Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
BRUTALIDADE CONTRA UN ANIMAL

Denuncian na Fiscalía a dous veciños de Muxía que mataron a coiteladas un cocho bravo que caera ao mar

Adega, a Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia tamén demandan sancións administrativas.

Redacción - 12:41 25/11/2007
Un cocho bravo no monte / Foto: jose_arias (flickr)

Un cocho bravo no monte / Foto: jose_arias (flickr)

Manuel García e Pedro Silva, dous veciños do concello de Muxía, poden acabar nos tribunais logo de dar morte a coiteladas a un xabarín que caera ao mar e intentaba volver a terra na zona de Cabo Touriñán. Os feitos, recollidos nunha reportaxe xornalística, tiveron lugar o pasado día 11 de novembro e causaron unha forte indignación entre as asociacións ecoloxistas. Logo de que a Asociación pola Protección Animal Abeiro anunciara que ía poñer o caso en coñecemento do Seprona, agora Adega-Trasancos, a Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia-Ferrol formularán novas denuncias diante da Fiscalía Xeral de Galiza e na Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

Os denunciantes sinalan que o cocho bravo recibiu un trato brutal até a morte. Tamén cabe lembrar que cando se produciron os feitos non era día de caza (xa que era cuarta feira e a normativa só permite esta práctica en quintas e domingos). A isto hai que sumar que non se empregou unha arma regulamentaria e que o xabarín, como peza de caza maior, precisa dunha autorización especial.


4,54/5 (13 votos)

Comentarios (9)

Jatopardo #1 25/Novembro/2007 Jatopardo

Menos mal que algúen reacciona!!! eu cando lin a noticia quedei espantado. Colleron ao pobre animal que estaba perdido polo mar, e en vez de axudarlle, perseguíronno con saña, chantáronlle un gancho e acoiteláronno até á morte. Incriblemente, os periódicos contaban esta barbaridade coma se fora unha fazaña.

Grazas a Abeiro, Adega, Verdegaia, SGHN. Nin un crimen maís contra os animais sen castigo!

sozinho #2 25/Novembro/2007 sozinho

A condena debería ser exemplarizante. Pero mentres a sociedade adore cada vez máis a cazadores e aos coches, pouco haberá que facer. Ademas das grazas ás asociacións, tamén aos xornalistas que retrataron tan fielmente o suceso e fixeron posible a súa denuncia. Se as motivacións foron retratar unha fazaña ou un suceso curioso, non se trasluce do texto. Saúdos e que caian moitas denuncias máis dos excesos dos cazadores.

Jatopardo #3 25/Novembro/2007 Jatopardo

Falando de cazadores, ¿a alguén parécelle lóxico que poñan un programa de caza (Couto vivo) os sábados ás 3 da tarde na Televisión de Galicia?, ¿qué clase de sociedade é esta que non se escandaliza porque unha televisión pública mostre, con pelos e sinais como reventar un corzo ou como exterminar un xabarín? Despois algúns quéixanse de que retransmitan os toros polo Plus ás 5 da tarde. Pois os da Televisión Galega non quedan moi atrás.

OBSERVADOR #4 25/Novembro/2007 OBSERVADOR

É a notícia da Koz o que dá nojo. Esse jornalista deveu sair de uma jaula para macacos...

maleiro #5 25/Novembro/2007 maleiro

"y ya beis con que cortesía" e pulimento tratan os de LA Voz (sibvencinada por nós) esta "noticia".
Manda carallo!!

maleiro #6 25/Novembro/2007 maleiro

Oes...dame noxo!!

Jatopardo #7 25/Novembro/2007 Jatopardo

Iso mismo é o que comentei na miña primeira mensaxe. Lendo a noticia en La Voz de Galicia, esta barbaridade que fixeron co xabarín presentábanna como unha aventura. De verdade, os periodistas ás veces dan noxo.

Menos mal que hai asociacións defensoras dos animais que teñen bastante máis corazón co sufrimento alleo que estes periodistas, e parece que estes dous acoiteladores de Touriñán alo menos van pensalo dúas veces antes de volver a facer o que fixeron.

A pena é que a tortura que fixeron pasar a ese pobre animal xa non ten volta atrás.

outrolector #8 26/Novembro/2007 outrolector

O meu apoio aos denunciantes!! , e vergoña para os redactores de "La Voz de ......." pola súa miopía e falta de sentido e gusto. Dame lástima que sexa un xornal con moitos lectores pero que vai de mal en peor enchendo cada vez máis páxinas con autobombo (que bos son, cantos premios lles dan, que guapiño e independente é o Fernández-Latorre...), con sensacionalismo e animaladas; contidos lamentables que malamente se ven equilibradas por algúns opinantes capaces e dignos - o único que vale o que custa.

signatus #9 26/Novembro/2007 signatus

Muito me alegro! Assi lhes caia o pêlo! http://chuza.org/chios/signatu...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: