O vicepresidente da Xunta sinala que é preciso que se impliquen tamén nesta tarefa os medios de comunicación.
Anxo Quintana aproveitou este sábado a entrega da segunda edición dos premios 'Eu tamén navegar', que recaeu na Marcha Mundial de Mulleres, para reclamar un gran pacto social que “erradique os malos tratos”. O vicepresidente cre que hai que dar un paso adiante e para iso pide a coordinación das administracións, da xustiza, dos corpos policiais, dos sindicatos e tamén dos propios medios de comunicación. Lembrou que no que vai de ano morreron cinco mulleres en Galiza e que se presentaron 2.451 denuncias por malos tratos.
Na véspera do Día contra a Violencia de Xénero, Quintana resaltou o compromiso do Goberno con este problema. Como exemplo puxo a aprobación da Lei Integral contra a Violencia de Xénero. O vicepresidente subliñou que esta normativa lonxe de ser un “punto de chegada” ten que converterse “nun punto de partida”.
Deixemosnos de tantos "pactos sociais", e feitos, non "promesas" nin pactos que non resolven nada, e menos privatizando os servizos sociais baixo a chamada "lei de dependencia", reducindo á familia -é dicer, a muller- a atencion aos chamados agora "dependentes", ou abrindo á xestion privada das residencias de maiores cos acordos coas Caixas de Aforros.
Quintana, deixate de "moderneces", que a polvora xa esta inventada: poñervos a tarefa de desmontar o machismo e as estruturas que mateñen: a violencia contra as mulleres é necesaria para manter co medo no corpo a un sector de clase traballadora, para manter a estructura fundamental da opresion, a familia patriarcal, e para aforrar diñeiro ao estados e a patronal: mentras a familia/a muller, continuen atendendo as fillos e fillas, aos enfermos e maiores, para que construir redes de xardíns de infancia, de residencias de maiores ou centros sanitarios, ... Xa temos as mulleres para facelo.
Calque pacto social que non parta do acordo sobre esto, é palabrería facil... non quero insultar; pero a hipocresía é o peor virus para un que se din de esquerdas (ben, creo que xa din que non é).
Algunhas medidas urxentes:
Non á redución da partida orzamentaria contra a violencia de xénero, recursos e medidas suficientes para as mulleres agredidas.
Casas de acollida de xestión pública sen requerimentos de entrada, que funcionen as 24 horas, sen discriminación por papeis, por opción sexual ou por enfermidade.
A obriga dun emprego fixo para as mulleres maltratadas.
Persecución da explotación sexual
Creación de redes de solidariedade para a autodefensa e axuda mútua.
Depuración do aparello xudicial de xuices franquistas.
> Medidas para a prevención da violencia de xénero e a emancipación da muller:
Laboral: emprego fixo para todas e con igual salário que os homes. Garderías públicas. Non á lei de dependéncia que nos responsabiliza do cuidado de nenos, anciáns e enfermos.
Sanidade: polos dereitos sexuais e reprodutivos, aborto libre e gratuíto garantido pola seguridade social.
Educación: educación sexual e de xénero no ensino obligatorio; combate dos estereotipos das mulleres; fora a relixión das aulas.
Papeis: nengunha muller debe ser ilegalizada. Papeis para todas.
Estas son algunhas ideas para ese "pacto social", se realmente é un pacto social e non o que normalmente fai este sr: declaracions para a galería.
Ben por "ulo". Deixádevos de seguir ós socialista, cristiáns de pro coma Vázquez e Bono, e aprobade declaracións, leis, publicacións, cartaces ou o que queirades que conteñan as medidas que propón ulo.
Lo del "pacto social" es una forma que tiene Quintana de darse autobombo y hacerse la foto aprovechando el gran problema social que es la violencia doméstica.
Lo que tiene que hacer es promulgar leyes, tomar medidas y dotarlas de fondos que permitan evitar en la práctica dicha violencia.
El problema viene cuando no se quiere resolver el problema sino, simplemente, ganar las próximas elecciones.
Dentro de un par de años analizaremos los resultados, no de las leyes promulgadas ni de los "pactos sociales", sino de las víctimas de la violencia doméstica.