Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na Comisión de Investigación da Cidade da Cultura

O do Gaiás é un proxecto "sen marcha atrás" que será "rendíbel e útil"

Afirmouno este mércores o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, na súa intervención na comisión parlamentaria. Touriño defendeu que diante do problema herdado o actual Goberno introduciu "racionalidade, viabilidade e sostibilidade".

Redacción - 12:03 21/11/2007

"Estamos diante dun proxecto sen marcha atrás", subliñou Emilio Pérez Touriño, quen cualificou de "ambiciosa e arriscada" a iniciativa que está a despregarse no Gaiás e lamentou as "controversias" e "cautelas" que aínda permanecen ao respecto. Na opinión do presidente da Xunta, as críticas que á actual proposta aínda permanecen débense á análise que o Consello de Contas realizou sobre o proxecto anterior. Así, segundo Pérez Touriño, é necesario destacar o "antes e o despois" que ao respecto marcan as eleccións de 2005. Foi nese sentido que se referiu ao "problema" deixado polo executivo anterior, ao que lle reprochou a "indefinición técnica" e de "usos e contidos" coa que deixaron o proxecto. Fronte a esa situación, salientou o "rigor" e a "transparencia" que na súa opinión introduciu o actual goberno.

Proxecto "galego" que terá o apoio do Estado
"Será un proxecto ideado e xestionado desde Galiza e contará co apoio do Estado", dixo Touriño. Ao respecto, insistiu en que o actual executivo garante a viabilidade financeira do Gaiás e avanzou que tamén está garantido o apoio do financiamento externo.

Nesa liña, revelou que aínda sen compromisos concretos de financiamento por parte do goberno español, a Xunta si conta en todo caso en que a vontade de colaboración se explicite en varias axudas. Así, o Goberno conta coa inxección económica do executivo español para os centros onde a colaboración de Madrid sería importante, e citou deste xeito o Centro de Investigación Patrimonial e o Centro de Enlace Cultural.

Compromiso "asumido" desde o primeiro momento polo bipartito
"Sería irresponsábel e frívolo", explicou o presidente sobre a posibilidade da renuncia a un proxecto que implicaba "o desperdicio" dun elevado investimento xa comprometido. "Tampouco se podía deixar a medias", indicou, referíndose ás consecuencias que segundo el implicaría a "mutilación" dun conxunto arquitectónico do que estragaría dese xeito o seu potencial de proxección internacional.

"Hoxe si podemos falar dun proxecto cultural, e non de simples etiquetas no cabeceiro dun edificio", afirmou Touriño, destacando as comparecencias do venres pasado dos conselleiros de Economía e Cultura, onde segundo o presidente se "disiparon todas as dúbidas" sobre os custos finais do proxecto e o esquema de contidos marcado "pola calidade e a innovación". "Un proxecto así debera nacer cun gran consenso social, con transparencia e rigor", censurou ao respecto da actuación do anterior goberno.

Durante a súa intervención, Touriño falou da "dimensión simbólica" do Gaiás, proxecto ao que lle atribuíu a capacidade de ser "unha gran oportunidade para internacionalizar Galiza" e "enviarlle ao mundo a mensaxe dunha Galiza renovada que mira o futuro e confía nas súas capacidades para proxectos ambiciosos". Destacou nese sentido, o vínculo cara á Latinoamérica ao que servirá o proxecto, e referiuse en particular á importancia concreta da inserción de Galiza no ámbito da lusofonía. "Un país que non quere estar na periferia, senón na primeira liña dos debates culturais internacionais", subliñou. Opina o presidente que a Cidade da Cultura non eclipsará outras estruturas do país, senón que será centro de "estímulo e posta en valor", plataforma de internacionalización, elemento vertebrador e "poderoso foco para atraer o turismo internacional".

Complicada unidade entre os grupos parlamentarios
"Chegou a hora da unidade", pediu o presidente da Xunta, chamando a "aparcar diferenzas" e "arrimar o ombreiro a prol do que é un proxecto de país". "Estamos todos metidos no mesmo barco, tanto os que cremos no proxecto como os que seguen dubidando del. Do que se trata agora é de que rememos todos na mesma dirección", considerou Emilio Pérez Touriño, comentando ademais o elevado grao de consenso e a consulta que desta volta se fixo entre diversos sectores culturais e coas principais institucións culturais do país.

Pola súa parte, o voceiro do PPdeG este martes na comisión parlamentaria, o deputado Manuel Ruíz Rivas, opinou que o Goberno vese abocado a "defender de mala gana" un proxecto do que "desexarían que non existise". "Hai anos que nós solicitamos o apoio e a colaboración que vostede agora ofrece", laiouse Ruíz Rivas.

Deste xeito, o PPdeG fixo resumo outra vez das principais argumentacións xa utilizadas polo partido durante as semanas nas que transcorreu esta comisión de investigación. Así, Rivas teimou en que o informe do Consello de Contas sobre o Gaiás "non menciona en ningún momento a palabra irregularidade" e asegurou que proba diso é que a propia institución non considerou oportuno enviarlle o documento á fiscalía. Insistiu o deputado do PPdeG en que o goberno de Manuel Fraga actuou de xeito "legal" en todos os procesos relacionados coa Cidade da Cultura.

"É hipócrita falar así cando non se quería que nacera o rapaz", díxolle Manuel Ruíz Rivas a Touriño, "pero o rapaz naceu porque alguén creu en Galiza, na Cidade da Cultura e no seu futuro". Ao fío, aproveitou para criticar a campaña de publicidade aparecida en varios medios de comunicación este mércores e preguntou "canto lle vai valer aos galegos vender a Cidade da Cultura?". De paso, tirou de arquivo para presentar a imaxe de Emilio Pérez Touriño á beira do presidente brasileiro, Lula da Silva, onde asegurou que se ve ao presidente galego entregarlle a Lula un libro onde se detallan os contidos que o goberno Fraga proxectara para o Gaiás. "Vostede foi presumir disto ao estranxeiro", ironizou Rivas.


1/5 (1 votos)


Comentarios (13)

Xabi1 #1 21/Novembro/2007 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Disculpen. Dubido moito que o Presidente Touriño dixera, textualmente, a palabra "rendíbel".
Como calquer espetador da TVG e, se me apuran, da TVE, sei que Touriño destroza, unha tras outra, o idioma galego e o dioma castelán, a maiores de construir frases sen moita soltura.
De aí que non acredite en tamañas heroicidades se veñen da lingoa touriñá.
Por certo, tras escoitar falar a Touriño nesa mextura de todo e nada coa que acostuma a regurxitar discursos institucionais, comprendo pero que moito ben o a rapazada solicite a aprobado xeral nas asignaturas de lingoa galega e castelán. Se non suspenden a Touriño, a ver, porqué debe repetir a crainza?

baltar69 #2 21/Novembro/2007 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

" en los momentos en que la amada patria se mantenía al borde del abismo, fuimos capaces de olvidar estériles discusiones y entregar a ella, cohesionados, nuestra capacidad dando un valeroso paso adelante".
esa encendida soflama do militar uruguaio ven a ilustrar o discurso das nosas élites políticas: sempre para diante, anque sexa cara o precipicio. non hai marcha atrás!!! menuda tropa!!!
pero é que estes políticos non van os casinos, non xogan o póker? as veces hai que tiralas cartas e perdelo que hai na mesa para non arruiñarse de todo.

Gaviotero #3 21/Novembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Jejeje...cómo cambia la opinión de algunos respecto al Gaiás cuando llegan al poder y son ellos quienes disfrutan las jugosas comisiones que sin duda alguna se estarán cocinando...

carlosroca #4 21/Novembro/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pensa o ladrón que son todos da súa condición...;-)

Xabi1 #5 22/Novembro/2007 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai ocasións, caro Gaviotero, en que me pregunto se sabes realmente o que escrebes e tiven sospeitas de que carlosroca e máis ti erades a mesma persoa.
Gaviotero, presta atención, se dis "son ellos quienes disfrutan las jugosas comisiones que sin duda alguna se estarán cocinando...", estás recoñecendo nada sutilmente que os do teu partido, o PP, practicaban esa política, ou sexa, atrapar comisións e cartos para eles ou para o partido, ou ambas cousas á vez.
E, sí, todo é posible. Calculo que todas e todos sabemos cómo funcionan as economías dos partidos políticos porque os informes dos diferentes tribunais de contas son claros neste sentido e desde hai anos desfilan polos xulgados dirixentes e cargos de diferentes partidos para explicaren as, en ocasións, contabilidades creativas que desenvolveron. Claro, hai escepcións: de momento, o BNG non ten mácula.

carlosroca #6 22/Novembro/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moi boa suposición...vas para detective...;-)
Claro que son impecabeis as finanzas do BNG, así ven reflectido ano tras ano nos informes oficiais...mais iso non é noticia verdade?

charino #7 22/Novembro/2007 charino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estou de acordo con Xabi1 en que as finanzas do BNG non teñen mácula, pero sí nóminas, e abondosas como agora teñen moitos dos seus militantes. Liberados que agora se acubillan no ventre da administración, baixo caretas de técnicos, esperando a elevación suculenta dos seus niveis. ¿Será polo cambio climático? Mandilóns das galescolas agardando para votar nas asembleas de Boas Nóminas Grazas. Parafraseando a Castelao ¡Canto pesa e Como fede!

carlosroca #8 22/Novembro/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Claro, que hai que traballar sen cobrar un peso... a política logo para @s rentist@s... vaia supostos progres que volven coincidir cos demagogos PPeros e mais ainda con aquela tradición demagogo-franquista de non cobrar, que ven enganchar co anarquismo made in galicia,... en fin, a política non é lineal por iso os supostos extremos coinciden en mallar no BNG...

charino #9 22/Novembro/2007 charino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Caro CarlosPena, sen cobrar non, pero ir á política a enriquecerse é outra cousa, e esquecerse do programa electoral polo cal os votamos tamén. Nin anarquista, nin do PP. Os que vos fode agora ós do BNG é que somos moitos os cabreados coa política de merda que estades a fecer desde que chegachedes á Xunta.

carlosroca #10 22/Novembro/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Para ir a enriquercerse hai que ir a outros lares, e non ao BNG. É ben doado dicir determinadas cousas non suxeitas a contraste, e hai que lerse ben os programas...
En todo caso un discurso de semellante nivel non dá máis que para escatoloxía.
A por certo de onde sae iso de "Pena". Se é para dar leccións vai ao nomenclator da xunta e verás ;-)

charino #11 22/Novembro/2007 charino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Chamareite como queiras, carlospena ou carloroca. Comezamos a falarde Reganosa, Cidade da Cultura, Política Medioambiental, Lei de Minas...? Olveira en Vigo facéndolle o traballo no Plan Xeral á constructora de Karpin...? Contratos blindados como os de Castrillo...? Se queres podo buscar algunha razón para botar Bloque nas próximas eleccións. De momento as que tiña xa non as teño.

Manuelaldao #12 23/Novembro/2007 Manuelaldao
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#11 Con moito pesar estou dacordo. Casi se farían un favor os BNG non visualizando tanto o que fan/non fan.

carlosroca #13 23/Novembro/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Diante de prexuizos e difamacións diversas sen contraste, o imposíbel demostrar a non existencia: demostreme vostede que é honrado!!, como?? non será que hai que demostrar a acusación.
Se vendo cousas que non existen e negarse a asumir a realidade alguén está ledo que o disfrute.
Saúde (E claro que me chamo como queira, faltaria máis!)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: