SLG e ADEGA entregan as conclusións das Xornadas da Minaría aos tres grupos da Cámara para que poidan ser incluídas na norma. O PPdeG presenta unha emenda á totalidade.
A Lei de Ordenación da Minaría comezou este martes o seu trámite parlamentario coa presentación das emendas ao texto, elaborado pola Consellaría de Industria e aprobado polo Consello de Goberno, por parte dos tres grupos da Cámara.
Tamén, o Sindicato Labrego (SLG) e mais ADEGA aproveitaron a xornada para entregaren a populares, nacionalistas e socialistas as conclusións das Xornadas da Minaría organizadas o pasado mes de outubro en Vilalba (poden ampliar esta información no Canal Verde de Vieiros), e que poidan ter constancia na lei.
BNG e PSdeG rexeitaron a emenda á totalidade presentada polo PPdeG. A norma pasa agora a ser debatida en Comisión, e posteriormente volverá a pleno para ser ratificada ou rexeitada.
Regularizar máis do 50% das explotacións alegais
Fernando Blanco, deputado do BNG e conselleiro de Industria, defendeu o texto xa que vai "pechar a cadea de valor da actividade extractiva galega", reforzará a inspección de riscos laborais e impulsará a creación do Consello da Minaría e dun rexistro desta actividade.
A nova lei reducirá nun 90% a superficie habilitada para realizar exploracións. Blanco asegurou, ademais, que esta actividade estará condicionada "por razóns de prioridade ambiental", que contará cun corpo de inspectores para velar do seu cumprimento.
Tamén, lembrou que hai 214 concellos no país que desenvolven algún tipo de actividade relacionada coa minaría, así como un total de 500 explotacións, das que 277 (máis do 50%) están por regularizar, situación de alegalidade que mudará coa aprobación desta norma, primeira do Estado dende que en 1973 se ditou a lexislación básica.
O PPdeG pide a legalización automática
Neste senso o PPdeG, por medio do seu voceiro de Industria, Anxo Bernardo Tahoces, cuestionou a utilidade da lei ante una posíbel actualización da norma estatal, e pediu a legalización automática de todas as minas que no estean na Rede Natura e que só lles falte a licenza municipal. Así, afirmou que o texto "deixa sen resolver a situación de inseguridade xurídica na que están inmersas" estas empresas.
"En 16 anos tiveron tempo abondo para legalizalas", replicoulle o deputado socialista Manel Gallego, que acusou os 'populares' de presentar a emenda á totalidade co obxectivo de adiar a norma, malia "a imperiosa necesidade de regulamentar o sector".
Cada día os Conselleiros do BNG sorpréndenos cun novo cambio de chaqueta. A sensibilidade ecolóxica dos mesmos só é comparable á de aquél Conselleiro que dicía que os eucaliptos eran un millo grande. ¿Chamabase algo de... Blanco?
A verdade é que o apoio do BNG ao plan acuícola, á instalación de novos parques eólicos en Galicia, á creación de varios portos deportivos, e agora á Lei de ordenación da minaría, fan pensar que o respecto deste partido polo medio natural quedou en nada. Pois mira que pensei neles como a "gran esperanza blanca" do medio natural galego, pero nada de nada, e ben que o sinto.
Por certo, ¿alguén sabe as razóns que levaron ao BNG a negarse a reprobar hoxe no Congreso dos Deputados a unha persoa tan incapaz e prepotente como a ministra Magdalena Álvarez?
eu participei nas xornadas sobre a minaría organizadas en vilalba polo slg e adega, e teño que dicir que boa parte das eivas que en ditas xornadas se atoparon con respecto á lei, foron tidas en conta e tiveron eco na redaccion definitiva desta lei. sobre a necesidade de aprobar dita lei, é de caixón, que unha actividade cun impacto medioambiental tan grande ten que someterse a unha regulación polos poderes públicos, e non moverse na lei da selva que imperaba ata o de agora. as propias organizacións ecoloxistas da galiza, se congratulan pola redacción desta lei, aínda que todos debemos estar alertas para asegurar o seu estricto cumplimento,só así poderemos asegurar que será unha boa lei. dende o punto de vista laboral, dicir que lle dá seguridade ós centos de postos de traballo que estaban coa espada de damocles do peche das canteiras, (que se legalizaran revisandocaso por caso) ademais de mellorar a seguridade laboral coa creación dos inspectores de minas, figura que debería existir fai tempo e que ten as competencias de inspeccion laboral nas minas e canteiras, (inspección de traballo non podía aceder a revisar as instalacións dunha canteira).
evidentemente se se cumple escrupulosamente con esta lei teremos avanzado moito, no plano industrial, laboral e tamén no ambiental.
noraboa ó bng pola valentía de sacar adiante esta lei pioneira no estado español.
en canto as razóns da negativa á reprobación da nefasta magdalena, dicir que a tres meses das eleicións se lles vé o plumeiro demasiado a quen solicitaba tal reprobación. por que non a pediron ata o de agora? por que nos tocou ós galegos termar da súa incompetencia?
é mellor salvarlle a vida durante tres meses e apañar o compromiso en materia de transferencias.
A politica de legalización das canteiras, que teñen un custe ecolóxico elevadísimo e a penas crean riqueza, mostra a política practicada polo bipartito, máis próxima ós intereses particulares das empresas e dos empresarios que ós seus propios votantes. ¿En qué difire esta idea de "progreso" da do PP? ¿Porqué nace Galicia Non se Vende? Me parece que se necesita unha reflexión moito máis fonda do que se quere para Galicia, máis alá do mero exercicio do poder e das súas prebendas.
Estimado Afonsoriscos,
A solicitude de reprobación de Magdalena Álvarez foi solicitada por Izquierda Unida/Iniciativa per Catalunya. Verds.
Esta solicitude de reprobación foi apoiada por:
IU/ICV
PP
CIU
ERC
CC
Volvo a dicilo, sigo sen entender a negativa do BNG a reprobar a Magdalena Álvarez.
non entro na necesidade ou non de reprobar a unha ministra que como dixen é nefasta, o que eu digo que a súa reprobación só tería algunha consecuencia en termos eleitoralistas, máis non en termos de mellora da xestión do seu ministerio, xa que estamos a tres meses das eleicións e aínda que o goberno a cesara, que non tiña por qué facelo, o seu sustituto ou sustituta, pouco podería facer.
eu entendo que a estas alturas o mellor servizo para galiza é o de tentar sacar algo en positivo, neste caso no tema de transferencias, a cambio de salvarlle a cara a unha persoa que por outra parte xa está defenestrada políticamente, ou é que alguén aínda pensa en que no psoe son tan necios como para mantela no posto nun hipotético novo goberno?
o dito, a cambio de nada, transferencias e autogoberno.
isto chámase pragmatismo.
e sigo a decir que cando fixo falta en galiza, para algún deses grupos era unha ministra fabulosa. (IU/IV, ERC, CIU, etc.)
con respecto ó tema que nos incumbe das canteiras, somentes dicir que dende un ponto de vista meramente social, a riqueza que crean non se mide só en termos económicos senon tamen de fixación da poboación, que falta nos fai.
outra cousa é o nível de desenvolvemento persoal que permiten este tipo de traballos, extremadamente penosos, moi mal pagados económicamente e cunhas condicións laborais lamentabeis.
outro tema é a asunción da necesidade de pechar calquera tipo de explotación, polas consecuencias ambientais que producen.
por desgraza, na sociedade actual, por mal que soe, fan falta este tipo de materiais, polo tanto, se non se extraen aquí os traeremos doutro sitio, por canto trasladaremos o problema aló, e a nosa sociedade egoísta poderá seguir a vivir tranquila nun oasis de beleza e benestar.
ou cambiamos o noso modo de vida ou asumimos as súas consecuencias.
non nos podemos permitir ser axentes colonizadores coma foron con nós e aproveitarnos dos recursos alleos sen sufrir nengún tipo de consecuencia.
extracción sí, nos sitios adecuados e coa obriga de rexeneración do espazo afectado, cousa que non se está a facer.