A asociación que preside Carlos Callón poñerá tamén á disposición do público un enderezo de correo electrónico.
A Mesa pola Normalización Lingüística abre unha liña telefónica e unha conta de correo electrónico para recibir queixas, consultas ou parabéns sobre os dereitos da lingua en empresas e institucións. A liña do galego constitúe un “proxecto estrela” da Mesa, segundo o seu presidente, Carlos Callón.
O responsábel da entidade explicou que aínda hoxe non está sentada “a idea de que en Galiza hai dereitos lingüísticos, tanto individuais como colectivos” e que “moitos galegofalantes consideran normal a exclusión da súa lingua”. O número 902 10 64 74, dispoñíbel de 8.00 a 22.00 horas os días laborábeis, e o correo linhadogalego@amesanl están abertos á recepción de mensaxes, das que a Mesa garante a súa confidencialidade, aínda que “non tramitará chamadas nin correos anónimos”.
A Mesa xa recibía unhas 600 queixas, que espera “superar amplamente” coa posta en marcha do novo servizo. Ao remate do ano redactará un informe para diagnosticar a situación da lingua e propoñer melloras para o seguinte exercicio.
¡Ah! ¡Qué bien! Mis primeras propuestas:
- Derogación del decreto del gallego.
- Fin de las subvenciones a la Mesa por la Falsificación Lingüística.
- Libertad para el uso del castellano en las administraciones y en la educación.
Seica non tes nin liberdade para usar o galego na educación, administración e incluso neste foro?
O problema non é o uso, senón a túa pouca educación.
Pues no, serbia, no tengo libertad para usar el gallego en la educación ni en la administración. En este foro sí, faltaría más...
ranciadas, los judíos también eran considerados culpables en la Alemania naci. Naci, nacionalista...¿te suena?
Na educación??? Non sei, que eu saiba non tiveches problema no "colexio" para usar o castelán... E os teus "fillos" (hipotéticos) non se vén privados de aprender castelán... a non ser que co brandy soberano que tomas cos guardas civís alucines un pouco de máis.
Sobre os xudeus... a cidadáns alemáns negábaselles a cidadanía atendendo a criterios sociais, relixiosos, lingüísticos ou raciais. No estado español hai dúas clases de cidadáns, españoles cristianos que hablan castellano e os demais. Ollo, que de Nacis saben moito no PP algúns dos seus militantes, vénlles de familia...
Por certo, na administración: imposíbel usar o galego para:
renovar o DNI
renovar o pasaporte
renovar o carnet de conducir
requerir servizos consulares
(...)
deixa o brandy que non por beber cos picoletos var rematar botando un ferrete con eles...
Vasnos matar de risa. Primeiro esas parvadas que teñen algúns como os de jalisia bilingue de salvar o castelán,eses Quixotes patéticos.
e logo trasnadas como o de naci.. e logo os nacionalistas hespañois? son do mesmo naci..? Paridas.
Galiza no seu idioma: o galego. E logo a practicar idiomas que está moi ben, pero o primeiro é o primeiro.
Alguén sabe por que leva dous meses sen saír a revista Longa Lingua que edita A Mesa, o último número é o de setembro.
Parabéns á Mesa por abriren esta liña de teléfono. Todos temos sufrido aldraxes por usar a nosa lingua, e en certos sectores empresariais coma a Banca é moi difícil usala. Un consello: non facerlle caso a Gavioteiro, non está o nivel, nin por cultura nin por sensibilidade.
Hoxe mesmo xa teño unha denuncia para facer.
Acabo de recibir unha comunicación do Sergas para que pague as costas dunha atención en urxencias por un accidente de tránsito.
O impreso que teño que cubrir cos datos do veículo, etc, todo en perfecto castelán.
serbia, te contestaría, pero por tus respuestas ya veo que no vives en Galicia o que formas parte de la mierda totalitaria que pretende imponernos el gallego de forma fascistoide y miserable.
Lástima que no lo vais a conseguir porque pensamos defender la libertad frente a nacis como tú.
Cando se recorre ao insulto e a certas palabras poucos argumentos debe haber. É unha mágoa que non se saiba manter un rexistro ou que o respecto se perda á mínima. Pero a iso, por desgraza, xa estamos afeitos os que andamos decote por estes sitios.
Por outra banda, parabéns á Mesa pola súa iniciativa. Por fin alguén a quen acudir para defender os dereitos que teño e que moitas veces foron pasados por alto (incluso polas nosas propias administracións).
naci-onanista hespañol moito gostas das novas en galego!!
estás enfeitizado polo noso idioma.. normal...
trapalleiro, pásate al menos al gallego y déjate de idiomas inventados para fanáticos lusistas. Y encima, en Portugal no os quieren ni ver...¡jajaja!
Gosto moito dos idiomas, e sobre todo dos que me resultan máis próximos como o portugues e o español, idiomas irmans do meu: o galego. Despois de todo, somos todos dialectos do latín. Unhas linguas influen en outras e a mestizaxe é unha riqueza, ou pensas que ti falas un perfecto español? jajajaj tes o complexo dos nazis con orixe xudeu,
non te preocupes, o desprezo a calquer lingua é de parvos, e en tódalas familias hai sempre algún.
Gavioteiro, saberás que o que prohibiu case 40 anos o galego era amigo dun nazi co que quedou en Hendaya, pra tomar un algo , ese si que era nazi e non nós.