O BNG coida que o goberno español debía ampliar a análise a todos os que colaboraron nas tarefas de limpeza e esablecer compensacións.
O debate sobre as consecuencias que deixou a contaminación do Prestige na saúde das persoas segue a xerar debate. O goberno español vén de anunciar un segundo estudo logo de que o primeiro, realizado polas universidades da Coruña, Madrid e Barcelona para o Instituto de Saúde Carlos III constatara a existencia de afectacións na saúde e recomendara facer un seguimento da poboación afectada.
O executivo estatal anuncioulle por escrito ao BNG este segundo estudo. Porén, os nacionalistas demandaban que se ampliara o mesmo a voluntarios e traballadores expostos ao fuel. Porén, o segundo informe seguirá a centrarse exclusivamente nos mariñeiros.
O primeiro estudo afirmaba que “os resultados actuais amosan un incremento do risco de síntomas respiratorios, hiperactividade bronquial, estres oxidativo, inflamación pulmonar, remodelado branquial e vascular e dano cromosómico asociado á participación na limpeza do fuel 1 a 2 anos despois da mesma”. Porén, o goberno español asegura que as conclusións non poden ser, de momento, tomadas como unha evidencia científica.
No escrito de resposta á petición do Bloque, o Estado elude respostar a dúas cuestións de suma importancia, que teñen que ver coas medidas médicas a adoptar e coas compensacións para aqueles que teñan afectacións severas.
Non, home, que segundo o candidato do pp nas vindeiras eleccións a natureza é sabia e absorve todo, que xa llo dixo o seu curmán, que iso é de apocalípticos, que somente eran uns fíos..
que oportunidades perderon para manter calado o ignorante ese.
Coñezo de primeira man a quen se encargou do primeiro estudo na Universidade da Coruña e sei cales son os resultados do estudo. Inda que os danos non son moi diferentes dos que pode padecer unha persoa que traballe, por exemplo, nunha refinería, deben de ser ter en conta. Debiase instar a realizar un chequeo preventivo a tódalas persoas que traballaron limpando as costas. Iso mínimo. Agora, tampouco se pode crear alarma social: as cousas na súa xusta medida.
Ah!, o estudo está publicado coma unha tese así que ten máis ca crédito científico. As persoas que lideraron o proxecto son dos mellores xenitistas (Biologos especializados na Xenética) que hai neste país e afirmar que o seu traballo cae fora da ciencia é un insulto. Eu estou orgulloso de aprender a profesión da man deles.
uns fíos, uns fíos... uns fillos de puta, iso é o que son.