Critican que se volva á normalidade nas tarefas sen que se produza unha investigación en profundidade logo da morte dun obreiro.
Xosé Ramón Fernández Maza, veciño de Oleiros, é o cuarto traballador que morre nas obras do porto exterior da Coruña. Poucas horas despois de recibir sepultura, Inspección de Traballo daba luz verde para que se comezaran de novo as obras, que estaban paralizadas logo de que unha inspección detectara graves fallos na prevención de riscos. A decisión foi duramente criticada polos sindicatos, especialmente pola CIG. Os representantes dos traballadores consideran que a paralización temporal foi un xesto cara a galería e que os problemas persisten.
Traballadores das empresas subcontratadas nas obras de Punta Langosteira sinalan que reciben presións para non denunciar os riscos aos que están expostos. Dende a central nacionalista aseguráronlle que o problema principal é que “aquí o único que prevalece é o ritmo da obra”. Neste sentido, os propios informes da Inspección de Traballo revelaban xornadas diarias de traballo de dez horas e media. Mais fontes sindicais lembran que hai casos de operarios que tamén teñen xornada os sábados, o que fai que algún chegue a xornadas laborais de 60 horas.
Paulo Carril, dirixente da CIG na bisbarra da Coruña, sinaloulle a Vieiros que é especialmente grave que as obras do porto exterior xa teñan custado catro vidas. Para Carril, o que ocorre na Coruña é extrapolábel ao que está a acontecer en moitas obras públicas, como o caso do Tren de Alta Velociade.
Non se pode ir a modo.Queren escomenzar rapido coa construccion de pisos de luxo no porto da Coruna.
si temos en conta que aínda así quedan libres 108 horas máis na semana e que a meirande parte dos traballadores non gozan da nómina dos compañeiros fidalgo, cándido méndez, pilar bardém, antonio gutiérrez e maría jesús paredes pero si comparten moitas das súas necesidades é normal que se traballe eso e máis. eu traballo máis horas aínda, para cando a medalla ó mérito?
Son operarios, ou son operados? Eu creo que mal operados porque perderon o sentido do tempo.
Mérito? Ningún. Deberían ir ao cárcere. Tanto os que traballan como os que lles fan traballar.
Traballar demasiado é malo para a saúde. Díxomo o médico forense e un funcionario que a rasca todo o día.
Estes sindicalistas non sei, deben vivir noutro mundo, queres que os relate as empresas nas que os obreiros traballan 12 h. diarias, case que non, acabaría antes por mencionar nas que traballan as horas de convenio: ningunha.
Independencia. Cambia de discurso, as obras teñen que rematar no prazo, para poder recibir as subvencións da UE. Aparte de iso a cidade temén lle interesa rematar pronto as obras, para sacar do centro da cidade, productos toxicos e contaminante como o carbón ou o petróleo. Que as obras rematen canto antes non ten que ir aparellado coa rebaixa nas medidas de seguridade. Pero a responsabilidade hai que pedirlla a quen a ten, e a teñen os traballadores por non cumplila nin esixir o seu cumplimento, os sindicatos quenes deberían denunciar por escrito non en roldas de prensa cando sucede algo os incumprimentos que din que se realizan, o comité de seguridade (formado por todas as empresas que traballan no porto) por non adoptar as medidas axeitadas, a Autoridade Portuaria por non esixir responsabilidade as empresas, e a Inspección de Traballo por non facer o seu traballo. Porque repito a seguridade non só e responsabilidade das Empresas.
A seguridade é responsabilidade directa e inmediata das empresas. Aqueles empresarios que simplemente por cobiza que non teñen en conta a peligrosidade dos traballos e envían ós traballadores á unha posible morte, non son empresarios senón homicidas. Unha inspección de traballo que as consinte tamén son complices necesarios. A placa de inauguración coa data e os nomes da ministra e do presidente da Xunta, levará ó carón ós nomes dos traballadores mortos? Por outra banda, o porto exterior en Lagosteira, que está a un tiro de pedra da exterior de Ferrol, é un disparate igual o u maior ó da Cidade da Cultura.
Seguro que entre ellos no hay ningún liberado sindical de los que suelen dedicarse a tocarse los huevos varios días a la semana en "tareas sindicales" (irse de puentes, hacer la compra, llevar a los niños al colegio, etc.)
Lamentable todo o relacionado con esta obra. A súa xestación(Vázquez-Aznar), a súa viabilidade, os afectados,e agora os mortos que a mesma está a causar...
Non hai forma de que os sindicatos ademáis de denunciar a prensa denuncien en tempo e forma ante as instancias xudiciais os feitos denunciables?
Charino, os portos de A Coruña, e Ferrol sempre existiron e non hai ningún problema e ningún deles e deficitario nin sobra. E máis o porto exterior de Ferrol estaba previsto adicarse a carbón e gas, e o da Coruña ao petróleo e tráfico de colectores, ademáis de outras funcións, polo que non se faran a competencia. Non mistures un porto cunha cidade da cultura porque non son comparables as duas cousas.