Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
XOVES 29 E VENRES 30

O I Encontro de Poetas Galegos reúne en Lugo a vinte dos máis destacados autores do país

RNE, que retransmite a través de Radio3 os recitais e debates, organizará eventos semellantes en Cataluña e Euskadi

Redacción - 13:10 29/11/2007
Tags: lugo poesia

O I Encontro de Poetas Galegos celebra o xoves 29 as súas dúas primeiras sesións, que contarán, ademais, coas actuacións musicais de Fran Pérez, Xabier Díaz e Luis Emilio Batallán. Radio Nacional de España retransmitirá todo o evento a través do seu programa La Estación Azul, emitido en Radio3 e dirixido polos poetas Javier Lostalé e Ignacio Elguero.

A primeira sesión, presidida polo alcalde de Lugo Xosé López Orozco, comezará ás 12 horas e contará coa participación de Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Suso Pensado, Luz Pozo Garza e Claudio Rodríguez Fer. A segunda, presentada por Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura, terá lugar a partir das sete da tarde e reunirá aos poetas Xosé María Álvarez Cáccamo, Manuel Álvarez Torneiro, Arcadio López-Casanova, Chus Pato, Ana Romaní e Xavier Seoane.

Finalmente, a terceira e derradeira sesión será o venres 30 ás 19 horas e reunirá a Vicente Araguas, Darío Xohán Cabana, Miguel Anxo Fernán-Vello, Ramiro Fonte, Salvador García-Bodaño, Luís González Tosar e Manuel Rivas. O Ministro de Cultura, César Antonio Molina, que tamén participará na mesa de debate que acompaña ao terceiro recital, será o encargado de clausurar o evento, que forma parte dos actos de conmemoración do aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade


3,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: