O colectivo considera que o bipartito pactou co PPdeG unha comisión “cara a galería”.
Preto de vinte persoas do colectivo 'Cultura sí, mausoleo non' concentráronse este mércores diante do Parlamento para denunciar a “farsa” da comisión parlamentaria. Os membros desta plataforma coidan que os tres partidos non quixeron depurar as responsabilidades penais e políticas que supostamente se derivan da xestión do Gaiás.
Dende a asociación consideran que é preciso unha auditoría para investigar se hai responsabilidades xudiciais. Mais cren que o bipartito quere pechar calquera as vías para unha “investigación seria”.
A Comisión fixo o que tiña que facer. A nosa discreta etnodiputada Pontón, tivo unha tarefa moi meritoria, merecendo un ascenso. O "macizo da raza", Aymerich, comportouse como correspondía e o trasacordado Leiceaga gañou méritos coa súa moderación. E os do PP apandaron, aínda que algo quixeron rabuñar. O Parlamento contou coa presencia de arquitectos de talla mundial e as comparecencias na comisión foron seguidos nas páxinas dos xornais subvencionados. Isto merece una nova suba de soldos para os nosos deputados/as.
Todo está investigado. As responsabilidades depuradas. O proxecto xa está reorientado. Viva o bipartito