Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
I CERTAME GALEGO, EN COMPOSTELA

Cal é a mellor banda de música do país?

17 agrupacións de todo o país participarán esta fin de semana no I Certame Galego de Bandas de Música. Búscase potenciar estas agrupacións e galeguizar o seu repertorio

Redacción - 10:27 23/11/2007

Comezan a chegar a Compostela trombóns, clarinetes, e flautas procedentes de toda Galiza. Esta fin de semana decidirase cal é a mellor banda de música do país no I Certame de Bandas, que se celebrará de venres a domingo no Auditorio. Foron seleccionadas 17 bandas, en concreto as de Vilalba, Padrón, Ortigueira, Rianxo, Cambre, Chantada, Teo, Rubios, Barbadás, Valga, Ribadumia, Xinzo, Salcedo, Meaño, Barro, Vincios e Merza.

A Consellaría de Cultura acordou coa Federación Galega de Bandas de Música a promoción deste certame, ao que se destinan 90 mil euros, co obxectivo de que se constitúa en punto de encontro para a posta en valor da música popular do país. Así mesmo, quérese galeguizar o seu repertorio coa recuperación de composicións antigas de autores galegos.

o presidente da Federación adiantou que se está estudando a posibilidade de celebrar "o vindeiro ano o I Certame de composición para música de banda con temática galega", unha demanda que dende hai moito tempo veñen realizando os membros do colectivo.

Programa do certame
O primeiro día do certame, o venres a partir das 20:00 horas, dará comezo a competición da sección terceira na que participarán a Asociación Cultural Banda de Música de Vilalba, a Banda Municipal de Rosalía de Castro de Padrón, a Banda de Música de Ortigueira, a Escola de Música e Banda Sementeira de Cambre e a Banda de Música de Chantada. Todas elas interpretarán unha obra libre e unha obrigada que corresponderá á Rapsodia Galega (2º movemento) de Xoán Montes Capón.

Ao día seguinte, a partir das 18:00 horas actuarán no marco da sección segunda a Banda de Musica Cultural de Teo, a Banda de Música Popular de Rubios, a Banda de Música do Concello de Barbadás, a Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia e a Banda de Música Xuvenil de Xinzo. Ademais da obra libre que terán que interpretar a elixida como composición obrigada será ‘A Creación' de Ángel A. Montes Abalde.A última xornada, que terá lugar o domingo a partir das 16:00 horas, acollerá na sección primeira á Banda de Música de Salcedo, a Banda Unión Musical de Meaño, a Banda de Música Xuvenil de Barro e a Asociación-Agrupación Musical de Vincios. Todas interpretarán a obra ‘Rapsodia Arousá' de Eligio Vila. E na sección especial actuará a Banda Artística de Merza coa composición ‘Hipófisis' de J. Javier Ces Calvo.


Documentos

4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: