Os partidarios de Álvarez dubidan de que o congreso que se celebrará este sábado conte con todas as garantías.
Máis de medio milleiro de delegados, en representación das 33 asembleas comarcais do SLG, decidirán este sábado en Compostela a nova dirección do sindicato nacionalista. Carme Freire e Xurxo Álvarez encabezan as candidaturas para suceder a Lidia Senra. Mais as semanas anteriores ao Congreso están a sacar á luz pública a existencia de dous sectores enfrontados abertamente.
A propia Lidia Senra anunciou o mes pasado que non se presentaría a reelección e daba a coñecer que Carme Freire presentaría unha candidatura. Aquel anuncio non gustou nun parte da organización agraria que consideraba que a até o de agora secretaria xeral quería deixar “todo atado”.
Este xoves o candidato Xurxo Álvarez puxo en dúbida a existencia dun proceso “limpo” de cara o congreso. Como exemplo, asegura que Lidia Senra non lle permitiu saír na revista “Fouce”. Por se isto fora pouco, tamén acusa á actual dirección de nomear delegados e representantes para a dirección nacional “sen facer asembleas”.
Fontes consultadas por Vieiros sinalan que o grao de enfrontamento entre as dúas candidaturas está a ser “visceral”. Carme Freire contaría co apoio do “aparato” sindical e tería a priori máis bazas para impoñerse esta fin de semana, entre elas a da propia Lidia Senra.
Para algúns o máis sorprendente é a tesitura na que se atopa a UPG (partido que ten un peso moi importante no sindicalismo agrario dende a década dos 70). Aínda que hai destacados militantes desta organización nas dúas candidaturas, Xurxo Álvarez conta co apoio do partido de cara ao Congreso do SLG.
O meu apoio a Lídia Senra e Carmen Freire. Chegará o dia em que a UPG e similares deixarám de foçar nas organizaçons sociais?
http://voxlupi.blogaliza.org/2...
Bainha, pero ti cres que hai diferencias? As únicas diferencias son as de ver quen queda co mando. O problema do SLG é precisamente ese, abandonouse o corpus ideolóxico e o que quedan son persoas.
#3 De onde tiras isso? Se fas umha procura no Google News atoparás umhas quantas novas, sobretodo com declaraçons do candidato apoiado pola UPG, nas que comprovarás que estám a se confrontar dous projectos mui diferentes: em quanto a objectivos e filosofia da organizaçom, em quanto a política de alianças e em quanto a independência.
Sorprendenme as divisións aludidas, pensei que habia unidade e máis diante da opción política nacional, o BNG.
Vexo que as derivas progres e demais trapalladas contra teóricas "ataduras" se dan en todas partes.
Agardo que impere o sentidiño e o SLG non retroceda no nacionalismo e a defensa do noso agro.
Gostaria de saber o que opinam @s trabalhador@s do sindicato. Tenho escuitado falar dumha precariedade laboral extrema e mesmo de practicas de mobbing. Alguns mesmo veriam com bons olhos o desembarco da U.
O desembarco da "U", non me fagas rir... tanto colegueo.. A UPG e a súa man escura o único que fan é deturpar calquer proxecto onde meten as gadoupas. O BNG leva anos padecendo deste tumor que non remite, e ameaza con dar o salto ao Sindicato, para convertelo nunha mera correa de transmisión da Consellería. A defensa dos intereses labregos non importan fronte aos réditos electorais, nin moito menos ter un sindicato que levante a voz cando o teña que facer. O día en que esta maquinaria obsoleta, pero enquistada, desapareza, ou cando menos perda o incontestabel poder que aínd posúe, poderemos avanzar sen ese duro lastre.. A independencia que sempre tivo o SLG fronte a calqueira entidade, galega, española ou europea, na defensa dos intereses do agro galego está en xogo agora. A candidatura do tal Xurxo é a ferramenta ideada nos laboratorios da UPG para controlar e silenciar a un sindicato de sempre reinvindicativo chegado o momento (por suposto ata cunha consellería dun partído político afín, como Medio Rural). É a tentativa de control absoluto vertical dun grupo nacionalista ancorado nos 70, da que o BNG se debe desprender pero non sabe como, e á que os afiliados e afiliadas do sindicato, agardo, chimpemos fóra da nos organización neste próximo congreso... A "U" pódena meter polo "C"u. Saúde e Terra
A independência do SLG vai caminho da que tem agora Adega, ou a CIG, ou os CAF,...
Mágoa, neste sindicato havia muitas pessoas bem preparadas, com muitos anos de luitas e que estavam a fazer muito. Agora como o inimigo não é o PP, senão os amigos, a cousa cámbia.
E olho, que o sindicato do PSOE, as UA, são um autêntico cancro pior que os Jóvenes Agricultores peperos. Agora que estavam a perder apoios em prol do SLG, o BNG decide "suicidá-lo".
Toda aquela merda do fragismo sabemos muito bem o que é. Os BNG + PE (nem Socialista, nem Obreiro) são a mesma merda com um matiz. Ademais TRAIDORES.
O BNG está a aprender muito do sócio de governo de como desmantelar cualquer organização e unificar a cor: AMARELO.
Espero que a boa gente se mantenha firme e refundem este "silencioso" mas importante sindicato.