A plataforma que convocou a mobilización reclamou o traspaso das competencias de infraestruturas e fiscais á Generalitat.
Dúas imaxes da manifestación / Foto: Vilaweb.cat
O centro de Barcelona colapsouse este sábado con 700.000 persoas segundo a organización e 200.000 segundo a Policía. En todo o caso, foi a manifestación máis multitudinaria dos últimos anos. O chamamento da plataforma Pel Dret de Decidir contra o caos ferroviario superou todas as previsións.
Ademais de centos de personalidades dos ámbitos social e cultural, entre eles dous ex-presidentes da Generalitat, Jordi Pujol e Pasqual Maragall, atopábanse membros das duascentas entidades adheridas e militantes dos partidos políticos que a apoiaban, CIU, ERC, ICV e CUP.
Segundo informa Vilaweb, o manifesto da plataforma, lido por Mònica Sabata, tívose que repetir até cinco veces. Reclamou “o dereito de decidir o modelo de país que queremos construír e as condicións para exercelo”. Propuxo catro puntos para resolver o caos ferroviario vivido na área de Barcelona e para que os servizos públicos estean ben xestionados: o traspaso da rede de transportes á Generalitat, que se prioricen as obras do transporte público, que se publiquen as balanzas fiscais e que a Generalitat recade todos os impostos que pagan os cataláns.
A primeira lectura do manifesto pechouse cun “Visca els Països Catalans”. Na manifestación houbo tamén presenza valenciana e balear, cos partidos Bloc Nacionalista Valencià, Iniciativa del Poble Valencià e Bloc Per Mallorca. O actor Toni Albà leu un manifesto para reclamar o dereito a continuar vendo TV3 no País Valenciano.
Y según El País 120.000. Allí no había ni 80.000...y luego dicen de las manifestaciones del PP. Cuántas copas llevarían encima los organizadores para contar 8 ó 9 manifestantes por cada uno que había...