"Derrotounos a abstención", analizou o presidente Hugo Chávez, logo de coñecerse o primeiro boletín oficial do Consello Electoral, onde se avanzaba que o "non" á reforma foi maioritario.
A presidenta do Consello Nacional Electoral, Tibisay Lucena, anunciou durante a noite do domingo para o luns que o "Non" resultou maioritario sobre o "Si" na votación sobre a reforma constitucional arredor da que os venezolanos eran consultados.
A reforma, que se votaba en dous bloques diferentes, foi votada negativamente polo 50,7% nos 33 artigos propostos directamente polo presidente, Hugo Chávez. Un total de 4.504.354 votos en contra fronte a 4.379.392 a favor. Por outra parte, no bloque de 36 artigos adicionais propostos a través do Parlamento, o "Non" tamén saíu gañador con 4.522.332 votos, o 51,05%, fronte a 4.335.136 sufraxios. A abstención chegou ao 44,4%.
Estes datos saen do primeiro boletín oficial, cunha pequena parte dos votos aínda por recontar, malia que segundo os responsábeis do Consello Electoral Nacional xa non mudará a tendencia. Tibisay Lucena felicitou a xornada "cívica e democrática" vivida polo país e chamou ao pobo e aos representantes políticos a asumiren os resultados con "tranquilidade" e "paz".
"Batalla longa", analiza o presidente
"Agora os venezolanos e venezolanas debemos confiar nas nosas institucións", declarou o presidente de Venezuela, Hugo Chávez, despois de que se publicasen os primeiros resultados do referendo. "Aos que votaron pola miña proposta e aos que votaron en contra, agradézolles e felicítolles porque comprobaron que este é o camiño", valorou Chávez. "E oxalá que esquezan para sempre os saltos ao baleiro e os camiños da violencia e a desestabilización", pediu o mandatario.
Por outro lado, Chávez dirixiuse máis directamente aos seus seguidores para solicitarlles que "non estean tristes" e de xeito concreto, cara á oposición, chamou aos seus adversarios a "saber administrar a súa vitoria". "Mírena ben, matematicamente, vostedes gañárona, pero esa vitoria pírrica eu non a tivese querido, non desa maneira", comentou. "Estamos feitos para unha batalla longa", avaliou Chávez, "por agora non puidemos, pero eu diante de vostedes cumpro co compromiso de respectar as nosas institucións", dixo o presidente venezolano.
Con todo o ventaxismo do goberno. Cun CNE arrodillado que prohibía unha actividade libre á oposición. Con 7 canles de cobertura nacional entre eles o usurpado RCTV e centos de radios. Con múltiples horas de cadeas presidenciais obrigatorias. Cun exército reprimindo á oposición e brindándolle toda a loxística a favor do goberno. Cun tribunal supremo de Xustiza que non tivo o valor de recoñecer o ilegal da proposta constitucional. Con medios de Comunicación estranxeiros, entre eles VIEIROS publicando enquisas a favor de Chávez para confundir e xerar matrices de opinión interesadas.
A FASISTOIDE REFORMA CONSTITUCIONAL FOI REXEITADA.
Seguro non faltase quen minimizase este triunfo da xustiza e dun pobo que durante 9 anos viu como a riqueza de Venezuela foi dedicada á corrupción e comprar conciencias. Intentando transformar a unha nación con problemas pero con dignidade nun pobo de esmoleiros, onde para conseguir un quilo de leite en po teñen que facer interminables colas.
Cando un medio como VIEIROS dá as costas ao que supostamente é a súa razón de ser como sinala “Que é Vieiros?” e non ve, nin recolle, nin defende as necesidades da comunidade galega en Venezuela. É hora de reflexionar.
Ao final vai ser verdade iso de que Venezuela é unha democracia...
A ver que pasa agora.
O plan de sabotaxe da CIA, incluído plan de "emerxencia" por se gañaba o SI:
http://www.aporrea.org/tiburon...
Os galegos que protestan en Venezuela pertenzen á clase dominante empresarial e terratenente. Os galegos que traballan nas empresas ou que posúen pequenos comercios non están dacordo coa propaganda que os españois fan do réxime de Chávez quen atura os problemas sociais que deixaron ducias de anos de goberno conservador. Dalí o interese de Aznar en recuperar o poder dos seus amiguetes.
Conquerir un litro de leite das org¿nizacións sociais é unha prática que tamén levamos adiante na Coruña mediante as entregas da Cruz Vermella¿U-lo o benestar da Europa para milleiros de residentes nestas costas? Mirade a realidade e medide coa mesma vara.
Enhorabuena a los venezolanos que han votado LIBERTAD frente al gorila rojo, perfecto exponente del socialismo populachero al que pretenden encaminarnos numerosas organizaciones trasnochadas de izquierdas en Galicia.
este domingo foi rexeitada en venezuela unha opción que podería marcar un punto de inflexión na mecánica sociopolítica do continente americano e que, por ende, suporía un referente importante para o resto do mundo nestes momentos de esgote do modelo ultraliberal: un estado democrático e occidental, logo de douscentos anos de traxectoria rexida polas élites criollas e entregada ó experimento capitalista, asumía unha serie de avances de caracter socialista nunha nova declaración de intencións que viña a cumplimentar e a avanzar algunhas consideracións da anterior carta do ano 1999.
a negativa por parte dun amplo sector da poboación a este axuste, constitúe un revés para a revolución bolivariana e tanto o resultado en número de votos negativos como as cifras absolutas de abstención, veñen a dibuxar unha sociedade na que a ideoloxía revolucionaria non está o suficientemente arraigada.
poden facerse outras moitas e coadvuvantes lecturas, basadas nas presións que moitas e distintas forzas antirrevolucionarias efectuaron para enfrentrse o sí, pero o que está claro é que, a día de hoxe, o estado sudamericano carece de rédito político e social suficiente para conformar a punta dun movemento libertador na zona e deberá replantearse a actitude e implementar na cidadanía, nun futuro próximo, unha maior conciencia do que realemnte está en xogo no taboleiro estratéxico mundial.
por outra banda, ignoro cales son esas " necesidades da comunidade galega en venezuela " segundo decía arriba outro comentarista. pero xa que vai de galeguidade, como galego, o meu sentir está ca causa bolivariana e son as necesidades xerais da revolución as que defendo. todos aqueles que, por unha razón ou outra, a teñan rexeitado ou teñan, nesta hora, elexido mirar para outro lado, por moi galegos que sexan e por moi lexítima que considere a súa opción, que non conten para nada conmigo para a defensa de esas " necesidades comunitarias ", xa que a única reflexión que se me ocurre ahora mesmo é decatarme de que seguen estando presentes, en número tamén moi elevado neste colectivo, aquelas persoaxes de pouca estatura os que facía referencia celso emilio fai xa unha boa morea de anos.
Haivos moitas cousas que non me cadran nisto.....
-Se din en todos os medios que é unha dictadura, como é que perde...
-As manifestacións do SI e NON eran moi curiosas: os do NON todos blanquiño europeo e roupa de marca, os do SI mulato e indio...
-O asunto do leite sae xustiño uns dias antes...resulta que as empresas deixan de producir e distribuir porque o goberno ponlles un prezo moi baixo e non lle sae rendíbel... e os urbanitas blanquiños de Caracás a facer colas (como en Cuba seica)
En fin, que a información que nos chega fede a propaganda...
Sexa o que sexa, carlos roca ten razón, hai un suposto rexime autoritario e manipulador que perde nas urnas.. ??
por lo visto hoy, los que pronosticaron desde la oposición que hoy podría haber una guerra civil,da que pensar que en caso de ganar el sí no lo aceptarían y se impondrían con la violencia, es decir los democratas de toda la vida solo aceptan los resultados cuando ganan
Gaviotero, yo de ti me lo hacía mirar. ¿Has probado ya a intentar tener vida sexuall?
en venezuela non existe ainda unha dictadura pero pouco lle falta, é unha democracia que perde pouco a pouco rasgos democráticos. Non se pode defender o peche de medios de comunicación opositores por exemplo. O intento de reforma constitucional para intentar perpetuarse no poder era un intento máis de disminuir o grado real de demcracia do pais e penso que é positivo que non saise adiante.
A introducción de políticas máis redistributivas non ten por qué implicar maior autoritarismo.
Parabéns ao pobo irmán venezolán e aos nosos compatriotas galegos residentes aló.
Seica era unha ditadura e perde un referendo...
Seica ía existir unha guerra civil se gañaba o si...
O fascista de Aznar pode seguir financiando golpes e falando mal de Venezuela por toda América
Os medios españois poden seguir defendendo o indefendíbel...
Para uns resulta que a colectividade galega? está na oposición, cando forma parte moita dos terratenentes e novos ricos (explotación quizais?). Por esas mesmas tiñamos que solidarizarnos con Franco porque era galego. Absurdo.
Na querida "democracia" española péchanse xornais e á xente que ten unha ideoloxía contraria ao sistema (nacionalistas, independentistas, anarquistas, etc.) coartáselles a liberdade de opinión todos os días e iso NON SE DENUNCIA.
Que puros somos "coutoven" e "diego83"...
A ver que é o que din agora os que sostiñan que Chávez era un dictador e que Venezuela era unha dictadura.
Nunha dictadura ningún referendo proposto polo goberno acaba derrotado. Hai xente que dicía que gañaría o SI porque a votación estaba manipulada. Pois nada diso.
Hai veces nas que un referendo que convoca unha dictadura perde, mais iso só sucede cando é un referendo forzado por fortes presións da oposición, cando o réxime se deteriora e cada vez máis forzas sociais e militares esixen unha consulta popular (caso de Pinochet en Chile), mais neste caso a oposición era a que non desexaba referendo, a diferencia do goberno de Chávez que si estaba interesado nese proxecto político. E aínda así, ao perder, recoñeceu a derrota. Unha derrota por pouco marxe, mais unha derrota.
Xa era absurdo dicir que Chávez era un dictador. Curiosa dictadura esa onde a oposición non para de falar, de movilizarse, de expresarse legalmente, de ter eleccións que sistematicamente ía perdendo, e incluso de recorrer a métodos ilegais.
En fin, ¿para que seguir? A dereita española, a dereita galega, e probablemente moitas máis dereitas fican co cu ao aire diante dos feitos evidentes. Incluso certas falsas esquerdas ou certa xente inxenua ou equivocada que non quería ver a evidencia e non era capaz de diferenciar unha dictadura de unha democracia.
O que non me estrañaría é que, de gañar o SI, se dixese que era unha fraude da "dictadura" chavista, porque hai xente sen escrúpulos, que descoñece a vergoña e que está disposta a todo tipo de inxurias e falsidades, así como actos violentos se o consideran necesario, como nos lembra na mensaxe 3 angarati.
Agora que gañou o NON, ¿que van dicir? Pois xa estamos vendo, e non o digo por este foro, que seguen nas mesmas. É dicir, para eles os argumentos son o de menos. Estaban predispostos contra Chávez e continúan contra el, e se non pode ser cos mesmos argumentos, cos contrarios. Non hai problema.
#12
E dálle ...
1. Non se pechou ningún medio de comunicación, NON SE LLE RENOVOU A LICENZA -que é ben diferente- a unha canle progolpista.
2. Coa reforma ninguén se ía perpetuar no poder, a non ser que o decidise o pobo nas urnas. O MISMIÑO QUE NO ESTADO ESPAÑOL OU EN GALIZA. Cantos anos botou o Felipe no poder? Cantos botou Fraga?.
O que hai é moita hipocrisía alá, e moito diso e tamén de ignorancia aquí. E así vai o mundo, cheo de inocentes a morrer de fame por culpa de fascistas e seguidistas que O ÚNICO POLO QUE MATARÍAN SERÍA POR QUE NON LLES MOVESEN OS "LINDES" DAS SÚAS "FINCAS".
Para quen o queira entender ... para os que non, que vaian ler 'El País' e 'La Voz de Su Amo'.
Non so non se pechou a emisora de TV senon que ademais segue emitindo por cabo, para o 30% da poboación que ten acceso....
Por certo, e que me dicides do sistema de votación e a rapidez de escritinio, xa nos gustaría.....
E que os emigrantes voten en urna no consulado, iso non é unha lección para o noso "exemplar" sistema democrático....
En fin.... non hai por onde collelo.
A min encántame que o pallaso este perdese. Quen carallo se cree para dicirme a quen teño que votar eu? Se non lle voto á dereita será porque non quero non porque o pailán ameace con romper relacións ou botar a Repsol ou ó BBVA de Venezuela se gaña Raxoi.
Diego di: "en venezuela non existe ainda unha dictadura pero pouco lle falta, é unha democracia que perde pouco a pouco rasgos democráticos. Non se pode defender o peche de medios de comunicación opositores por exemplo"
Ben, aquí péchanse medios como Egunkaria ou Egin... e ninguén di ren.
eu tamén o digo no caso de que egin, egunkaria, egunero ou seña o medio que fora. tan só digo que a democracia venezolana do 1 ao 10 está nun 1 raspado. por outra parte españa tería problemas para chegar ó 5: véxase: manipulación e politización do constitucional, prohibición de referendos nos distittos territorios, listas pechadas de partidos...
Ben, entón estamos de acordo: eu tamén penso que España non aproba en democracia.
En Venezuela, EL GOBIERNO cierra medios de comunicación por criticar al Gobierno. En España LA JUSTICIA ha decretado el cierre de algunos medios de comunicación por ser integrantes de una banda terrorista.
Comprendo que algunos de vosotros no véais qué delito hay en formar parte de una banda terrorista, pero afortunadamente en los países civilizados cualquier empresa que de soporte a un grupo terrorista verá suspendida su actividad en cuanto haya pruebas que lo avalen, como es el caso de los panfletos Egin y Egunkaria.
Y me alegra profundamente que muchos de vosotros, totalitarios fascistoides, le deis un suspenso a España en democracia, al tiempo que elogiais e incluso valoráis mejor el régimen bananero de Chávez.
Es la señal adecuada de que debéis seguir siendo gente marginal como hasta ahora.
Non é unha "dictadura, é unha "Dictabranda." Que conste que eu son o primeiro sorprendido, pero "chapeau" para Chávez.
Así que non hai que quitarlle a pel ao oso antes de cazalo.
Aí temos a Daniel Ortega, do que moitos dirán que é un ditador, pero perdeu unhas eleccións xerais e non deu un golpe de estado por iso, e máis tarde gañounas.
O que tampouco se pode facer, é gañar as eleccións xerais e deixar que goberne a oposición, como queren Rajoy, Acebes e Zaplana.
Alimentación [editar]
Las gaviotas tienen un amplia dieta. Esta capacidad les permite vivir en las ciudades costeras pasando de vivir en los puertos y cerca de las fábricas de conservas a los vertederos. Puede alimentarse de animales marinos, vegetales, insectos, pájaros pequeños, huevos de pájaro, ratas,etc.
Y me alegra profundamente que muchos de vosotros, totalitarios fascistoides, le deis un suspenso a España en democracia, al tiempo que elogiais e incluso valoráis mejor el régimen bananero de Chávez.
VAiamos por partes:
1. os únics totalitarios fascstoides que hai en españa son o pp e os seus amigos FE/JONS, Democracia nacional, fuerza nueva de Blas Piñar e tantos outros demócratas liberais(onde ti te inclues). como se pode ver nas manifas que frecuentan
2. españa ten un suspenso en democracia, especialmente tivoo nos anos de Aznar, exemplo delo son as institucións totalmente politizadas TC, CGPJ etc.
3. o réxime de chavez e bananeiro, pero de momento o pobo podería botalo nas urnas
para panfleto xa está o diario fascistoide, falanxista, anticatalán/galego/vasco que non ncomulgue con esa gran roda de muiño que é a "sagrada unidad de españa"
falaba do diario el mundo mais outros diarios de la capital, que pasan por ser os mais reaccionarios de europa
Concordo do primeiro ao último cos comentarios de diego83. Eu tinha esperanzas en Chávez como alternativa seria en Sudamérica (que sexa un demagogo impórtame pouco) pero cada paso que dá cheira máis cara o autoritarismo. Iso de que non é o mesmo pechar unha cadea que non renovar unha licenza paréceme collido polos pelos e iso de que o que quere é ter o mesmo sistema que agora está en vigor en Galiza non é certo. Os poderes da Xefatura de Estado que qure asumir Chávez non son os mesmos que os que hai aquí, o seu mandato é de 7 anos (aquí son 4)e que o apoien as capas máis pobres da poboación non lle dá ningunha vantaxe con respecto aos candidatos apoiados polas clases altas. Unha persoa un voto, iso é democracia. Ademáis, lembrade que el chegou ao poder e promulgou a constitución que está agora en vigor. Un dos seus obxectivos era acabar coa corrupción do sistema político. E agora quere cambiar a súa propia constitución para seguir cambiando o sistema político? A min non me gusta, se verdadeiramente ten un proxecto político que deixe paso aos seus compañeiros de proxecto político cando se lle remate o mandato
Gaviotero dijo: "En Venezuela, EL GOBIERNO cierra medios de comunicación por criticar al Gobierno. En España LA JUSTICIA ha decretado el cierre de algunos medios de comunicación por ser integrantes de una banda terrorista."
---Resúltame difícil de ver como un xornal pode ser terrorista. Seica se o le alguén non abertzale lle estoupa entre as mans.
Gaviotero dijo: "Comprendo que algunos de vosotros no véais qué delito hay en formar parte de una banda terrorista, pero afortunadamente en los países civilizados cualquier empresa que de soporte a un grupo terrorista verá suspendida su actividad en cuanto haya pruebas que lo avalen, como es el caso de los panfletos Egin y Egunkaria."
---Supoño que ti os liches algunha vez, non? AH! Esquecía que os españois sólo falades castelán (ou castrapo). Por certo, supoño que saberás que en calquera país civilizado (como Francia ou o R.U.) Batasuna ou o Sinn Féin son legais, e ademáis publican os seus xornais con toda tranquilidade. Hai vida logo de España.
Por agora triunfa a democracia en Venezuela. E en España hai algún que ladra bastante máis que Chávez, pero claro, está na oposición.
Seguen moitos a falar como se de moito repetir unha mentira fora verdade (sistema Goebels), é non é: a imensa maioría dos medios, máis do 90% existentes en VZ son privados, polo que o máximo poder mediático debera estar detectado por este grupo, (no €$tado €$pañol a libertade de expresión dos Roura e CIA csostaron 7000 millóns ainda hai apenas días). Porqué se acyusa a Chavez de fechar medios (non renovación permiso emisión)?.
Outra cousa é que eses medios privados (telebasura maiormente) non teñan credibilidade na maioría social (salvo empresariado e "miamianos").
Séguese insultando Chavez con tintes razistas e xenófobos, o que delata a falta de argumentación e de razóns reais.
O discurso de Chavez recoñeceu imediatamente que é preferible maior tempo para a discusión das posicións bolivarianas e que de momento só se trata de un NON, pero POR AGORA.
A intervención extranxeira de imperialistas e lacaios foi descarada.
Foi o detraimento de uns 3 millóns de apoiantes desde a derradeira consulta, quenes foron decisorios no resultado, mais é de desexar que non sexan seguidores de Baduel.
BRUTAL ABSTENCIÓN DO 40%: de novo nos límites tradicionais de VZ, onde, ata Chavez, os máis pobres non votaban nin eran requeridos.
que non se confundan
O pobo venezuelano rexeitou o intento de Chavez de reformar a constitucion para garantir a propiedade privada, e rexeitou tamen, os intentos dos aliados e apoloxistas do golpe -chamados escualidos-. Quen gañou foron os 7 millons de venezuelanos que desconfian de Chavez e non queren voltar o pasado das mans dos estudantes.
Que non pensen que estos 7 millons de abstenciones deixaran que volva a oligarquía e a venda do país as multinacionais ianquis ou españolas: os 7 millons de abstencions queren máis do que Chavez pode darlles, máis independencia das potencias occidentais, máis democracia e máis socialismo; non esa parodia de socialismo que se chama "socialismo do seculo XXI" de Chavez.
Esta é a verdadeira leitura do acontecido en Venezuela, e o demáis, propaganda da pior especie da dereita.
Definitivamente o BOTELLON é malo e fai que os rapaces perdan horas de clase valiosas.
Eu podo entender que os amigos CARLOSROCA, XEONLLO, TRAPALLEIRO E RANCIADAS non asistisen á clase de historia latinoamericana e posiblemente por descoñecemento non saiban que Os GOLPISTAS SE PERDEN ELECCIÓNS EN LATINOAMÉRICA. Se compañeiros, Augusto Pinochet Ugalde, tan golpista, corrupto e criminal como Chávez no ano 1.988 convoco a un plebiscito. E para a vosa información PERDEU. Por suposto podo deducir que do mesmo xeito que descoñecían isto, tampouco sabian que Hugo Chávez deu un golpe de estado o 4 de febreiro de 1.992 (é posible que esa información pertencese á mesma clase á que non asistiron por divertirse un pouco).
O problema compañeiro é que mentres vostedes falan do que non teñen a menor información o que lles fala viu o sangue de venezolanos regadas polas rúas de Caracas no ano 1.992 e viu pola televisión como de forma criminal a artillería de Pinochet destruía o Palacio da Moeda do mesmo xeito que Chávez atacaba o “La Casona” e o palacio de Miraflores. A diferenza entre ambos os sucesos foi a conduta dos perdedores. Salvador Allende morreu coas botas ben postas e defendendo un socialismo xusto e libertario. Mentres Chávez covardemente escondíase no museo histórico militar para posteriormente renderse como mansa pomba.
Para o Señor Pedrel. Como se nota que vostede non vive en Venezuela. Cando di que os Galegos son a CLASE DOMINANTE mórrome da risa. Iso pódesllo dicir a Xurxo Martinez Crespo para que entreviste a algúns dos que non pertencen a ese élitesco grupo. Para que se informe vostede e a ese “xornalista” nin Naomi Campbell nin Sean Penn. son galegos.
Claro que hai Galegos ricos en Venezuela, gran parte deles detentan esa condición por que TRABALLARON nun país nobre e rico cuxa maior desgraza é ter políticos corruptos dos cales Chávez é a súa máxima expresión. Pero se a súa preocupación é pola dos galegos menos favorecidos tanto vostede como Xurxo Martinez C. podes atopalos facendo colas nas oficinas do seguro social (I.V.S.S) para cobrar unha miserable pensión ou padecendo nun hospital onde non hai medicamentos ou facendo unha cola interminable en MERCAL para conseguir leite, azucre ou un polo importado do Brasil. E Deus libre a algún deles que aparezan na LISTA TASCON para que de paso insúltenos ou lles neguen ata a auga. Os máis novos (case todos netos) tratan de ver como se abren camiño noutras terras escapando da miseria e a inseguridade galopante que reina no país. E dos Galegos poderosos, a eses claro que lles deu cobertura Vieiros. Aí temos a Faruco Sesto (ministro de cultura de Chávez) e o visitante habitual do país José Ignacio Ramonet o medio deulles bastante cobertura.
E para o señor Carlos Roca que pensa que existe un apartheid en Venezuela. Esa é unha matriz de opinión que o mesmo Chávez provocou para dividir a un pobo onde a discriminación nunca existiu. Segundo vostede os branquinhos con roupa de marca son antichavistas e os pobres e explotados son os mulatos, pretos e indios. Que simplificación máis interesante e disociada da realidade. Mire Sr. Roca, Venezuela non é Bolivia nin Perú onde hai unha gran poboación indíxena facendo vida nas cidades. É triste ver como comunidades como os yanomami (fronteira entre Brasil e Venezuela) son desprazados e ata asasinados para que mineiros Brasileiros e Venezolanos e é destruído o ecosistema baixo a mirada tolerante da Garda Nacional. Os waraos (delta do Orinoco) co seu illamento e falta de atención gobernamental padecen de enfermidades como tuberculoses, malaria, etc. Os Wayúu (fronteira Colombo-Venezolana) tiveron que sumar á súa cultura ancestral prácticas comerciais entre Colombia e Venezuela que rememoran as historias do COTO MIXTO entre as fronteiras de Galiza e o norte de Portugal en época do franquismo, ou a contaminación que sofren coas minas de carbón do Guasare e sen deixar de contar o cultivo de drogas na serra de Perija de mans da subversión Colombiana. Os Indíxenas que vostede pode ver en Caracas, Maracaibo ou Valencia lamentablemente pódelos conseguir nas esquinas pedindo esmolas facendo de verdadeiros INDIXENtes. A poboación Venezolana é predominantemente mestiza e para a súa información Chávez non é o primeiro mestizo en acceder á presidencia en Venezuela, antes que o tivemos presidentes mestizos, orfos e ata fillos naturais ou do pecado da carne. E iso non ruborizou a ninguén. Os que teñen un serio problema de racismo e intolerancia son os españois. Podes pregúntallo aos Xitanos do Bao ou á moza latinoamericana golpeada no metro de Barcelona.
Sabe o que fixo Chávez cos 9 anos de bonanza petroleira? Destruír a economía do país, apoderarse de gran parte dos medios de comunicación, dividir a un país que sempre foi unido, insultar e perseguir á disidencia.
Eu quixese que alguén dos que defende a Chávez nestes foros dígame que é A LISTA TASCON, quen ordeno creala e para que se usa.
Con respecto ao leite dígolle señor Pedrel. En Venezuela a diferenza de España o leite que máis se consome é a presentación en po. A cal como debes saber é de uso primordialmente industrial. Venezuela que sempre foi deficitaria nese rubro sempre a importou, o que pasa é que a inmensa corrupción, invasión de leiras produtivas polo INTI botou polo piso a produción agropecuaria. Os Fundos Zamoranos que tanto cacarea o goberno son antros de corrupción e de ineficiencia.
E para o amigo XACATA recoméndolle que se lea a lei de telecomunicacións de Venezuela (ten poucos artigos) e darase conta que non só indica que a concesión dura 20 anos anos tamén sinala moi claramente os criterios para renovala. Que para a súa información non son discrecionales do presidente nin de CONATEL.
Saúdos a todos estes compañeiros
Ao compañeiro BALTAR69
Creo que as súas opinións son moi respectables e valiosas. Pero lle aclaro que ao dicir "necesidades dá comunidade galega en venezuela" non é pola noticia en particular. Rógolle que por favor lea primeiro “Que é Vieiros? o enlace esta abaixo e á esquerda. Vostede poderá darse conta que unha cousa é o que aí se sinala e outra é a que Vieiros desenvolve. De forma moi especial no apartado dedicado a Venezuela en GZ-EXTERIOR. Só sinálolle unha frase “Unha Galiza moderna, aberta a Portugal, feita dende ou exilio e a emigración para unha comunidade única de galegos non mundo” Vostede cre que Vieiros é consecuente co que sinala. Se pola contra dixese “Unha Galiza moderna, aberta ao Socialismo do século XXI e ao pensamento do noso comandante en Xefe Hugo Rafael Chavez Frias” Non teriamos problemas en comprender que é un instrumento de divulgación do pensamento Chavista na comunidade Galega.
O malo é dicir unha cousa e practicar outra. Iso chámase inconsistencia ideolóxica. Vostede Cre que algunha vez Vieiros fixo un estudo sobre as tendencias políticas y necesidades da poboación Galega en Venezuela?
Resístome a contestar a comparanza de Chavez con Pinocho. PASO!.
Hoxe atopei unha boa análise desde dentro, sinalando as eivas e os pontos fracos do chavismo e mesmo a inoperancia de moitos ministros, esto é, o "inimigo" interior gubernamental, capaz seica de explicar porqué incluso UN MILLÖN de inscritos no partido chavista NON VOTARON POLO "SI").
Suxiro que quenes queiran boten unha ollada ó artigo traducido de Roberto Sánchez López, que haberá seica que seguir mesmo na web de "aporrea.org" ó meu entender.
http://www.primeiralinha.org/
Quenes falan como se tiveran coñecimento directo, amosan ben ás claras o seu partidismo e a estreitez de miras. Dicir que no golpe Chavez disparou contra a xente en Miraflores é estar a ver polos ollos de Carmona mediante os prismáticos invertidos de Venevisión, CTV e toda a gorilada escuálida autárquica e contrarrevolucionaria.
Mira polos ollos dos amigos do pesoe e de ásnar, os Cisneros, Entanga, Ortega e CIA (así, con maúscula), mais non poden enganar ninguén a estas alturas: lembre que as tvs. emitían en directo e todo quedou desvelado ós ollos das xentes.
Quen non pode ver por ideoloxía é como estar cego, é pior, pois os cegos desenrolan outros sentidos e habilidades (supletorias para os demáis).
Gaviotero está de atar, como o seu pai espiritual Jimenez Losantos
http://gaviotero.blogspot.com/...
Mire ECOE, Eu non sei os demais. Pero quen lle fala é un fillo de galegos emigrantes, nacido no Hospital Universitario de Caracas. Fai 47 anos. Teño coñecemento directo do que é unha democracia en Venezuela xa que a diferenza de vostede que posiblemente gozo do un colega de Chávez como Franco e pretende darnos clases aos nados en Venezuela de como defender un réxime democrático e o que é un verdadeiro socialismo.
Cando Chávez deu o criminal, covarde e asasino golpe de estado do 4 de febreiro de 1.992 xa tiña 5 anos de exercicio profesional como médico. E pódoche asegurar que os esbirros de Chávez só disparábanlle ao aire. Si, ao aire dos plumons. E cando cheo de orificios de metralla as paredes da “casona y Miraflores” foi porque desexaba porlle un novo decorado a estas instalacións. Algo parecido a un queixo gruyere.
ECOE, para que che ilustres e non digas cousas imprecisas podes ingresar á páxina oficial de CONATEL (organismo oficial que regula as telecomunicacións e darasche de conta que estas moi mal informado) O goberno Venezolano conta con VTV, VIVE TV, TVES, ANTV e Telesur, que son 6 canles de difusión nacional e ao servizo de Chávez, non do pobo Venezolano xa que a oposición aínda sendo venezolanos tamén, non teñen acceso aos mesmos. Pola contra a rede privada nacional está formada por VENEVISIÓN, TELEVEN, xa que GLOVOVISION non ten cobertura nacional en sinal aberto. Entón, revisa a web de CONATEL e practica como sacar porcentaxes.
Cando dis BRUTAL abstención realmente dáme calafríos, a túa BRUTAL interpretación da abstención en Venezuela. E se estas tan interesado na BRUTALIDADE porque razón non examinas a paxina do CNE (Consello Nacional Electoral) e feixes o BRUTAL descubrimento da abstención que se presento nas últimas eleccións parlamentarias que deron orixe á asemblea nacional monocolor que temos na actualidade e que aprobou o bodrio de reforma inconstitucional que o pobo venezolano rexeito a pesar de loitar contra todo o ventaxismo do estado e a submisión rastreira do CNE e o resto dos poderes.
Déixache de tantos contos al falar da CIA. Parece a historia da Santa Compaña. Estas como os nenos da escola que cada vez que o aprazan nun exame din que o mestre tenlles mala vontade. Claro que a CIA existe e ten uns antecedentes ben escuros. E que me podes dicir da KGB e o G2 Cubano. Son irmas da caridade?.
E imaxínome que tamén me dirás que en Cuba hai un criminal bloqueo imperialista que os valentes turistas canadenses, italianos, españois e galegos valentemente atravesan e que logo desa temeraria acción son recibidos coas pernas abertas, perdón cos brazos abertos das jineteras cubanas.
Irmán, se che gusta tanto como é Chávez invítoche a Venezuela e se queres cómprasme a casa, o carro e vésche a vivir aquí e eu voume tranquilo á terra onde naceron os meus pais e mirar na distancia como un dos países máis nobres da terra é destruído por un militar criminal e covarde de peor calaña de Franco.
