Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓNS

Touriño di que o apoio do BNG á ministra foi un “sacrificio” que fortalece o bipartito

Dende a formación nacionalista cren que no PSdeG teñen “celos” do “peso estatal” do Bloque.

Redacción - 18:51 29/11/2007
Touriño asegura que estivo ao tanto das conversas entre Quintana e Zapatero

Touriño asegura que estivo ao tanto das conversas entre Quintana e Zapatero

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, referiuse este venres ao apoio que o BNG lle prestou ao goberno español para evitar que o Congreso reprobase á ministra de Fomento, Magdalena Álvarez. Logo do Consello da Xunta, Touriño agradeceu publicamente que o Bloque “axudase co acto de sacrificio”. Para o presidente galego a actitude dos nacionalistas demostra a cohesión do bipartito. Diante das reiteradas preguntas dos xornalistas, Touriño negou que teña celos do movemento dos nacionalistas e que tampouco estea preocupado polo encontro que terán en breve Rodríguez Zapatero e Anxo Quintana.

O máximo dirixente dos socialistas galegos tamén relevou que estivo informado en todo momento das negociacións entre o executivo español e o BNG para axilizar o traspaso de competencias a cambio do apoio a Magdalena Álvarez. Nese sentido, Touriño quixo marcar o seu propio terreo político ao aformar que soubo das negociacións antes de que comezaran e que este mesmo xoves falou telefonicamente con Zapatero.

Case ao mesmo tempo que Touriño intentaba restarlle trascendencia as negociacións dos nacionalistas co executivo estatal, o coordenador executivo do BNG, Francisco Jorquera, mandáballe un aviso aos socialistas: “os celos, na política e na vida, nunca foron bos”. Mais Jorquera aínda foi máis aló ao dicir que “se confundirían” os socialistas galegos se tratan de minimizar os froitos do pacto.

Acción e reacción
As horas posteriores ao acordo entre o BNG e o goberno de Zapatero foron frenéticas en Galiza. Dende a organización frontista traballaron arreo para difundir os logros do pacto entre a opinión pública. O primeiro en tratar de minimizar os resultados obtidos foi o propio secretario de organización do PSdeG, Ricardo Varela, que asegurou que as contrapartidas conseguidas polos nacionalistas “non modificarán a folla de ruta” do bipartito en relación coas competencias.

Mais o certo é que o acordo dos nacionalistas con Zapatero estabelece datas concretas para o desbloqueo das negociacións e un compromiso de que se pechen algunhas transferencias antes das eleccións xerais de marzo. Non menos importante, dentro das tácticas políticas dos dous partidos, é o feito de que Zapatero acceda a recibir a Quintana en Madrid a menos de tres meses dos mesmos comicios, algo que os socialistas galegos coidaban que non ía acontecer.


4,14/5 (7 votos)

Comentarios (16)

BonKarallan #1 29/Novembro/2007 BonKarallan

A quen había que sacrificar era a "Magdalena Mantecada dos Buratos" pero a todo porco chégalle o seu San Martiño.

Tino #2 30/Novembro/2007 Tino

Mentres o PSdG se encarga de dinamitar o bipartito (FEGAMP, eleccións dos directores xerais das caixas galegas, etc, etc) é o BNG o q turra da alianza.

A2b2 #3 30/Novembro/2007 A2b2

ji ji ji ji....

carlosroca #4 30/Novembro/2007 carlosroca

Xa se sabe que é o BNG o que ten que facelo todo: defender os intereses de Galiza, ser responsábel e serio no goberno, non facer partidismo, comportarse con sentido de País,... PP-PSOE poden facer e desfacer o que queiran que dá o mesmo.

piorno #5 30/Novembro/2007 piorno

Nom terám «celos». Terám ciúmes. Ou é que nom som galegos?

baltar69 #6 30/Novembro/2007 baltar69

é parvo touriño? pensa que o son eu? somos todos parvos realmente ou pensa o presidente que o somos? ou todo se debe a esa manifesta dificultade que ten para verbalizar, para canalizar o que o seu grupo neuronal envía a esa língoa indómita que lle enche tanto a boca e que temo, un día, acabará por afogalo?

Gaviotero #7 1/Decembro/2007 Gaviotero

Ahora llaman "sacrificio" a la bajada de pantalones del patán antigallego de Paco Rodríguez.

Papuxo #8 2/Decembro/2007 Papuxo

patán antigallego

Atordado me sinto ante tal demostración de dominio léxico no campo dos insultos, Gaviotero. Pero quizais preferiría un pouco de... non sei... intelixencia na túa mensaxe. Queremos saber se detrás dese alias hai algo máis que unha persoa con moito tempo libre. ;)

Gaviotero #9 2/Decembro/2007 Gaviotero

No es que tenga mucho tiempo libre. Es que yo no soy tan lento pensando como vosotros...Pero sí, me reafirmo en lo dicho, el que mantiene a una ministra calificada por él mismo como "nefasta para los intereses de Galicia" no puede ser calificado de otra manera.

Aunque si tales contradicciones por parte de Paquito Rodríguez fueran cosa de la edad, estaría dispuesto a retirar mi descripción del diputado.

teixugo #10 3/Decembro/2007 teixugo

NINHADA DE RATOS!!!!!!!!!!!


OPOSIÇÃO!!!

Da-me a mim o corpo que Feijooy,
Vai ser tão presidente como Rajooy!!!!!!

Tino #11 3/Decembro/2007 Tino

Mais ainda.
A q kedou totalmente desacreditada e reprovada foi a ministra Helena Salgado: aforvoada opositora dos trespasos, ficou totalmente en evidéncia. Deveria demetir-se

Gaviotero #12 3/Decembro/2007 Gaviotero

Sacrificio es tener que aguantar a los nacionalsocialistas en el poder, en amor y compañía. Lo único bueno es que el PSOE se va a llevar el voto nacionalista dejando al BNG en nada en las próximas elecciones. Todo sea bueno con tal de que desaparezcan ideologías totalitarias y rancias como lo son las nacionalistas.

diego83 #13 3/Decembro/2007 diego83

o unico rancio que hai é a cona da tua nai

trapalleiro #14 3/Decembro/2007 trapalleiro

cando cargas contra os nacionalistas inclúes os nacionalistas españois, non si?

porque as vosas teses de cidadans do mundo non parece que vaian co voso fanatismo absurdo e irreal de unidade espanhola.

diego83 #15 3/Decembro/2007 diego83

Larus ridibundus
En invierno, esta pequeña gaviota es casi gris y blanca, pero cuando luce su plumaje de apareamiento, muestra la cabeza de color oscuro. Las gaviotas reidoras reciben este nombre porque emiten sonidos estridentes y parece que se estuvieran riendo. A veces se alimentan en la costa, pero también se sienten a gusto en el interior. A menudo, siguen el paso de los arados para recoger gusanos y otros pequeños animales. Pasan la noche en lagos y presas, y anidan en suelos pantanosos. Miden hasta 36 cm de largo. Crían en Europa, Norte de Asia; inverna en todo Europa, norte de África, Asia, costa atlántica de Norteamérica.

Papuxo #16 3/Decembro/2007 Papuxo

Probe Gaviotero!

Vive nun senvivir dende o 2005. Centos, que digo centos, milleiros de fustigadas latiguís recibiu o pobre Gaviotero dende as últimas eleccións galegas. Os malvados "nazis", bigotiño baixo os beizos e monóculo nun ollo, o insultan e apedrean cando camiña pola rúa mentres lle coartan a liberdade día si, día tamén. De todos é sabido a grave e implacable censura que sofre o pobre Gaviotero nos seus comentarios en Vieiros, xornal roxonacionalsocialcomunista, sendo ésta bandeira da represión totalitaria do sistema imposto (que non elixido democráticamente) dende o ano 2005.

Ánimo Gaviotero! Voltaire é un anano ao teu lado! E Rappel, polo que vexo, pois aventúrase a profetizar os resultados das vindeiras eleccións. Grande é a maxestuosidade e o poder de Gaviotero!

Pero, pobre, di que non é tan lento pensando coma nós. E en tres mensaxes ainda non dixo porque sería mellor a situación contraria, co BNG apoiando a reprobación. Os camiños de Gaviotero son inescrutables. Só el coñece a verdade... Quizais na súa cuarta mensaxe, ceda a compartila connosco, simples mortais...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: