Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
O estudo de impacto ambiental da concentración está en período de exposición pública

ADEGA denuncia ante o SEPRONA unha concentración parcelaria en Vilatuxe (Lalín)

A Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) ven de denunciar ante o Seprona de Lalín o inicio dunha concentración parcelaria na parroquia de Vilatuxe (Concello de Lalín). Membros do Seprona confirmaron a ADEGA que o inicio das obras carece dos permisos preceptivos, como por exemplo un estudo de impacto ambiental necesario por afectar ao LIC (Lugar de Interese Comunitario) Serra do Candán, pertencente á Rede Natura. A empresa responsable da desfeita é “Francisco Gómez y Cia S.L.” de Touro, posiblemente subcontratada por SPI con enderezo en Santiago de Compostela, adxudicataria das obras.

ADEGA - 01:15 29/11/2007
Tags:

O estudo de impacto ambiental da concentración está en período de exposición pública dende o día 2 de novembro durante 30 días hábiles. Ao non estar rematado o prazo de exposición pública nin emitida a correspondente declaración de impacto, a empresa adxudicataria dos traballos está cometendo irregularidades graves que deberán ser obxecto dunha sanción exemplar por tratarse dun espazo natural protexido.

Neste senso, ADEGA esixirá ás consellerías competentes, Medio Rural e Medio Ambiente así como ao Concello de Lalín, a inmediata paralización das obras e a apertura dos correspondentes expedientes sancionadores.


3/5 (6 votos)


Comentarios (1)

botanico #1 29/Novembro/2007 botanico

Penso que há que reflectir o feito de que somentes esta nova, que supóm umha "contrainformaçom" para salvar-lhe a cara à conselharia do meio rural, logo de umha nova já publicada no canal verde, tenha óco na capa principal de vieiros, quando a nova original nom o tinha.
o bng nom é esencialmente bom (igual que psoe e pp), e até franco pretendia fazer país (o seu claro)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: