Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Hai dous anos elixiran o "flamenco"

De costas á proposta galego-portuguesa, Madrid opta pola "dieta mediterránea"

Lisboa parece de momento o camiño máis curto para que o patrimonio inmaterial galego-portugués entre na lista da Unesco. Pola parte de Madrid, os ministerios de Cultura e o de Agricultura escollen liderar a iniciativa a prol da "dieta mediterránea".

Redacción - 09:00 21/11/2007

Non pesou de momento a orixe galega nos dous ministerios que son chave para o pulo á proposta en favor do patrimonio inmaterial galego-portugués. Paradoxalmente, o departamento encabezado polo coruñés César Antonio Molina, á fronte do Ministerio de Cultura, e pola ourensá Elena Espinosa, á fronte do Ministerio de Agricultura, amosáronse escasamente receptivos ás demandas que a este respecto lles chegaron desde Galiza.

Desde Ponte nas Ondas recórdanlle ao executivo estatal que non son candidaturas excluíntes. Xa que logo, no caso de propostas que abranguen a diferentes Estados, a Unesco non estabelece límite á hora de achegar candidaturas. É por iso que a iniciativa galego-portuguesa podería contar coa beizón do goberno español sen necesidade de que renunciasen ao impulso da candidatura da dieta mediterránea. Con todo, como xa acontecera hai dous anos, parece ser que o goberno portugués será o camiño máis doado para atender esta demanda.

Cultura e Agricultura miran ao Mediterráneo
Hai xa meses que a propia ministra Espinosa participou en actos do Padroado da Fundación Dieta Mediterránea, onde se pronunciou en favor de levar esta proposta á lista de patrimonio inmaterial da Unesco e se comprometeu ao fomento do estudo, investigación e difusión do "acervo milenario" que na súa opinión representa a dieta mediterránea. O ministerio apoiou unha declaración expresa onde se destaca o papel da dieta mediterránea como "patrimonio vivo" e se fala do seu protagonismo nese área xeográfica á hora de inxectar "sentimento de identidade".

Antes xa privilexiaran o flamenco
Hai dous anos, a daquela ministra de Cultura, Carmen Calvo, xa tratara con indiferencia a proposta galego-portuguesa, limitándose a apoiar diante da Unesco a candidatura en defensa do flamenco, da que ela mesma iniciara a promoción cando formaba parte da Junta de Andalucía. Así, e malia que daquela o propio Congreso fóra en Madrid escenario dunha declaración oficial onde se instaba ao goberno español a apoiar o impulso da candidatura galego-portuguesa, os requirimentos que desde Galiza e Portugal chegaban até os ministerios encontrábanse co silencio da administración estatal.


4,56/5 (9 votos)


Comentarios (22)

trapalleiro #1 21/Novembro/2007 trapalleiro

Seica que en Galiza somos todos moi mediterraneos e flamencos

Aldara #2 21/Novembro/2007 Aldara

Ole, ole, ole, que os galegos meten goles.

carlosroca #3 21/Novembro/2007 carlosroca

Aiiii que gañas de aludir ao porcallan que está ese mar!!!!
Mais me resisto ;-)
Pois se a España Imperial non quer a ver se nos bota unha man o Portugal Republicano... e así nos coñecen un pouco máis e comeza a desaprendizaxe aquel que lles dín que somos españa.

Roquinho #4 21/Novembro/2007 Roquinho

Hai algo que nos une a España?

carlosroca #5 21/Novembro/2007 carlosroca

Agarrados nos teñen e non nós soltan.... e ameazannos con paliza se queremos separarnos, semella algo violenta a nosa unión, non si?

carlosroca #6 21/Novembro/2007 carlosroca

Mais logo cando temos algo interesante que lle mostrar ao mundo, que semella identidade e xa que logo beleza, non queren que se coñeza nin se recoñeza... iso son ciumes.

ranciadas #7 21/Novembro/2007 ranciadas

Non son ministros galegos, son españois, que é diferente, non apoian nin ao seu propio pobo. Dan noxo. A ver se Portugal dá apoios aínda que o dubido.
A ilusión creada hai anos coa Candidatura hai que voltar a refrotala. É unha idea caralluda que a UNESCO seica non entende.

Sara_Mago #8 21/Novembro/2007 Sara_Mago

onde estiver o lacom com grelos...

http://www.diarioextra.com/200...

http://www.elcorreogallego...

"La dieta atlántica favorece una mayor longevidad en nuestra comunidad y ayuda a tener una buena salud cardiovascular"

"Una vida media superior a la del Mediterráneo o una buena salud cardiovascular son sólo algunos de los beneficios de la dieta atlántica, de la que la cocina gallega es un excelente exponente"

cumpre incluir a dieta atlantica dentro do patrimonio inmaterial galego-portugues ;-)

carlosroca #9 21/Novembro/2007 carlosroca

...e a identidade e a dignidade... non so de pan con aceite vive o home e a muller...

emigrado #10 21/Novembro/2007 emigrado

A noticia está a medio facer. Por que non investiga Vieiros e nos conta a todos o "apoio" de Lisboa a esta candidatura?

Pablinho #11 21/Novembro/2007 Pablinho

Como lein hai tempo nun muro dunha cidade galega:

"Tortilha espanhola fora da Galiza"

Si señor, sen dúbida un xenio foi o que o escribiu.

Albert #12 21/Novembro/2007 Albert

Se non o facemos nós non o vai facer ninguén, tanto dá España e Portugal.

mineru #13 21/Novembro/2007 mineru

No sé que obsesion os da por Portugal si son tan centralistas como españa,salir de guatemala y meterse en guatepeor!!!!!!

carlosroca #14 21/Novembro/2007 carlosroca

Homeee, escribir iso en español tenche moita graza...

BonKarallan #15 21/Novembro/2007 BonKarallan

Mellor, así tocan máis percebes para nós.

BonKarallan #16 21/Novembro/2007 BonKarallan

A tortilla de Betanzos, nin tocala eh?

Gaviotero #17 22/Novembro/2007 Gaviotero

Ay, estos nacionalistas con sus localismos de siempre..."lo de aquí" siempre es mejor que "lo de allí".

No es de extrañar que ante tanta estupidez concentrada algunos nos sintamos mucho mejor con "lo de allí" que con "lo de aquí".

zus #18 22/Novembro/2007 zus

pois se tan ben te sintes con "lo de alli" xa sabes onde está a fronteira ,pesado q eres un pesado do nabizooooo ...
e aínda agardo ese café COBARDE

Sara_Mago #19 22/Novembro/2007 Sara_Mago

O patrimonio comum galego-portugues:

http://br.youtube.com/watch?v=...

lavesedo #20 22/Novembro/2007 lavesedo

Tes moita razón, gaviotero. Como español que es, alédome enormemente aquí na galiza que por fin recoñezas o localismo perenne do nacionalismo do teu país, que agachado tras os touros, as folclóricas e benidorm segue a pensar parvalladas coma que "lo de aquí", (dieta mediterránea) é mellor que "lo de allí"(patrimonio imaterial galego-portugués), e ponlle trabas ao Estado para evitar apoios a iniciativa galego-portuguesa. Alédome tamén, gaviotero, de que "ante tanta estupidez concentrada", algúns vos sintades mellor co noso patrimonio imaterial, material e dieta atlántica ca co voso patrimonio culinario. Nós, en agradecemento, prometémosche almorzar mañá pa amb tomàquet, 100% mediterráneo

teixugo #21 23/Novembro/2007 teixugo

Castelhanos f...

eunonsonyo #22 24/Novembro/2007 eunonsonyo

esperta do teu sono galiza"abramo-los ollos e gritemos liberdade, recollamo-las forzas para dicirlle a espanha, non te queremos"!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: