A Dirección Xeral de Costas, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, está a estudar a compra destes terreos, que corresponden a varios espazos "importantes" de Galiza.
Isto dixo o secretario xeral para o Territorio e a Biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente, Antonio Serrano, na conferencia de prensa após a xuntanza da Comisión Mixta do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Serrano tamén indicou que o goberno español está interesado na adquisición destes terreos para protexer ecosistemas de "maior interese".
Mercando "áreas fráxiles" do país
Serrano explicou que entre as zonas a adquirir inclúense "áreas fráxiles ante o proceso do cambio climático", afectadas polos temporais ou con moito risco de se inundaren. Tamén se inclúen, na posíbel compra, varias áreas "densamente urbanizábeis onde a presión xa sobrepasou a capacidade do contorno".
O secretario xeral non avanzou os espazos concretos no que o goberno español ten interese, mais si dixo que neles están incluídas "algunhas illas da Ría de Pontevedra".
Pero que as paguen ben, que cun Chávez xa chega .. Que lle vaian roubar as terras a su tía, no te chincha.