Hoxe apareceu un vídeo no Intermedio (da Sexta TV) dunha entrevista a Chávez en 1998. Unha persoa seria, con traxe e gravata, que definía a Cuba como unha Ditadura e que dicía que nunca ía a nacionalizar a Banca. Falaba tranquilo e pausado e ata parecía tímido.
Non era ningunha montaxe, pero a xente cambia. Aí temos a Jiménez Losantos, comunista na súa mocidade, ata visitou a China de Mao, e agora non é maoista é "Mao" de carallo.
diego83:
1. Totalitario tú y tu puñetera madre.
2. Democracia no significa que gobiernen los tuyos.
3. El régimen de Chávez es bananero y los propios observadores de la OSCE han indicado que el porcentaje de rechazo a la reforma constitucional podría haber sido mucho mayor del reconocido por el Gobierno (pasaron 4 horas desde el inicio del recuento hasta la publicación de los primeros resultados). Por cierto, te recuerdo que a Hitler también le votaron los alemanes...
4. Me encanta que odies El Mundo. Es una buena señal. Basta que gente como tú lo odie tanto para que siga leyéndolo.
Hay que ver lo rancios que resultáis, vosotros que vais de "modennos", apoyando el bananerismo del siglo pasado...Pero en fin, es lógico que los nacionalistas veáis ese componente totalitario de regímenes como el de Chávez como algo atractivo, pues al fin y al cabo el nacionalismo se basa en gran medida en el totalitarismo: la imposición de una visión única y uniforme del territorio.
Ghaviotero, te cuento como un periódico puede ser terrorista. Por ejemplo, utilizando sus recursos financieros para financiar la compra de armas o la realización de atentados terroristas, o utilizando el propio periódico para facilitar la ejecución de estos atentados, mediante la inserción de anuncios que permitan identificar la entrega de armas o los encuentros entre los terroristas...Podría darte más ejemplos, pero imagino que con estos dos, lo suficientemente ilustrativos, ya te irás haciendo una idea.
No desprecies a los que hablan castrapo o a los que han aprendido el gallego deprisa y corriendo, porque en el BNG o AMI son mayoría, empezando por sus dirigentes. Del País Vasco, donde el mismísimo "lehendakari" tuvo que aprender el vasco durante los 6 meses anteriores a su elección, a diferencia de otros como Iturgáiz que lo hablan perfectamente porque lo aprendieron ya de pequeños, mejor no hablar...
Y te recuerdo, finalmente, sobre la legalidad de Batasuna en Europa, una noticia de hace ya más de cuatro años:
"Durante una reunión de ministros del interior de la UE realizada en Luxemburgo, el bloque de 15 naciones añadió a Batasuna, un partido vasco separatista prohibido por el gobierno español por sus relaciones con el grupo terrorista español ETA, a su lista de organizaciones que tienen vínculos con terroristas."
http://spanish.peopledaily.com...
Así es como tratan los países civilizados a partidos como Batasuna.
Que vuestra furia antiespañola os haga poneos al lado de los terroristas es un problema que algunos os deberíais mirar...
ecoe, leyendo a gente como tú a uno le entran ganas de repetir la noticia de que el telón de acero cayó hace ya casi 20 años, y los regímenes socialistas y soviéticos son historia pasada...
ulo, muy bien por intentar difundir mensajes chavistas, pero este Chávez, tras su clamorosa derrota del plebiscito del pasado fin de semana, está amortizado y más que amortizado por el pueblo venezolano...
COUTOVEN, no le des más vueltas. Para los izquierdosos que por aquí pululan, no todos son dictadores ni terroristas. Lo son exclusivamente si son de derechas: Pinochet, Franco, etc. Pero si son de izquierdas, son "apañeros" revolusionarios...
Franco, Pinochet, Castro o el gorila rojo son la misma mierda.
BonKarallan, ¡gracias por hacer publicidad de mi magnífico blog!
Alimentación [editar]
Las gaviotas tienen un amplia dieta. Esta capacidad les permite vivir en las ciudades costeras pasando de vivir en los puertos y cerca de las fábricas de conservas a los vertederos. Puede alimentarse de animales marinos, vegetales, insectos, pájaros pequeños, huevos de pájaro, ratas,etc.
gaviota rebuznou:
"diego83:
1. Totalitario tú y tu puñetera madre.
2. Democracia no significa que gobiernen los tuyos."
1. A miña nai cando se cabrea realmente é algo puñetera pero a unha nai se lle perdona todo.
2. Totalitario é o réxime que mayor oreja añora e do que ti e catro nostálxicos miserables coma ti facedes apoloxía.
3. non eres máis que un pallaso sen ideas propias. ves sendo como unha cotorra que escoita a emisora, franquista/pseudoliberal/por suposto centrista, da cope e reproduce as suas emisións algo distorsionadas debido ó teu acusado retardo mental.
4. democracia non significa que gobernen os meus. Bueno algo aprendécheds nos últimos 30 anos, estas dando os primeiros pasos para intentar deixar de ser un fascista, continua por ese camiño pero trata de apurar un pouco o paso
Gaviotero dixo: "Ghaviotero, te cuento como un periódico puede ser terrorista. Por ejemplo, utilizando sus recursos financieros para financiar la compra de armas o la realización de atentados terroristas, o utilizando el propio periódico para facilitar la ejecución de estos atentados, mediante la inserción de anuncios que permitan identificar la entrega de armas o los encuentros entre los terroristas...Podría darte más ejemplos, pero imagino que con estos dos, lo suficientemente ilustrativos, ya te irás haciendo una idea."
----Supoño que ti lías ese xornal a miúdo... non? AH! Crees todo o que din os xuíces, non si? Ben, parabéns pola túa fe. Eu, canto menos, infórmome léndoos directamente... Seguro que nunca viviches en Euskadi, non si?
"No desprecies a los que hablan castrapo o a los que han aprendido el gallego deprisa y corriendo, porque en el BNG o AMI son mayoría, empezando por sus dirigentes. Del País Vasco, donde el mismísimo "lehendakari" tuvo que aprender el vasco durante los 6 meses anteriores a su elección, a diferencia de otros como Iturgáiz que lo hablan perfectamente porque lo aprendieron ya de pequeños, mejor no hablar..."
----Non desprezo os que falan castrapo. Desprezo ós que van de "sólo hablo castellano" cando o mesturan co galego, dando lugar ó castrapo. Por certo, é máis meritorio comezar a falar un idioma por convencemento persoal que por telo mamado desde neno. E se o lehendakari aprendeu éuscaro, pois parabéns para el (María San Gil nin o aprendeu nin pensa facelo). O que é vergoñento é que eses mesmos a quen as súas nais falábanlles en éuscaro agora colaboren co seu exterminio.
"Y te recuerdo, finalmente, sobre la legalidad de Batasuna en Europa, una noticia de hace ya más de cuatro años:
"Durante una reunión de ministros del interior de la UE realizada en Luxemburgo, el bloque de 15 naciones añadió a Batasuna, un partido vasco separatista prohibido por el gobierno español por sus relaciones con el grupo terrorista español ETA, a su lista de organizaciones que tienen vínculos con terroristas."
http://spanish.peopledaily.com....
Así es como tratan los países civilizados a partidos como Batasuna."
----Remítome simplemente a que Batasuna é legal na Francia. Podes poñer cantas ligazóns queiras. Pero é o que hai. Supoño que che custará aceptalo, máis a foderse, que porque España sexa facista non quere dicir que os demáis países o sexan.
Unha aperta, ITXUSIA!
eu estou a prol da liberdade de expressom e nas minhas intervençoes no Vieiros nom fum nem som o paradigma da cortesia, ora bem nom me tremeria o pulso a hora de banear um individuo que emprega sistematicamente expresoes como "Totalitario tú y tu puñetera madre".
Acho que isso excede os limites. Quando menos que apagem o comentario.
Déixao. Quen é Vieiros para censurar?
Ademais só ofende o que pode e non quen quere. E Gaviotero non pode.
Ao amigo BARCELOS. Sorpréndeme que che sorprendas dun modesto vídeo do comandante en Xefe Hugo Rafael Chávez Frías.
Se queres sorprenderche máis. Ingresa en You Tube e teclea o nome do presidente. Pasases días sorprendéndoche. Como dun día a outro cambia de opinión, pide perdón aos despedidos en PDVSA. Logo pide perdón cun crucifixo na man e fala de reconciliación. Noutras ameaza aos que voten contra o xa que son vasallos do imperio (a pesar de ser venezolanos). Logo demostra os seus dotes democráticos ao dicir que aínda que consigan todas as firmas el non renuncia e ordena que se recollan os nomes dos que se atrevan a asinar por el, para que pasen á historia. Dando orixe á INFAME LISTA TASCON coa que se persegue e segrega a persoas polo só feito de non compartir a súa ideoloxía política. Que tolerante verdade?.
Cando lle di a un xornalista que en Venezuela só requírese unha canle estadal VTV e na actualidade conta con 6 de difusión nacional.
Cando criticaba o malgasto dos avións de PDVSA e resulta que o primeiro que fai é comprar un faraónico avión.
Cando a lei de telecomunicacións prohíbelle aos demais canles mostrar nenos en actos políticos. Descaradamente utilízaos facendo que os mesmos reciten loas á súa persoa e á revolución ao mais propio estilo dos “PIONEIROS” O único que lle falta, é que salga un neno desgañotándose dicindo “Grazas por todo Fidel”.
O acusa de corrupto a todo o mundo sen mostrar nin unha proba e resulta que o estercol da corrupción chégalle ao pescozo.
O fala de “tolerancia política” pero resulta xeral Francisco Usón está detido fai anos por un delito de opinión.
O vive sinalando que o Paro Petroleiro é o responsable de todos os males do País. Pero resulta que nun vídeo gravado nun discurso na Asemblea Nacional confesa que el provoco ese paro. Entón Quen foi o responsable dos sufrimentos do pobo?
Tamén podes ver o vídeo do embaixador de Cuba Sánchez Otero recoñecendo a Carmona Estanga como presidente do país. Para que vexas que os embaixadores de España e USA non estaban sos, o que pasa é que foron máis discretos.
E para rematar, podes ver o vídeo do Xeneral Lucas Rincon onde sinala que Chávez renuncio e ninguén o desmentiu.
O problema para moitos políticos actuais. É que hoxe en día os medios de comunicación e de recolección de información están ao alcance de todos. E cando a un político corrupto e incapaz como Chávez se lle confronta coas súas propias palabras e feitos. Só quédalle dicir que son manipulacións imperialistas ou montaxes. O triste é que existan persoas que llo crean e ata se desgarren as roupas asumindo a defensa do indefendible.
#48 Concordo, pero ainda nom vejo por que se deve permitir a um fascista insultar as mais da gente. Que nos insulte a nos se quer (ja o faz), mas eu acho que esta a ultrapassar os limites com demasiada frequencia.