É a comunidade autónoma máis beneficiada polas axudas, que se destinarán a completar a cobertura da banda larga e da TDT.
O goberno estatal repartiu este venres entre as diferentes comunidades autónomas préstamos a xuro cero para a extensión de infraestruturas de telecomunicacións no ano 2008. Galiza, que estivo representada pola directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela, foi a máis beneficiada, con 77 millóns de axuda, o 19% do total.
Por outra banda, Veiguela negociou novos préstamos para a difusión da sociedade da información entre a cidadanía (20,7 millóns de euros) e as empresas (22,9 millóns de euros), máis outros 6,9 millóns de euros que o Estado destinará a desenvolver o plans Avanza e PEBA (de banda larga ás zonas rurais e illadas) no país.
A Consellaría de Innovación e Industria destinará unha parte do orzamento a completar a extensión da banda larga nas zonas onde a infraestrutura aínda non o permite, e outra para finalizar a cobertura da televisión dixital terrestre (TDT) no país. O departamento está a ultimar a redacción do Mapa de Infraestruturas de Telecomunicación para priorizar as actuacións nas zonas carenciais do territorio.
A Xunta dispón dun prazo de devolución do préstamo de 15 anos, e non ten que comezar a pagar até dentro de tres anos.
A ver se chega o internet á leira da miña avoa e pode vender as patacas polo Ebay.
"E-bay clickando no sacho e collendo as patacas da leira e meténdoas no saco"
A ver se a banda larga é banda larga e não a merda que há agora no rural, pior ainda que o modem dos 80.
Mirade,
No rural hay cousas máis importantes ca merda esa da banda ancha...
Arranxar as pistas, (Están pior cas de Angola), escolas, bibliotecas, residencias para os vellos (Os novos agora non queren saber diles) e + e+
As patacas agora non se venden no rural...as poucas que hay cómense.
Antes vendíanse os xamóns, agora xa non hay quen cebe porcos.
Ñó!
Esto é unha trapallada.
Que Gaviotero?
Non che gusta que os do Bloque consigan pasta gansa pra Galicia, pois vai acostumando!
Vós os de PP xa non ides volver pisar moqueta, nin ter Audi A8 nin secretaria, como tiñas ti.
Discutiría contigo, pero só eres un liberal-conservador resentido.
Das pena.
Ata nunca
A mí me encantaría que los del BNG consiguieran "pasta gansa" para Galicia...El problema es que no la consiguen para Galicia, sino para ellos y sus amiguetes.
Siempre mejor ser liberal conservador resentido que naci totalitario y fascistoide como tú, ¿no crees? Tú no das pena. Das asco. Miserable.