Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REPROBACIÓN DE MAGDALENA ÁLVAREZ

Quintana forza a transferencia de Tráfico a cambio da cabeza da ministra

Zapatero telefonou ao vicepresidente galego horas antes da votación e comprometeuse a desbloquear, con datas concretas, as negociacións sobre competencias.

R.V. - 14:17 28/11/2007
Magdalena Ávarez

Magdalena Ávarez

A ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, salvou a cabeza no último momento. Horas antes do pleno no Congreso os teléfonos non paraban de bruar. Finalmente, foron 173 os deputados que apoiaron á ministra e 170 os que pediron o seu cesamento. Dous dos votos máis disputados foron os do BNG. Os nacionalistas venderon caro o seu apoio e non desvelaron até o último momento o sentido do seu voto.

As frenéticas negociacións comezaron o mesmo martes. A media mañá, o presidente español, José Luís Rodríguez Zapatero, ordenoulle ao secretario de Estado de Relacións coas Cortes, Francisco Caamaño, que se puxeran en contacto co líder dos nacionalistas galegos, Anxo Quintana, para lograr o apoio dos dous deputados en Madrid. Durante as negociacións incluso houbo unha pequena conversa telefónica entre Zapatero e Quintana. Pouco despois, o voceiro nacionalista no Congreso, Francisco Rodríguez, comezaba a negociar as condicións do voto a favor da ministra.

Fontes nacionalistas aseguráronlle a Vieiros que o acordo é moi beneficioso para o país. O primeiro paso adiante refírese ás competencias de Tráfico (que asumiría a Policía Autonómica). O goberno español comprometeuse a desbloquear a situación actual. De feito, o vindeiro día 3 de decembro vai haber unha comisión no Parlamento de Galiza para consensuar entre os tres grupos as condicións das transferencias.

O segundo punto acordado é unha reunión en Moncloa entre José Luís Rodríguez Zapatero e Anxo Quintana que tería que celebrarse antes do 15 de decembro. Na mesma poranse enriba da mesa outras transferencias que están bloqueadas como é a de Salvamento Marítimo, a de Inspección de Traballo ou as competencias en arquivos históricos e museos que aínda son de titularidade estatal.

Tamén se apalabrou a sinatura dun segundo convenio co Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais antes do 15 de xaneiro. Este acordo suporá un ingreso de 53 millóns de euros, en concepto de débeda histórica, para artellar os servizos galegos de benestar. Por último, o goberno español comprométese a ceder o número telefónico 065 (de titularidade estatal) para o servizo de transporte adaptado que vai pór en marcha Vicepresidencia.

Magdalena, a ficha para volver á primeira liña política

O BNG atopou unha ficha extraordinaria para xogar na política estatal. Dende a propia organización frontista subliñan que a reprobación de Magdalena Álvarez serviu para “centrar a Galiza na política estatal e que os cidadáns vexan que a presenza do Bloque en Madrid é moi útil para o país”. Na casa nacionalista coidan que a ministra é unha política “nefasta” que está “acabada politicamente” por iso engaden que “nós con reprobala non conseguiamos nada e apoiándoa, conseguimos desbloquear competencias importantes para o noso autogoberno”

Pero máis aló do importante paso adiante dado en materia de competencias, a xogada tamén ten un claro fondo político, máis se se pensa que faltan menos de catro meses para as eleccións estatais. O BNG esforzouse por manter a Anxo Quintana en primeira liña de relación co Estado. Porén, o vicepresidente amosou o seu desgusto polas constantes trabas á hora de conseguir transferencias. Dende a organización frontista coidan que o propio PSdeG non estaba demasiado interesado en que prosperaran as xestións de Quintana. Cabe lembrar que aínda hai poucas semanas os socialistas galegos aseguraban que competencias como a de Tráfico non eran prioritarias. Ademais, os socios do bipartito non eran moi partidarios de que se escenificase un encontro entre Zapatero e Quintana. De feito, o presidente español nunca recibiu ao vicepresidente galego como tal, algo que agora terá que facer antes do día 15 de decembro.


4,8/5 (44 votos)

Comentarios (47)

condedecotobade #1 28/Novembro/2007 condedecotobade

A verdade é que a primeira vista semella unha boa xogada do BNG. Está ben que de cando en vez as circunstancias nos favorezan, máis tan perto dunhas eleccións nas que o Bloqeu terá que xogar a carta de que defende os intereses galegos en Madrid.

xoselado #2 28/Novembro/2007 xoselado

Con todos os respectos, a min esta forma de facer política non me convence nada de nada("Real politik").Se merece ser reprobada a sra Magdalena Álvarez, que non sei que conlevaría,pois debería ser reprobada polo BNG, senón non. Eso de que, pese a que a Ministra sexa un desastre, co meu voto (vendido) doulle o meu apoio para conseguir algo a cambio, por moi xustas que sexan as miñas reividicacións, lémbrame aos partidos ao uso, tipo coalición canaria nos seus mellores tempos. Esta é a forma de facer política do BNG? En que se diferencia do resto dos partidos?

xesta #3 28/Novembro/2007 xesta

Tampouco gosto desta forma de facer política, e esta ministra non é nen foi boa para Galiza.

bainha #4 28/Novembro/2007 bainha

Maña parlamentar
http://xgaliza.blogspot.com

subela #5 28/Novembro/2007 subela

Desta forma polo menos sacamos algo en limpo, ademáis aínda que a ministra fose reprobado o goberno non ten obriga legal de cambiala.

independencia #6 28/Novembro/2007 independencia

Caralludo!Hoxe estamos mais preto da independencia!
2 e 3 Coido que a ministra e parva de todo,e ainda por riba ben farruca,pero pensades 2 e 3 que unha madrileña mais lista seria mellor para Galiza.Ese si que e un pensamento rexionalista....

Garrano #7 28/Novembro/2007 Garrano

Que esta ministra nin é nin foi boa pra Galiza? Totalmente dacordo, mais a hora de negociar cóido que o BNG, e vindeiras ocasións ten que facer valer unha clausula anticortina de fume ou antimanipulación do PSOE. O cachondo foi oir na Radio Galega como abrian informativos coa nova das conquistas de Quin chegando o mediodía e como logo na TVG semellaba ser todo o contrario, ou unha contestación a esta información na que o conselleiro de traballo, Ricardo Varela (non sei a conto de que este conselleiro), afirmaba, fóra do contexto e do enunciado da noticia, que o apoio do BNG non alteraba a "folla de ruta que o goberno de España ten para Galicia". En que quedamos logo? Se o BNG consigue o q consigue (que polo oido na RG non foi pouco) para que logo vaian 4 pimpins do PSOE a recociñar a nova para a TVG dandolle completamente a volta a máis do xeito máis chafalleiro que se miro en tempo, para que nos valeu todo isto? Para que nos valeu ter tantas pasta transferida a entrevista con ZP etc, se unha das partes ningunea no que pode a "conquista política do BNG"? Pra vindeira vez que negocien a difusión da noticia. Se os do PSdeG din amén a todo o que lle chega de Madrid, na vindeira negociación que inclúan os do BNG unha clausula antizancadilla informativa. Se non de que lles vale?

barrequebarre #8 28/Novembro/2007 barrequebarre

Esta ministra xa está politicamente morta. Se apoiando que estea no sillón un par de meses máis se consegue unha contrapartida como esta, a xogada é claramente favorable para Galicia. Lástima que en vez de dous deputados do BNG non fosen oito, como CiU ou PNV.

Anxo #9 28/Novembro/2007 Anxo

A reprobación non valía de nada, pois seguiría no cargo, e co farruca que é ista xa verías que como saise reprobada cos votos de BNG íanos paralizar todas as obras de Fomento esta a realizar, dame igual se conseguiron pouco ou moito, o acertado e conseguir cousas para eso están os políticos para facer política. E que a nova a pinten de cores cada quen como lle dea a gana, o caso e que o asinado se cumpra e punto. Logo o tempo pora como sempre a cada quen no seu sitio.

Paiogomes #10 28/Novembro/2007 Paiogomes

E o PP aliándose cos independentistas catalás de ERC e CIU para botar á ministra? Rajoy do ganchete de Carod? Ou co extremismo esquerdista de IU? É a deriva do PP a posicións radicais?

ranciadas #11 28/Novembro/2007 ranciadas

A ministra é impresentábel, pero a xogada do BNG creo que é intelixente. Os bascos e cataláns tamén moitas veces votaron contra Galiza e non pasou nada e xa non digamos os "progres" esquerdistas? de IU coa planta de gas de Xixón en contra da de Ferrol. Ben polo BNG!!!

carlosroca #12 28/Novembro/2007 carlosroca

Algo nos falta cando non nos aledamos de optimizar a nosa forza parlamentar.
Foi unha xogada política estupenda, a mesmiña que as dos orzamentos e moitas outras que fixeron Olaia e Paco estes anos.
Entre o derrotismo progre e o optimismo lelo do españolimos está o camiño que percorre o BNG: tirar o mellor rendemento posíbel para Galiza dos nosos escanos.
E deber dos/as bos/boas e xenerosos/as recoñecelo para que se poida reflectir nos resultados das vindeiras eleccións.
Parabéns e adiante.

Lead_bocas #13 28/Novembro/2007 Lead_bocas

Independentemente de que a presunta "xogada" xa estaba mais que pactada hai semanas, antes do debate sobre a Crise de Barna, da súa mesquindade política e doo seu electoralismo barato e dereitoso...Queridos patriotas,
vos estades retratando nestes comentarios como o que sodes. A ver se desta arrasades na raia seca!

Reganosa demolición!

carlinhos77 #14 28/Novembro/2007 carlinhos77

feijoo, pero que listo me es, sera por un plato de caldo nom de lentelhas!!!bem se onde comen as gaviotas,,,

Pablinho #15 28/Novembro/2007 Pablinho

Caralludo!!

Nos dan as transferencias en tráfico, mais pospoñen a chegada do AVE a Galiza ate o 2020...

BonKarallan #16 28/Novembro/2007 BonKarallan

Para unha vez que se ten a tixola polo mango, hai que aproveitarse, que a saber o que nos depara o futuro.

galegodelugo #17 28/Novembro/2007 galegodelugo

Pareceme cando menos "estraño" que non se apoie o cese dunha das responsables actuais de que o AVE non chegue a Galicia. Que lles fixeran a chantaxe a cambio de datas concretas.

mceleiro #18 28/Novembro/2007 mceleiro

Competencias em tráfico? Ou seja, que agora nos multarão picoletos com outro uniforme. Prioritario, afofé que sim.

A cambio traicionar aos catalans e manter no ministério a esta inepta que tanto faz por Galiza. Estupendo. Viva a chantagem rastreira, ao puro estilo dos partidos regionalistas da direita. Assim se faz política.


Vieiros, menos triunfalismo, menos pre-campanha.

A2b2 #19 28/Novembro/2007 A2b2

... un día virá o PP e diralles aos do BNG: "Señores del BNG, si me apoyan la moción de que FRANCO ES BUENO y fué el primer demócrata de la España contemporanea", ..... negociamos las competencias de "XXXXXX", ... e irá o BNG e votará a favor da moción....

A eso non se lle podría chamar PROSTITUCIÓN POLÍTICA?????

¿Acaso xa está despenalizada a prostitución???

A2b2 #20 28/Novembro/2007 A2b2

O AVE non chegará a Galicia ata o 2020. Pero quen rexenta o Ministerio que ten a competencia dos transportes ferroviarios???
Vendémonos por un plato de lentellas!!!
¡Que vergoña!
Esto non é negociar os Presupostos do Estado; esto é prostituirse!

Roi_Batti #21 28/Novembro/2007 Roi_Batti

mellor quedamos como estamos. non?

BonKarallan #22 28/Novembro/2007 BonKarallan

A prostitución está despenalizada desde a época de Noé.

Tes razón A2b2. O BNG debeu presionar máis e se cadra ata conseguír a presidencia en Galiza.

nonsoneu #23 29/Novembro/2007 nonsoneu

A ministra quédanlle tres meses, con rexeitamento ou sen el.

Gaias #24 29/Novembro/2007 Gaias

O BNG con so 2 deputados consegue mas cartos e transferencias de competenzas para Galiza que o PSOE e PP xuntos.
Aqui e cando se ve quenes defenden os intereses dos galegos e quenes non. Touriño nada fixo para conseguir a transferenza de competenzas, o PP de Feijoo e Rajoy, moitos galegos, pero nin cartos,nin autogoberno,boicot a un estatuto galego de primeira,etc.
O BNG representa a voz e os intereses de todolos galegos, o resto de deputados galegos, so cumplen as ordes que lle mandan os seus partidos que so miran para Andalucia e Cataluña PSOE, e Madrid e Valencia o PP.
Adiante BNG!

Jatopardo #25 29/Novembro/2007 Jatopardo

A min segue sen convencerme a xogada que fixo o BNG. Galicia ten que recibir competencias porque ten dereito a elas, non porque lle teñamos que salvar o cu a ningunha ministra impresentábel..

Por outro lado, non creo que aos cataláns lle faga moita graza o que acaba de facer o BNG, ¿gustarianos a nos que nunha votación sobre o Prestige os cataláns nos deran a espalda a cambio dunhas competencias que lle prometera o governo de Aznar?

Eu creo que esto que fixo o BNG e pan para hoxe e fame para mañán. Esperemos que os partidos cataláns non nos fagan pagar a traizón que acabamos de facerlles.

dumiense #26 29/Novembro/2007 dumiense

A efectos prácticos votar a favor ou en contra tería o mesmo significado, aínda que o PSOE non gañara a votación o fin da ministra está claro, as eleccións.

Así que polo menos sacar proveito, non o vexo mal, que queredes que vaiamos de parvos toda a vida. Que ben sería ter 15 deputados do BNG en Madrid, como lle cambiaría o conto ao PSOE e ao PP.

Jatopardo #27 29/Novembro/2007 Jatopardo

Dumiense, a efectos prácticos o que fixemos é deixar co cu ao aire a IU/ICV que foi quen pediu a reprobación da ministra, e sobre todo de CIU e ERC que son os que están a sufrir con máis forza a incompetencia e chulería de Magdalena Álvarez, esperemos que en vindeiras datas non nos pasen a factura.

En canto as competencias esas famosas que Zapatero nos vai "regalar", dous apuntes:

1.- Galicia ten dereito a elas, por tanto, e inadmisíbel que nolas den coma unha contraprestación a cambio do voto do BNG.

2.- Acaba a lexislatura e dubido moito que haxa tempo a transferir esas competencias.

Eu este negocio non o vexo por ningún lado.

Gaviotero #28 29/Novembro/2007 Gaviotero

Quintana, que va de listo, es tan parvo que no se ha dado cuenta que Zapatero, después de apuñalar por la espalda a los de ERC, les va a apuñalar ahora a ellos...

El compromiso del PSOE se limita a desbloquear las negociaciones, que no las transferencias en sí mismas.

Pero bueno, el que no se consuela es porque no quiere.

masarica #29 29/Novembro/2007 masarica

Paréceme unha xogada moi intelixente por parte do Bloque xa e co apoio á ministra conseguirá o traspaso de competencias que, nestes momentos, estaba bloqueado, e co apoio á reprobación non se conseguiría nada porque non sei si sabedes que é un acto simbólico que non obliga ó goberno a destituir á ministra. Por tanto bravo!!

condedecotobade #30 29/Novembro/2007 condedecotobade

Quintana a quen deixou co cù ao aire é a Tourinho. Por iso no PSdG andan tan preocupados en restarlle importancia ao acordo. Por suposto que é só para desbloquear a negociación, se fose xa a transferencia sería para andar festexando con champán a xogada, pero ao meu entender, o máis importante é que o BNG conseguiu demostrar que pode ser relevante no Parlamento Espanhol se se dan as matemáticas adecuadas. E Gaviotero, sentíndoo moito nas próximas eleccións espanholas ides levar un bo golpe...

Freixo #31 29/Novembro/2007 Freixo

A xogada é boa. O PSOE vai quedar preto da maioría abosluta nas vindeiras eleccións, co que a capacidade de influencia dos nacinalismos na política do estado será menor.
Por outra banda só hai que ler os comentarios de gaviotero e ve-los informativos de Teletouriño para saber que no PP e no PSdG sentoulles como unha patada no cú.

Gaviotero #32 29/Novembro/2007 Gaviotero

A ver si os enteráis los simpatizantes del BNG...¡¡¡QUINTANA NO HA LOGRADO NADA!!! La legislatura está acabada, de forma que cualquier acuerdo sería papel mojado. Pero es que de todas formas, el acuerdo no habla más que de "desbloquear las negociaciones", lo cual no quiere decir que se vayan a conceder. Simplemente, se van a reanudar las conversaciones, que durarán 15 días, porque el 12 de enero se disuelven las Cámaras.

Manuelaldao #33 29/Novembro/2007 Manuelaldao

O fin xustifica os medios. Pois veña cada quen a mirar polo seu.

Jatopardo #34 29/Novembro/2007 Jatopardo

Freixo, ¿ti pensas que esta noticia lle sentou mal ao PP? penso que estás moi equivocado. No PP están contentos como pitos que agora están acusando acusar ao Psoe de "venderse a los nacionalistas que quieren desintegrar España".

E tin non sabes o que vende este discurso no Barrio de Salamanca. Vamos, esta noticia venlle caralludo ao PP cara as Xerais de marzo.

carlosroca #35 29/Novembro/2007 carlosroca

Encantame o activo que está Gaviotero, é a mellor demostración do fondo dano que fixo o BNG coa súa magnifica negociación. Acadou un resultado óptimo por unha confrontación política que nada tiña que ver, localizada en Cataluña, e situada nas infrestuturas catalanas. Unha votación que só tiña significado político, e de ter gañado o cesamento, que beneficios prácticos teriamos tirado?

Por outra banda, ningún grupo, nin Cataluña, pode dicir nada ou é que eles ao tomaren as súas decisións piden permiso, non verdade?.

E ademais xa llo dixo Quintana nun acto de Galeuscat (CiU) e ben que o aplaudiron: Amigiños si, mais a vaquiña polo que vale (http://www.youtube.com/watch?v...

E xa veredes como isto non lle afecta en nada aos nacionalismos en Rede do Estado, calquera dos outros xa fixo o que ven de facer o BNG.

Saude e País...e se proe botade crema ;-)

xacataca #36 29/Novembro/2007 xacataca

AVE no 2020?

Ogallá non chegara nunca! Ou seica é un medio mellor para que a xente emigre máis rápido?

AVE (Alta Velocidade para Emigrar); E o que quere ir de Ourense a Ferrol, ou de Lugo a Pontevedra, que lle dean.

Trens de cercanías de calidade, xa! Vertebremos o NOSO país.

O AVE á "Meseta", só serve para que os madrileños veñan de paparota a Galiza, ou para que o AMO de La Voz vaia conspirar á capital do Reino.

Brais #37 29/Novembro/2007 Brais

O PP e o PSOE están doentes é lóxico. É evidente que se escenificou perfectamente a importancia de contar con deputados nacionalistas en Madrid. Hai que ir a polo grupo parlamentario.

Anxo #38 29/Novembro/2007 Anxo

Foi unha grande xogada a do BNG, senon mirade os vosos comentarios, o BNG contento co que consegue, o PSdG-PSOE contentos por salvar a súa Ministra, e o PP contentos porque dín que esto desprestixa ao BNG. Se todos están contentos porque se dí que foi un mal acordo. Ou e que estan todos a rabechar pola xogada?

Freixo #39 29/Novembro/2007 Freixo

Jatopardo, os gavioteros do Barrio de Salamanca calquer cousa lles vale para dicir "se rompe Ejpaña".
Pero dándolle a volta ó teu argumento, a ver como explican en "Fachadolid" que votaron unha moción xunto coa ERC de JOSE LUIS Carod Rovira.

Jatopardo #40 29/Novembro/2007 Jatopardo

Freixo, o gavioteiro hai tempo que estou convencido que o único que persegue é chamar á atención. En canto ao PP, teñen tantas posibilidades de gañar as eleccións coma eu de que me toque a Primitiva esta semana, co agravante de que non creo que haxa moitos que queran tratos con eles en caso de que necesitaran apoios (lembras a Feijoo pedindo ao BNG que pactara con eles nas municipais?).

Eso si, como a ilusión é o último que se perde, andan os populares agarrándose a calquera cousa para facer oposición, pero creo que o mesmo Rajoy sabe que nunca será presidente. Vamos, e non fai falta ser adivino.

Gaviotero #41 29/Novembro/2007 Gaviotero

Daba pena ver al peripatético de Francisco Rodríguez salvando a la Ministra del "Plan Galicia de mier..."

Así es como defiende sus intereses, que no los de Galicia, el BNG.

http://radikaleslibres.blogspo...

No me extraña que después del papelón de ayer, por 10 milloncejos de euros, hayáis tenido que salir todos en comandita a defender al trasnochado Paco Rodríguez y demás acólitos sociatillas. Porque eso son al fin y al cabo, alfombrillas para ser pisoteadas por los socialistas.

¡Qué pena dan! Y aún querrán darnos lecciones de galleguismo...

BonKarallan #42 29/Novembro/2007 BonKarallan

Están todos descontentos pero din que están contentos. Igual que cando se fai o reconto nas eleccións. Todos din que gañan e resulta que perden.

En política, a mentira chámase diplomacia ou política. Non actúan ben, tampouco admiten que actúan mal. Fan política.

Gaviotero #43 29/Novembro/2007 Gaviotero

Freixo, en el PP no somos tan sectarios como vosotros, y no tenemos el mayor problema en votar mociones con quien sea, siempre y cuando estén alineadas con los principios del Partido Popular.

Lo que no vamos a hacer nunca es apoyar mociones que vayan en contra de nuestros intereses.

Y tampoco diremos que hay "más de un motivo" para reprobar a una ministra:

http://www.lavozdegalicia.es/e...

Pero que no la reprobamos porque nos han comprado por 10 millones de euros más una reunión en La Moncloa:

http://www.lavozdegalicia.es/g...

Jatopardo, echar la primitiva porque te va a tocar...En todo caso, el que sabe que jamás podrá ser otra cosa que alfombrilla de los socialistas es el vendido de Quintana. O socialista travestido, que también me vale...

afonsoriscos #44 29/Novembro/2007 afonsoriscos

home, dicir a estas alturas que non foi boa xogada!!
52 millóns de euros para o sistema galego de benestar, que manexa o bloque, desbloqueo de competencias paralizadas por que o psoe lle tiña medo ó rédito que o bng lle pode tirar a acadalas, e o protagonismo mediático que se lle está a dar, dunha soa tacada xa está ben, máis o mellor de todo é o ben que lle debe de parecer ós e as farmaceuticas pola cantidade de antiácidos que estan a mercar as xentes do psoe e pp para dixerir o feito de que quedara en evidencia que a pesares da pequena forza que ten, o bng pode chegar a ser decisivo na capital do estado español.
en canto ós cataláns, escusan reprochar nada ó nacionalismo galego, xa que eles son os primeiros que defenden os intereses da súa nación, e non é a primeira vez que eses intereses están enfrontados ó da galiza.

ranciadas #45 29/Novembro/2007 ranciadas

Se a gaivota fascista esta que ronda por aquí está que rabexa, é o síntoma perfecto de que o BNG fíxoo moi ben. Tomade Almax os popularras e os sociolistos, e a ver se Vieiros o bota xa porque xa pasa de abondo o poñer ligazóns de lixo ultradereitistas, xenófobas e antigalegas.

carlosroca #46 29/Novembro/2007 carlosroca

Gaviotero, senon existiras haberia que inventarte, segue animandonos.
Ao meu peque doulle unha crema moi boa que che pode server para o proido que che sae con isto, recomendocha?
E para Rajoy un baño relaxante que semellante ta..ta..tatexada que boutou hoxe demostra o que acerto o BNG.

Cachaldora #47 12/Decembro/2007 Cachaldora

Paréceme caralludo o que fixo o BNG; coido que foi unha idea acertada; estamos a falar de política, e eiquí xóganse as cartas doutro xeito; agora toca negociar para acadar a maior rendibilidade posíbel.
O obxectivo priritario de Galiza é poder prosperar o máximo de xeito incial, e afortalar a independenza de funcionamente respecto do estado español; toda vez que iso ocorra xa se poderá ser máis constante nas posturas mantidas inicialmente. O ministra nada fai por Galiza, pois daquela, xa que non nos dá ren, pois quitémoslle mediante unha negociación; xa temos máis fondos para xestionalos dacordo coas nosas necesidades.
Parabéns ao BNG.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: