Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A un ano de Beixín 2008

Chamada á presión sobre China para que as Olimpíadas abran portas aos dereitos humanos

Colectivos como Amnistía Internacional ou a Asociación Mundial de Prensa, piden non desaproveitar a oportunidade para impulsar o goberno chinés a renunciar ás prácticas represivas.

Redacción - 10:00 02/12/2007

A crecente atención que China xa esperta nas primeiras planas da información internacional verase incrementada no verán de 2008 cando o país acolla os Xogos Olímpicos de 2008. Cara á esa data, a propia administración chinesa ten prometido que atenderá algunhas das demandas que ao respecto dos dereitos humanos lle vén facendo a comunidade internacional.

De xeito concreto, desde Amnistía Internacional sinalan por exemplo que a reforma da pena de morte ou o aumento da liberdade coa que os xornalistas estranxeiros poden informar, son bos avances. Pero desde o mesmo colectivo, láianse tamén dos fondos problemas que en China aínda sofren as persoas comprometidas co activismo en defensa dos dereitos humanos e as cancelas que o xornalismo chinés sofre para informar en liberdade. Así, Amnistía Internacional quéixase de que a administración chinesa estaría renunciando a avanzar nos compromisos e utilizando a cita olímpica para "xustificar a represión en ben da suposta harmonía ou estabilidade social".

Por este motivo, Amnistía chama a insistir na denuncia dos abusos e advirten que o propio movemento olímpico, incluídas o Comité Olímpico Internacional e as empresas patrocinadoras, verán a súa imaxe afectada de xeito negativo se non fan presión en favor dos dereitos humanos en China.

De xeito semellante, desde a Asociación Mundial de Prensa, WAN, consideran inaceptábel que no momento actual cando menos trinta xornalistas e medio cento de ciberdisidentes están en cárceres do país arrestados polo exercicio da liberdade de expresión. Por isto, a WAN solicita especialmente que alén dos gobernos, todas as empresas que "están e van facer negocio en China" aproveiten a cita olímpica para falar en favor da necesidade do respecto aos dereitos humanos.


5/5 (1 votos)


Comentarios (5)

trapalleiro #1 2/Decembro/2007 trapalleiro

Moi ben, pero que se faga tamén cando EEUU celebre algo, non sei se fixeron algo parecido en Atlanta ou no Mundial, pero parece que eles no se pasan polo cu os dereitos humanos.. o peche de Guantánamo e o abandono das suas prácticas imperialistas e belicistas é urxente e necesario.

tunhito #2 2/Decembro/2007 tunhito

Mi ma pero trapalleiro ti non estas ben da cachola, EEUU foron a primeira democracia moderna, ainda que sexan algo intervencionistas non son a maior ditadura do planeta como e a República Popular de China, onde se persegue os disidentes políticos, homosexuais e incluso a confesións relixiosas. Eu non penso ver nin unha soa proba deportiva deses xogos, non vou lexitimar ese mostrou chino cochino.

trapalleiro #3 2/Decembro/2007 trapalleiro

Algo intervencionistas? manda carallo, ti si que non andas ben, levan toda a vida esquilmando medio mundo.

eu estou dacordo con porlle as pilas os chineses, e protestar de cara as inxustizas que ocorren dese lado do mundo, pero os eeuu non poden ir presumindo de respeto os dereitos humanos, por moi iniciados en propaganda de liberdade que sexan, coma moitos outros, senon que fixeron e desfixeron o seu modo.. e se criticamos as empresas patrocinadoras e implicadas en tal evento deportivo deberiamos empregar a mesma regra de medir para outros.

Espasende #4 2/Decembro/2007 Espasende

A custión bonita do tema é que cando o Rei de España, o príncipe de España e a vicepresidenta de España van elí non falan de direitos humanos, das represiós que se exerce nin das mortes por decreto. Manda carallo! e logo céntranse en atacar a Venezuela. Pois vaia, que o que interesan son que os chineses nos fagan roupa, balós e maquinaria barata, que o resto, tanto lles ten. A min, que alguén me explique por que carallo se manteñen relaciós con China que ninguén discute e todo dios pon a parir as relaciós, mínimas, con Cuba.

trapalleiro #5 2/Decembro/2007 trapalleiro

totalmente dacordo con espasende

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: