Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Os dominios propios na rede

O goberno balear vai empregar o dominio .cat

O parlamento das Illas aprobou na terza feira o emprego do dominio catalán en todas as súas webs institucionais. Todos os partidos apoian o cambio, agás o PP.

Redacción - 12:14 21/11/2007

O pleno del Parlamento das Illas Baleares aprobou unha proposición non de lei que lle pide ao goberno que todas as webs institucionais empreguen preferentemente o dominio .cat. A proposición tivo votos favorábeis do PSIB-PSOE, da Unión Mallorquina e do Bloque por Mallorca, os tres partidos que forman parte da coalición de goberno.

Na defensa da moción, o deputado de UM, Josep Melià, dixo que o dominio Puntcat favorece a identificación cultural de todos os que falan a lingua das Illas e que se trata doutro xeito de defender a pluralidade lingüística. O PSIB-PSOE dixo que o .cat debera ser adoptado polo goberno insular, porque o catalán é a lingua materna da meirande parte dos cidadáns das Illas; e o Bloque por Mallorca recalcou que o parlamento foi unha das primeiras institucións en adoptar este dominio.

Oposición do PP

Pola contra, o deputado do PP, José Simón Gornés, acusou aos partidos de goberno de tentar implantar a ideoloxía nacionalista dicindo que o Puntcat "é unha das vitorias máis grandes do nacionalismo pancatalanista".


5/5 (3 votos)


Comentarios (7)

trapalleiro #1 21/Novembro/2007 trapalleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

que raro o pp en contra

Gaviotero #2 21/Novembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sí, el PP suele estar en contra de las gilipolleces. Es lo que tenemos...

ecoe #3 21/Novembro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lóxicamente pois conforman, xunto con Valencia e o Rusillón, pese a quen lle pese, e négueo quen o negue, "els Paisös Catalans" con esa fala como fío de unión cultural e cívica.

ranciadas #4 21/Novembro/2007 ranciadas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non, é ao revés, o PP só di e fai "gilipolleces".

Gaviotero #5 22/Novembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Los Países Catalanes no existen más que en la imaginación totalitaria de unos cuantos fanáticos catalanistas.

Por lo demás, he de admitir que el "cat" le sienta muy bien a Cataluña y Baleares...pues sus gobiernos son sin duda alguna "CATastróficos".

trapalleiro #6 22/Novembro/2007 trapalleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

non o pp está a favor da familia e que haxa bandeiras nos concellos, só vai a importante, non perde o tempo co cambio climático que iso son mamonadas, xa o di o curmán do pailán.

que capacidade de elocuentes xogos verbais teñen os nacionalistas españois,quedoute moi de Arévalo

zus #7 22/Novembro/2007 zus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

jejejej moi boa trapalleiro ;-)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete