Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Participación Agader e a USC

O Banco de Terras chega a Hungría

A consellaría mostra as experiencias galegas de xestión da terra no marco do Farland, unha iniciativa que fomenta o intercambio de iniciativas e aprendizaxes para acadar unha xestión integrada.

Redacción - 12:21 21/11/2007

A Consellaría do Medio Rural presenta estes días no foro da conferencia final do Farland, tres das experiencias acometidas en Galiza para tratar a xestión das terras: o Banco de Terras, as Unidades de Xestión Forestal e o proxecto da SAT de Villaverde, en Navia de Suarna.

No encontro, que se celebra durante toda esta semana en Hungría, presentanse os principais resultados do Farland, e organízanse seminarios nos que se analizan temas relacionados coa xestión de terras, entre os que figuran, ademais das iniciativas de Medio Rural, os proxectos da Axencia Holandesa DLG sobre Bancos de Terras e Xestión de Terras nos países do sur e do leste de Europa, así como o promovido polo LaboraTe da USC e o instituto holandés Alterra sobre Deseño dun Curriculum para Xestión de Terras.

Galiza participa neste proxecto a través da Consellaría do Medio Rural, representada por Agader e pola Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, e da Universidade de Santiago de Compostela, representada polo Laboratorio do Territorio do Departamento de Enxeñería Agroforestal. Están tamén presentes outras 11 organizacións de 7 países da Unión Europea, diferenciándose institucións implicadas na execución de instrumentos e centros de educación e investigación.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: