Unión Europea, que chega até o 64%.

Así se extrae dos datos do Observatorio das Telecomunicacións e da Sociedade da Información de red.es, con data de xaneiro de 2006, que fixo públicos o Ministerio español de Industria que estes días está a levar a cabo en diversas cidades do país os talleres do 'Programa NEW' (Ningunha Empresa sen Web), para desenvolver a presenza das empresas na internet.

O proxecto, dotado cun presuposto total de dous millóns de euros, enmárcase no Plan Avanza para o desenvolvemento da Sociedade da Información, e ten como obxectivo lograr que o volume de actividade económica relacionada coas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) se achegue ao 7% do PIB do Estado Español en 2010.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: