A nova emisora pública de TDT, estreada este domingo, pretende elaborar un informativo de ámbito nacional que emita para todo o país.
A programación de TV Brasil, a nova televisión dixital pública que entrou no aire este domingo, vai ser sometida a consultas e debates públicos para que, no marco de 2008, teña unha cara nova, baseada na opinión e na avaliación dos cidadáns.
A TV Brasil contará, segundo os seus dirixentes, con moita programación de produción independente e rexional, con temática informativa, programación infantil, documentais e deportes.
Mais o gran obxectivo é elaborar un telexornal de ámbito nacional, o Repórter Brasil, aínda que polo de agora a nova emisora non ten condicións técnicas para darlle cobertura a todos os estados, e só cobre Rio de Janeiro, Brasília e São Luís.
TV Brasil unifica a programación da TV Nacional e da TVE. Poden consultar máis información na web da canle.
No Brasil o que fai falta é, primeiro que nada, retirar a fame. Tamén reforma agraria (repartir latifundios entre os camponeses). E desde logo eliminar o traballo escravista.
Con esas eivas e outras tamén sinalables NON HAI DEMOCRACIA.
Concordo contigo que no Brasil possuimos problemas gravissimos como a fome, a violencia e claro precisamos lutar e muito para termos uma verdadeira reforma agrária.Mas esses problemas ja existem há muito e a luta para que desapareçam. mas tudo isso nao nao impede que possamos ter progressos em outras areas e que possamos crescer como país. somos uma naçao e merecemos ter desenvolvimentos tendo em conta que a populaçao tenha acesso a tudo isso,que seja um acesso de todos como brasileiros.