Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LEI DE MEMORIA HISTÓRICA

Persoeiros da ditadura seguen a darlle nome a diferentes colexios públicos do país

A CIG, que lembra casos como o CEIP Francisco Franco de Beariz ou o Carmen Polo de Ferrol, pídelle á Consellaría de Educación que tome medidas.

Redacción - 18:40 23/11/2007

A simboloxía que exalta a persoas relacionadas coa ditadura militar pervive incluso en numerosos colexios públicos galegos. A CIG-Ensino está a desenvolver unha campaña que ten como fin a eliminación de toda a “simboloxía fascista dos centros de ensino”.

Dende o sindicato nacionalista consideran inconcebíbel que se manteñan nomes como o do Colexio de Educación Especial Carmen Polo de Ferrol ou o de participantes no golpe de estado e na represeión como é o caso do IES Almirante Salvador Moreno (Marín) ou o CPR Salvador Moreno de Pontevedra. Como exemplo máis explícito está o caso do CEIP Francisco Franco de Beariz, que está situado na rúa Carrero Blanco deste municipio ourensán.

Dende a CIG-Ensino subliñan que é absurdo pretender que os alumnos adquiran modelos de conduta democrática cando ao mesmo tempo nos seus centros se homenaxea a persoeiros relacionados coa ditadura. Por iso, solicitan que a Consellaría de Educación faga as xestións precisas para mudar os nomes.


4,2/5 (10 votos)


Comentarios (13)

Sara_Mago #1 23/Novembro/2007 Sara_Mago

"Persoeiros da ditadura seguen a darlle nome a diferentes colexios públicos do país"

"Persoeiros" e herdeiros da dictadura seguem a dar nome a muitas cousas e a controlar muitas cousas.

mceleiro #2 23/Novembro/2007 mceleiro

"Persoeiros da dictadura" estão a dirigir muitas escolas públicas e a maioria das privadas.

micsha #3 23/Novembro/2007 micsha

estos son como los nazis y comunistas: intentando borrar la historia para que no se conozca. Je. Vaya panda. Y vaya últimas portadas de Vieiros...desde que marchó Quintela esto va de mal en peor.

AGIL #4 23/Novembro/2007 AGIL

UMA NOTA À MARGEM:

AGIL #5 23/Novembro/2007 AGIL

Por que é usado tão desmesuradamente o verbo "seguir" em Galego?
1.- "Seguir" significa propriamente "ir atrás de". Em determinados contextos pode equivaler a "continuar".
2.- "Continuar" vale por "prolongar" ou "prosseguir".
No título do artigo deveria melhor ter-se usado "continuar":
«Persoeiros da ditadura CONTINUAN a darlle nome a diferentes colexios públicos do país».

Gaviotero #6 24/Novembro/2007 Gaviotero

Estos de Vieiros siguen anclados en la Guerra Civil...pobriños, cuando no se quiere narrar la actualidad porque no interesa lo que hay...las corruptelas de Quintana y compañía...

Gaviotero #7 24/Novembro/2007 Gaviotero

Por cierto, también hay colegios con el nombre del embustero de Castelao.

trapalleiro #8 24/Novembro/2007 trapalleiro

é unha vergonza ver eses patéticos nomes feixistas en institucións públicas, espero que sexan pronto modificados por ilustres personaxes da nosa cultura galega e da universal, que merecen o noso respeto e admiración como Castelao, e que tanto amolan ós que seguen vencellados ó réxime franquista xa que tanto e tan ben combateron ese período nefasto para a historia da humanidade.

OBSERVADOR #9 24/Novembro/2007 OBSERVADOR

Mais sobre os conservadores galegos:

http://www.agal-gz.org/modules...

papuxa70 #10 24/Novembro/2007 papuxa70

GABI,Miliki e outros pallasos espanhois...DIGLOSICOS DAS SILVEIRAS

mceleiro #11 25/Novembro/2007 mceleiro

Gaviotero, não estamos a aperceber, em que idioma falas? Eu uma vez fiz comentários em galego numa web coreana e tampouco ninguém me respostava....

Gaviotero #12 25/Novembro/2007 Gaviotero

¿Que Castelao combatió el franquismo? ¡¡¡Jajajaja!!! ¿Desde Buenos Aires? ¡¡¡Jajajaja!!! Además, de embustero, cobarde.

mceleiro, hablo en tu idioma materno. El mismo que utilizabas hasta que te empezaron a lavar el cerebro para que utilizaras ese seudoidioma estúpido que ni los propios gallegos reconocen. Payaso...

trapalleiro #13 26/Novembro/2007 trapalleiro

Desde Bos Aires, Nova Iorque, Montevideo... e por medio da sua arte, cando os precursores da dereita española, do teu partido máis concretamente, bailaban ledos o son do réxime.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: