A Xunta pediralle ao Estado unha reforma lexislativa que garanta o dereito das nais a decidiren "libre e voluntariamente".
O Parlamento aprobou esta cuarta feira, cos votos en contra do PPdeG, unha iniciativa en que se lle pide á Xunta que se dirixa ao Estado para abordar unha reforma lexislativa que garanta o dereito das mulleres a decidir "libre e voluntariamente" ao respecto da interrupción do seu embarazo.
A proposición non de lei, presentada polo BNG e emendada polo PSdeG, pide que a norma garanta este dereito "en todos os centros hospitalarios da rede sanitaria pública, efectuada con todas as garantías, de maneira que se preserve a saúde sexual e reprodutiva das mulleres, singularmente das mozas e inmigrantes, coas accións oportunas".
A iniciativa aprobada finalmente non recolle algunhas das partes da proposta do BNG que a súa deputada Ana Pontón considerara fundamentais, tal como que a interrupción do embarazo se puidese efectuar "até as 16 primeiras semanas de xestación" ou que os "motivos de obxección de conciencia" non puidesen impedir o dereito das mulleres.
Intervencións das deputadas
"Se nós parimos, nós decidimos", resaltou a parlamentaria do BNG na súa intervención, en que advertiu de que a decisión de continuar ou non cun embarazo é "íntima e persoal", e de que o papel das administracións "non é xulgar, senón respectar" esas decisións. "Os poderes públicos non deben estar para controlar a moral", concluíu.
Pola súa banda, a deputada socialista Laura Seara recoñeceu que a actual lexislación sobre o aborto "é insuficiente" e apuntou que no ano 2005 se rexistraron en Galiza un total de 2.225 interrupcións voluntarias do embarazo. A popular Susana López Abella cualificou de "electoralista" a proposición do BNG, e preguntouse por que non a presentou no parlamento español.
Pero que decida pronto e non espere a máis de 30 semanas como ocorre nunha clínica de Barcelona.
É interessante ver como, por asfixiante imersão ideológica ambiental, a esquerda mais "alternativa" assume a lógica do egoísmo inerente ao capitalismo mais mercantilista, e dá o nome de "liberdade" à auto-afirmação insolidária produto dessa ideologia egoísta.
"Se nós parimos, nós decidimos". Valeria o mesmo tipo de lógica para entregar os direitos individuais dos nenos em mãos dos seus pais? ("Se eu o mantenho, fará o que eu lhe ordene".)
Mais mostras da normalidade da assunção da ideologia do egoísmo personalista capitalista: "Os poderes públicos non deben estar para controlar a moral".
Ah, então a moral não é cousa da esquerda? Os poderes públicos não deveriam então controlar os conteúdos televisivos, ainda que as televisões e encham de programas da máquina da verdade com maridos ciumentos à procura de demonstrar "ante toda España" o "rameiras" que são as suas mulheres por sabe-se lá o quê. Regular o que os meninhos devem ver na tele? Não se metam com isso, que seria regular a moral!
Eu penso que agora que acaba de coñecerse que hai clínicas que están a facer abortos a nenos de sete e oitos meses é momento de facer un pouco de autocrítica e non de dicir: "eu son muller e fago co meu corpo o que quera". Co teu corpo si, pero non co dun rapaz completamente formado sete ou oito meses, por moito que o leves na barriga.
Concordo. Tamén se podería dicir "eu fago co meu asalariado o que quero (que para iso é un morto de fame ó que lle dou de comer) e a Xunta non está para xulgar senón para respectar". Curiosamente obsérvase un achegamento ideolóxico de todos os partidos en cuestións soicoeconómicas pero, nun intento de salvar a "matrícula de esquerda", preséntase como debate definitorio da oposición esquerda/dereita asuntos coma este, nos que, por contra, caben diversas posicións desde calquera das dúas perspectivas políticas.
Parece ser o "sino" dos novos tempos... A "diferença" está nas cousas simbólicas. A "esquerda" e a "direita" esnafram-se nos USA por se há que rezar ou não nas escolas enquanto economicamente (e socialmente, que é o que a "esquerda" devia atender o país vai a pique. Na Espanha (e por extensão na Galiza) importa-se esse modelo: o importante é colocar a bandeirita (yo soy de centro, me gusta España; y yo soy progre, me gusta que la gente folle), enquanto o dinheiro contante e soante, e a qualidade de vida, passam completamente desapercebidas no debate político, e o que é pior, uns e outros fazem a mesma política.
Sodes un fato de machistas encubertos de izquierdosos! que carallo nenos de oito meses! pero de que carallo tedes que opinar! ou agora saiuvos a todos unha cona? eu flipo con esa xente que anda querendo igualar os xéneros e mestura cebolas con patacas (por exemplo). Seremos iguais, pero somos diferentes, e até o de agora sen saber o que é parir, caladiños estabades mellor! eu flipo, de verdá... pandilla de retrógrados do carallo!
Estoy de acuerdo con Orlando. El que no tenga vulva, a callarse, cojjjjjjones.
En España el aborto no es un derecho,es un delito. Esto es lo que hay que cambiar y despues garantizar el derecho en la sanidad pública
Mira Orlando, machista seralo ti, paiaso, polo visto, tamén. En canto ao teu pasotismo polo aborto aos 8 meses de xestación, dicirche que non hai un só país en todo o planeta que permita semellante barbaridade. Agás persoas coma ti, todo sea dito. Debe ser que eres o único de "esquerdas" do Planeta.
Ninguén falou de nenos de 8 meses... porque 16 semanas non son tanto. Non teño máis nada que dicir, porque aquí bota todo cristo a lingua a pacer sen saber nada de nada. Só que estou dacordo con sanquera. Unha vez legalizado, para todos os supostos, as cousas mudarían. As persoas teñen dereito a unha sanidade pública. Tamén as mulleres, que son persoas, aínda que moitos lectores de Vieiros non o vexan así. Vaia panorama e que fácil é insultar.
Orlando, o primeiro que insultou a alguén foches ti dicindo que "Sodes un fato de machistas encubertos".
En canto ao dos oito meses, tamén falaches ti dicindo: "que carallo nenos de oito meses". E para min iso é unha barbaridade, vamos, para min e para calquera.
¿Qué se debería fixar un límite máximo de semanas (eu non sei cantas porque non son médico) e de ahí para abaixo que calquera muller puidera interromper o embarazo sen ter que dar explicacións, agás un examen psicolóxico para cercionarse de que o fai con plena conciencia e que non está obligada por ninguén? Estou dacordo.
Agora ben, creo que o coñecido esta semana de clínicas que abortan, sen reparos, nenos de até oito meses, creo que merece unha crítica sen que ninguén teña que acusar a outro de machista.
Jatopardo,
Não te surprendas, não há nada novo baixo o sol. O mais parecido com um fascista da direita é um fascista da esquerda; e hai-che bastantes.
(Uma característica definitória do fascista é que se arroga o poder de repartir "pedigrees"; o pedigreee da esquerda, neste caso).
E que de verdade Majorinus, non sei a que ven o poñerlle etiquetas á xente por opinar de forma diferente sobre un determinado tema.
Un saúdo.
Ana Pontón: "Se nós parimos, nós decidimos"
La cuestión, Pontonilla, es: ¿y quién eres tú para decidir sobre otra vida humana?
Polo que semella estamos todos de acordo en que abortar ós oito meses é unha barbaridade.
Persoalmente, eu penso que calquera aborto é unha barbaridade. É un asasinato, simplemente. Non ten máis. Aquí todos queremos que nos respeten, pero logo moitos apoiamos que se lle prive a un ser humano do DEREITO Á VIDA, que está moi por enriba de calquera outro dereito, por enriba do dereito de autodeterminación, dos dereitos lingüísticos, do dereito ó ensino, do dereito a...
Ser abortista non é ser de esquerdas, senón todo o contrario, é ser de dereita, e dereita ben retrógada. É pensar que podemos decidir sobre a vida doutras persoas, é atacar ó ser máis indefenso que existe, é un auténtico asasinato.
A esquerda sempre foi defensora dos débiles, dos oprimidos, dos privados dos seus dereitos. Agora a esquerda teñe complexo e cre que ten que ser abortista para amosarse en contra do puñeteiro nacional-catolicismo.
Defender ó recén nado non é de cristiáns nin de dereitistas, é simplemente de persoas. NON PÓDENSE NEGAR ÓS DEMÁIS OS DEREITOS QUE UN QUERE PARA SÍ.
Por certo, a frase da Ana Pontón é do máis feixista que existe. Non pode ser máis noxenta.
Desculpade o calentón, pero é que non entendo como pode haber xente que pense así.