Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
CAMPAÑA DA AFNLG

Unha cuarta parte das adegas xa etiquetan os seus viños na lingua do país

A Asociación de funcionarios pola Normalización promociona o consumo de produtos na nosa lingua.

Redacción - 13:45 26/11/2007

Dunha ducia de adegas que etiquetaban o viño na nosa lingua no ano 2003 pasouse a 115 dun total de 440 que existen en Galiza. Este foi o resultado de moitos anos de traballo e insistencia da Asociación de funcionarios para a Normalización Lingüística no seu obxectivo galeguizador. Agora, de cada ao Nadal, pon en marcha unha campaña para fomentar entre os consumidores a compra de viño etiquetado en galego.

A campaña, co lema 'Deixa que o viño fale. Escolle un viño etiquetado en galego' aparecerá proximamente nos medios de comunicación para suxerir que se mostre o apoio aos viticultores que apostaron polo idioma, como un xeito de compromiso co galeguismo alén do ritualismo.

O secretario da asociación, Xosé González, explicou que existe unha receptividade cara a este tipo de campañas a prol da lingua porque hai unha conciencia de país oculta que hai que saber aproveitar. O galego, neste caso, é un elemento de irmandamento e non de conflito. Por iso, a intención da asociación é trasladar esta campaña a todos os sectores relacionados co consumo, pois son os consumidores os que teñen maior capacidade de decisión e os que poden marcar a pauta na normalización lingüística.

A campaña conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellaría do Medio Rural, aínda que para próximas iniciativas esperan contar co apoio doutras consellarías. A idea é estender a normalización a outros eidos do sector agroalimentario, onde se concentra unha parte importante do cooperativismo galego, uns 30.000 traballadores, segundo González.


4,36/5 (14 votos)


Comentarios (14)

BonKarallan #1 26/Novembro/2007 BonKarallan

A noticia correcta é:

SOAMENTE unha cuarta parte das adegas etiquetan os seus viños na lingua do país.

Parece que aínda non fala moito o viño.

Gaviotero #2 26/Novembro/2007 Gaviotero

Yo no compro vinos etiquetados en gallego, no vaya a ser que compre lo que no es.

condedecotobade #3 26/Novembro/2007 condedecotobade

Sempre pensei que ti serías máis de Brandy Osborne. Non te preocupes, xa merco eu a túa cota e así compensamos

RiQee #4 26/Novembro/2007 RiQee

#3 apuntome, eu tamén lle collo a sua cota...

Maeloc-do-Rouco #5 27/Novembro/2007 Maeloc-do-Rouco

Ha que ser bem Paifoco pra dizer o que dixeste "Gaviotero"... e ha que ter um complexo de inferioridade, um auto-noxo, umha falta de dignidade e um degoiro subliminal de violencia verbal pra aldraxar aos demais que nom che colhe dentro...Gostaras mais da lingua propria de Guadalajara ou Plasencia que da lingua propria de Lugo ou Melide, mais umha pessoa que "presuma" de conhezer outras linguas, umha pessoa que se diga minimamente culta, EDUCADA (este e outro tema) e RESPECTUOSSA nom posse dizer o que voce diz e tirar pra diante como se fosse tam normal...Nom se pode eludir o presente sem o conhecemento e a analise dos factos historicos, nom se pode ser tam IN-educado e tam falto de clase, de "sportmanship" que dim os ingleses...Nom se pode abusar da propria ignoRRANCIA, nom se pode ser tam BRUTINHO...

Nenodapobra #6 27/Novembro/2007 Nenodapobra

Gaviotero

Yo no compro vinos etiquetados en gallego, no vaya a ser que compre lo que no es.
POIS VEVE MEXO

maraghota #7 27/Novembro/2007 maraghota

Nom se fixo o mel para a boca do burro.

BonKarallan #8 27/Novembro/2007 BonKarallan

Non hai ninguén peor que o que renega de si mesmo e das súas orixes. Pódense ter ideas distintas e ata contrarias. Pero non se pode ser un traidor.

Non o compras, porque non vaia ser que compres o que é: UN VIÑO GALEGO. O que se avergoña de ser galego e das cousas boas que temos, non merece nin sequera ser persoa (nin un burro tampouco).

Gaviotero #9 28/Novembro/2007 Gaviotero

Compro vino gallego etiquetado en español, que al fin y al cabo es la lengua de Galicia y de toda España.

Maeloc-do-Rouco #10 28/Novembro/2007 Maeloc-do-Rouco

Gaviotero, os teus preconceitos contra o galego som de verdadeiro ULTRA...Umha coussa e a opiniom critica e outra o desprezo e a provocazom de balde...No teu caso e tam triste que se reduce tudo a simples brutalidade, nem sabes nem queres saber, nem queres nem sabes querer...

Gaviotero #11 28/Novembro/2007 Gaviotero

Maeloc-do-Rouco, no se trata de ideas preconcebidas contra el gallego. Se trata simplemente de la defensa de la libertad. Por eso estoy siempre frente a ti. Pero no te preocupes, me encanta tener a los totalitarios enfrente. Cuantos más, mejor.

serbia #12 28/Novembro/2007 serbia

Pero de que liberdades ti falas? Tes liberdade para insultar, para mercar viño en castelán, para opinar...
Que saberás ti da liberdade???

BonKarallan #13 28/Novembro/2007 BonKarallan

Por iso estás sempre diante do espello, para ter aos totalitarios enfronte?

Maeloc-do-Rouco #14 29/Novembro/2007 Maeloc-do-Rouco

Gaviotero: Segues a amosar coma um brutinho e pouco mais, nem liberdade nem "farrapos de gaitas"...A liberdade exige respecto e considerazom mesmo na desavinza e tu andas nas antipodas disso e de qualquer minimo da decencia...Es um exemplo de mesianismo, paranoia conspiratoria (YO-YO Y YO contra TODOS...que valiente) e do fenomeno que no Estado Espanhol se deu em chamar o "franquismo sociologico", reflectido na arrogancia das tuas respostas e na teima em lixar o conceito de liberdade pra tapar a boca ao feble fronte ao poderoso sem o mais minimo argumento razoabel nem o pertinente siso intelectual pra sustentar os seus arroutos...E aind apor riba o pior de tudo: UM MAL-EDUCADO...UM B-R-U-T-O QUE PRACTICA O MATONISMO VERBAL (agardamos que fique nisso, ainda que com discursos e falares coma o seu nom sei que pensar)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: