François Houtart, referencia do altermundismo, criticou a ambigüidade coa que en política se tira de expresións coma "socialismo".
"O que hai que facer é avaliar as políticas que o partido leva a cabo", explicou François Houtart, sinalando que esas políticas e non o nome que se outorgue a si mesmo un partido, serán o que explique a verdadeira natureza desa formación.
De xeito expreso, o experto reprochoulle ao PSOE que despregue políticas "propias dun partido neoliberal" e non dunha forza política socialista. "Un socialismo caracterizado por defender os intereses capitalistas no exterior non é socialismo", subliñou. No mesmo acto, o brasileiro Frei Betto, referencia da teoloxía da liberación, falou do actual presidente do Brasil, Lula da Silva, e demostrou a súa decepción coa traxectoria política acumulada polo líder do Partido dos Traballandores asegurando que na súa opinión agora mesmo Lula "non ten nada de socialista". Así, Betto laiouse de que o mandatario non fose quen de "cambiar as vellas estruturas" do sistema socioeconómico brasileiro.
Coas intervencións de Houtart e Betto remata o ciclo de conferencias Pobre Mundo Rico, organizado polo Club Internacional de Prensa, CIP, que durante as últimas semanas levou por todo o país as voces de importantes expertos na loita contra as desigualdades sociais. A directora do CIP, Carmen Carballo, avaliou positivamente o desenvolvemento das conferencias e considerou que se cumprira o obxectivo de concienciar a sociedade sobre a necesidade de actuar fronte á pobreza.
soio había que escoitar os contertulios que tiña, por teléfono e in situ, tino santiago onte vintenove na crónica falando de venezuela. o de anxo guerreiro ( geluco, como lle dín por ahí algúns íntimos ) xa é impagable; non é de estranar a deriva na que anda esquerda unida si algunha vez contou con el como candidato á presidencia da xunta. santocristo!!!
no día de onte soio xerardo conde roa me chegou tan adentro e por outras razóns ben menos graves. a culminación do esperpento foi cando se asegurou, de forma torticeira, que o partido comunista de venezuela ( pcv ) pedira o voto negativo para a consulta da nova constitición, cando calquera mínimamente informado sabe que a comenzos de esta semana ese partido ratificou o seu sí con quince razóns que, baixo o epígrafe " Por la Patria y el Pueblo, Liberación Nacional y Socialismo" foron profusamente difundidas polos medios e estiveron ben o alcance de quen quixo leelas ( efectivamente, o grupo do finado polanco non as publicou, pero eso non é que non existan ).
toda esta tropa opinante e excasamente rigurosa que bala, arrogante, dende as suas poltronas radiofónicas, pode dividirse para o común mínimamente informado en dous grandes grupos: os parvos, que non saben as cousas e que son peleles do poder o non poder establecer unha posición clara ante o discorrer da historia e os fillos de hum, cómo decilo? de caín ( ós que por certo tamén pertenece o líder popular mentado de pasada anteriormente ), que sí saben de que vai a cousa pero que manobran para furtarlle esas melloras posibles os pobos.
eu antes creía que había moitos dos primeiros, pero ahora estou convencido que case todos están, con ese aspirante a alcaldía capitolina, no segundo grupo. e poño caín por que é o quero por, que calqueira das que algún podía pensar teñen máis dignidade que as mais de todos estes malnacidos.