Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
FRANCESCA BONNEMAISON, XOVES 29 DE NOVEMBRO ÁS 19:30

Pensar a nación desde Mitteleuropa, Israel, Galiza e Cataluña

Idith Zertal, Simona Skrabec, Helena González e Margarita Aritzeta debaten sobre as identidades nacionais.

Redacción - 13:00 27/11/2007

O propósito desta mesa é abrir debate sobre o concepto de nación na súa complexidade e desde realidades diferentes: repensar a cuestión identitaria nacional, o concepto de nación estado e o federalismo, os conflitos nacionais, o papel dos pobos de Europa e, singularmente, como participan as mulleres na construción dunha identidade nacional. Ao remate da mesa preséntanse as versións catalás dos libros La nació i la mort, da historiadora israelí Idith Zertal, e L'atzar de la lluita, da eslovena Simona Skrabec. A mesa será presentada por Josefa Contijoch.

Idith Zertal, historiadora e profesora de estudos xudeus na Universidade de Basilea, é unha das voces críticas de Israel. Na súa análise continúa a mirada crítica de Hannah Arendt cando denunciaba que o nacente Estado de Israel estaba abocado ao conflito perpetuo se se constituía a partir da consideración dos palestinos como os inimigos. Idith Zertal analiza como condicionan os mitos fundacionais do actual Israel apoiándose na memoria do holocausto para a xustificación da ocupación e na dialéctica da confrontación.

Simona Skrabec, especialista en literatura, analiza no seu libro o concepto de Mitteleuropa na actualidade, e o papel decisivo que tivo a literatura recente para crear unha xeografía imaxinaria entre a Europa occidental e a Europa do leste.

Helena González, profesora de literatura galega na Universidade de Barcelona, é especialista en literatura galega, xénero e nación. E Margarita Aritzeta, escritora, especialista en literatura catalá e profesora da Universitat Rovira i Virgili, é autora de varios traballos sobre escritores catalán do exilio.


Mesa redonda: Pensar a nación desde Mitteleuropa, Israel, Galiza e Cataluña

Xoves 29 de novembro ás 19:30 h

Centre de Cultura de Dones Francesca Bonnemaison
Sant Pere Més Baix, 7 | Barcelona

Entrada de balde.


2.6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: