Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ADIANTO DO INFORME PISA 2006

O nivel de ensino de Ciencias está por riba da media europea

Porén, o Estado Español ocupa os postos máis baixos da OCDE, aínda que por diante de Portugal.

Redacción - 16:35 30/11/2007

O adianto do informe PISA, programa para a avaliación internacional do estudantado da OCDE, correspondente ao ano 2006, amosa que o nivel educativo de Galiza é relativamente bo dentro do Estado, no sexto posto. Porén, España está moi por debaixo da media dos estados analizados.

O informe deste ano non se fará público até o 4 de decembro, pero xa se coñecen, como adianto, os datos referentes á escala de Ciencias. Dentro do Estado Español, o mellor nivel osténtano Castela e León e A Rioxa, con 520 puntos. Galiza é sexta, con 505, ao nivel de países como Suíza, Bélxica ou Irlanda e por diante de Suecia e da media da OCDE.

Porén, a media estatal é substancialmente inferior, con 488 puntos, o que indica que os estudantes españois de 15 anos de idade están na metade baixa da táboa, ao mesmo nivel ca Eslovaquia e Lituania. O líder é, un ano máis, Finlandia, que se consolida como o estado co mellor nivel educativo da OCDE, con 563 puntos en Ciencias, a 11 puntos de Hong Kong e a 29 do seguinte da OCDE, Canadá.

O país veciño, Portugal, está nunha situación aínda inferior da do Estado Español, con 474 puntos. Os peores datos da OCDE son para México, con 410, mentres que o derradeiro estado dos analizados e Quirguicistán pecha a táboa dos países analizados, con 322 puntos.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: