Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil



DATOS INEM

Novembro déixanos 12.390 parados máis

10:45 - O paro medrou un 7,36% no pasado mes e o número de desempregados sitúase xa en 180.820 persoas.

CONSECUENCIAS DO TEMPORAL

O Courel: cando a neve pasa de atractivo turístico a pesadelo

2

20:00 01/12/2008 - A falta de servizos deixou a zona incomunicada tres días por mor dun cable de alta tensión no medio dunha estrada.

seleccións nacionais de fútbol

Xa poden reservar as súas entradas para os partidos das seleccións irmandiñas

18:30 01/12/2008 - O anuncio fíxose na presentación do Galiza-Chile, realizada este luns no estadio de Riazor, onde o combinado masculino xogará o vindeiro 27 de decembro.

Din que se usou con "fins terroristas"

O goberno indio culpa a Google Earth de servir de axuda nos atentados

12:00 - A policía di que os atacantes empregaron este programa, GPS e teléfonos móbiles para planificar o masacre. A última hora a India decide non emprender accións militares contra Paquistán.

Declaracións de Manuel Fraga

"Franco era severo, pero nunca foi un criminal, que eu saiba"

2

12:30 - O Che era "un criminal" e Franco "non". Así o expuxo despois da visita a un colexio aragonés, onde os rapaces lle entregaron traballos escolares sobre Constitución e democracia....

Ignoraron o dispositivo

Ninguén atendeu a alarma do GPS do asasino de Ponte Caldelas

09:00 - A pulseira activouse, pero o aviso non foi xestionado pola Unidade Central de Vixilancia Electrónica, segundo admiten desde a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias.

Freo á banca electrónica

Os e-bancos impoñen cláusulas abusivas para "lavar as mans" en casos de fraude

12:50 - Os buratos e incumprimentos na normativa actual contribúen á vulneración dos dereitos dos consumidores.

SECTOR DO LEITE

Os sindicatos agrarios ven "escuras intencións" no nacemento de "Gandeiros Unidos"

09:00 - Ordes acolleu a presentación desta nova organización que se marca o obxectivo de defender o sector e a suba do prezo do leite polos seus propios medios.

Campaña Roupa Limpa

"Fabricado por mulleres": cara e voz para "elas", que sosteñen o téxtil

09:00 - Un libro denuncia e á vez chamamento á acción dos consumidores fronte á precariedade das mulleres no sector téxtil.

MESA REDONDA

Beiras, Ferrín e Nogueira analizan o futuro da esquerda nacionalista

16

19:30 01/12/2008 - O debate, que terá lugar en Vigo o vindeiro 18 de decembro, está organizado polo Foro Galiza de Pensamento Crítico.

ACHADO ARQUEOLÓXICO

Descobren o alixo de marihuana máis antigo do mundo

12:00 - O produto, xa usado como psicoactivo, atopouse nunha tumba de 2.700 anos de antigüidade, ao noroeste da China.




Cantos na Maré 08

Sons da Diversidade - Aynur


Culturgal 08



Outros canais



Futuro das Comunicacións xornal pontevedra